7 de decembro de 2024

7 de decembro

1493 - Cristovo Colón funda a primeira cidade occidental no novo mundo e bautízaa como Isabela, hoxe Santo Domingo de Guzmán.

6 de decembro de 2024

5 de decembro de 2024

5 de decembro de 2024

As festas do ano por onde quixeres, 
as Navidades, coas túas mulleres.
~ ~ ~ ~ ~
Este é o Día Internacional do Voluntariado para o Desenvolvemento Económico e Social foi decretado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1985. Desde entón, os gobernos, o sistema de Nacións Unidas e as organizacións civís uníronse de forma exitosa aos voluntarios de todo o mundo para celebrar este día o 5 de decembro.
~ ~ ~ ~ ~
1492: no mar Caribe, Cristóbal Colón arriba á illa Quisqueya (que el rebautizó La Española, onde actualmente atópase Haití e República Dominicana).
1872: A tripulación do Dei Gratia, un barco que navegaba desde New York até Gibraltar, avistou o bergantín Mary Celeste preto das Azores. O capitán mandou a algúns dos seus homes ao Mary Celeste, para rexistralo e axudar no posible. Ao chegar ao barco, non atoparon a ningún dos tripulantes. A roupa duns e outros estaba ordenada nos seus respectivos caixóns; non atoparon o bote salvavidas, o sextante, o cronómetro nin a bitácora. O diario de navegación atopábase no cuarto do capitán; a última anotación era do día 24 de novembro, pero non sinalaba nada relevante. Segundo o diario, o tempo estivera revolto, pero ningunha outra circunstancia de gravidade. Foi un extraño caso de buque fantasma.
1987: O cargueiro Cason, con 1.100 toneladas de produtos tóxicos, sofre un accidente nas costas de Fisterra.

4 de decembro de 2024

Torneo de Nadal

Neste 2024 o noso torneo de xadrez vai ser o sábado 14 de nadal. Tras a primeira edición no Playa Club e as dúas seguintes no MUNCYT, repetimos de novo na que ven sendo a nosa casa dende hai xa 10 anos, no Centro Comercial Los Rosales, onde os xogadores de calquera idade poderán disputar as partidas deste torneo grazas as actividades de xadrez da SCD Palaestra con axuda da Deputación da Coruña.

En próximos días informaremos tamén da edición do Torneo de Nadal lóstrego.

Toda a información aparece no cartel que acompaña esta nova.

Nome do Torneo: XIII TORNEO DE NADAL

Data: 14 de decembro de 2024.

Lugar: Centro Comercial Los Rosales. A Coruña.

Hora de inicio: 16,30 (Hai que presentarse antes para confirmar a asistencia).

Hora de entrega de premios aproximada: 19,00. 
Tras a entrega no Centro Comercial haberá un concierto de música.

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas.

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 10 minutos mais 3´´ incremento (os organizadores poden non poñer reloxos nalgunha das categorías, especialmente sub8 e colocar só nas partidas que se alonguen).

Horario das roldas: 16,30 / 17,00 / 17,30 / 18,00 / 18,30.

Categorías: Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.

Premios:

En cada categoría:
1º Clasificado: Trofeo.
2º Clasificado: Trofeo.
3º Clasificado: Trofeo.

Os participantes nas categorias inferiores recibirán unha medalla por participar.

Cota: A cota de participación do torneo consistirá nun quilo de pasta ou arroz.
(De xeito voluntario os participantes poden colaborar entregando mais comida).

Advertencia: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Inscrición: a través desta ligazón... PREME
En principio non se establece un límite de participantes, se ben estimamos un máximo duns 70 xogadores.

3 de decembro de 2024

3 de decembro de 2024

Aí vén o mes de Nadal, que non deixe o millo sin apañar.
~ ~ ~ ~ ~
1992: O petroleiro Mar Exeo naufraga fronte á costa da Coruña, provocando un desastre ecolóxico de gran magnitude.
1999: Morre Scatman John, cantante estadounidense. De ahí o video e a foto. Unha homenaxe a este artista moi irónico que afirmaba que fixera do seu problema o seu medio de vida pois, Scatman era tartamudo.
~ ~ ~ ~ ~







2 de decembro de 2024

2 de decembro de 2024

O dous de Nadal
con vento do alto
morréuselle a cabra
a don Jose Pardo.
~ ~ ~ ~ ~
Hoxe celébrase o Día Internacional para a Abolición da Escravitude. Na actualidade a escravitude e a servidume seguen sendo bastante frecuentes, aínda que as súas prácticas máis extremas se presentan baixo a forma do traballo infantil e o tráfico de persoas, onde as principais vítimas son os nenos e as mulleres que serven para abastecer as redes de prostitución e o traballo no servizo doméstico.
~ ~ ~ ~ ~
1515: Morre Gonzalo Fernández de Córdoba, O Gran Capitán, militar de orixe galega.
1897: España concede a autonomía a Puerto Rico (pero meses despois será invadido polos Estados Unidos).
~ ~ ~ ~ ~


~ ~ ~ ~ ~



1 de decembro de 2024

1 de decembro de 2024

No Nadal, alegrote, alegrote, que hai viño na cuba e chourizos no pote. 
~ ~ ~ ~ ~
Empeza o Nadal. Coma sempre este mes teremos diferentes actividades, nas Xornadas Lúdicas de Nadal.
~ ~ ~ ~ ~
É ó Día Mundial da Loita contra a Sida, que da a coñecer os avances contra o VIH/sida. Elixiuse o día 1 de decembro porque o primeiro caso de sida foi diagnosticado neste día en 1981.
~ ~ ~ ~ ~
1982: sae á venda Thriller de Michael Jackson, o disco máis vendido de todos os tempos.
1347: en Europa comeza a Peste Negra.
~ ~ ~ ~ ~
A memoria é o único paraíso do cal non podemos ser expulsados. 
Richter. 
~ ~ ~ ~ ~