13 de abril de 2024

13 de abril

1815: Sinforiano López (que daba nome a rúa da segunda sede oficial de Palaestra) é executado. Fora un dos que iniciaron a revolta contra a invasión francesa na Coruña e caeu en desgraza ante o parvo rei Fernando VII.

12 de abril de 2024

Sábado de xadrez

Este sábado xuntaremos a varios equipos na Liga Galega de Xadrez na sala do Centro Comercial Los Rosales.

A competición será a partir das 17,00 horas, pero estaremos por alí dende as 16,00.

11 de abril de 2024

Aforismos de Leonardo

Figuras alegóricas 

590.- O colérico.- Á figura airada, farala collendo a un home polos cabelos, obrigándoo a volver a cabeza cara ao chan e apoiándolle un xeonllo ao costado. Elevará un puño no alto, terá os cabelos botados para arriba, as cellas baixas e engurradas, os dentes apertados e as proximidades de cada extremo da boca arqueados. O pescozo será groso e cheo de engurras por diante, debidas á postura inclinada sobre o inimigo. 


10 de abril de 2024

Foto de Coruña en 1907

Hoxe unha foto tomada na Coruña en 1907.

As cocheiras de entón parece que tiñan mellor arquitectura que hoxe.

9 de abril de 2024

Martes de Xadrez

Hoxe un novo Martes de Xadrez no Centro Comercial Los Rosales.

Será xa a segunda rolda do torneo de lentas do mes de abril.

Os interesados poden acudir en días soltos os martes ás 19,00.

8 de abril de 2024

Irlandeses e España

A principios do século XX, John MacErlean, indicaba sobre as relacións de España e Irlanda:

Único caso entre os non españois residentes en territorios da coroa española, durante o período 1500 a 1900, as elites nobres, militares, intelectuais e mercantís irlandesas gozaron do mesmo estatus e privilexios dos seus pares españois.

Dentro dos dominios da Monarquía Española, os comerciantes irlandeses non o estaban sometidos ás tarifas e impostos que se impoñan aos comerciantes estranxeiros; Os irlandeses tiñan os mesmos dereitos legais que os españois para comprar, posuír e vender propiedades. Os estudantes irlandeses foron admitidos nas universidades e academias nobres e se lles permitiu solicitar bolsas e bolsas. Os soldados e oficiais irlandeses foron admitidos nas forzas armadas.