7 de febreiro de 2022

Vocabulario médico galego

xugulación 







s.f. Cesamento súbito dunha enfermidade trala aplicación das medidas terapéuticas oportunas. 


5 de febreiro de 2022

Dostoievsky

Non te mintas a ti mesmo. O home que se mente a si mesmo e escoita a súa propia mentira chega a un punto en que non pode distinguir a verdade dentro del, nin á súa ao redor, e por tanto perde todo respecto en por si e polos demais. E ao non ter respecto, deixa de amar. Por iso, por enriba de todas as cousas: non te mintas a ti mesmo.

Fiódor Dostoievski | Os irmáns Karamazov

4 de febreiro de 2022

Xadrez no fin de semana

En primeiro lugar lembramos que se publicaron este xoves os calendarios da Liga Galega de Xadrez, así que recomendamos que a xente vaia mirando cando pode ou non xogar.

VENRES 4 DE FEBREIRO

* 18,00 - 18,30: Clases de iniciación en CC Los Rosales. Gratuitas. Para nados en 2008 ou seguintes.

* 18,30 - 19,30: Torneo de partidas rápidas para nados en 2008 ou seguintes, tamén no Centro Comercial Los Rosales.

A información destas dúas actividades podela atopar AQUI (PREME)

* 20,15 - 21,15: empezamos hoxe o Circuito de Inverno.

Será no Centro Universitario de Riazor. Nesta ocasión o circuito so é para membros da Comunidade Universitaria ou membros do club de xadrez.

A información do circuito podela atopar AQUI (PREME)

SABADO 5 DE FEBREIRO

* 16,00 - 17,00: Liga AGAX Online Sub12

Para nados en 2010 ou seguintes.

Ligazón deste venres: Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #aWIObFSg • lichess.org

3 de febreiro de 2022

Aforismos de Leonardo

491.- Basilisco.- É nativo da provincia Cirenaica. Non mide máis de doce dedos. Ten na cabeza unha mancha branca a maneira de diadema. Valéndose do seu asubío, caza toda clase de serpes. Aseméllase a unha cobra, pero non se move tortuosamente, senón manténdose ríxido, do medio do corpo á cabeza. Dise que, cando un xinete mátao dun lanzazo, o veleno do basilisco sobe ao longo da lanza e mata ao cabalo, pero non ao xinete. Destrúe os cereais que toca e aínda aqueles que só reciben o seu alento. 

2 de febreiro de 2022

V Concurso de Microrrelato

A Real Academia Galega e Puntogal Dominio Galego convocan o V Concurso de Microrrelatos co obxectivo reforzar a presenza da lingua e da identidade propias no mundo dixital. 

O prazo de presentación dos contos de ata 200 palabras permanecerá aberto durante todo o mes de febreiro a través da páxina web https://relatos.gal/, onde se poden consultar tamén as bases e a composición dos xurado. Animádevos! 

1 de febreiro de 2022

Ela foise

Ela dixo que se iría e que levaría todo o que era seu. 

Ela foise. E non me levou a min. E eu era seu.

Jaime Sabines