20 de agosto de 2019

HISTORIA DA ARTE

A mediados do mes de xullo desbordábanse as augas. Este fenómeno estaba precedido polas crecidas do Nilo Branco, tinguido de verde polos papiros que a auga arrastraba ao seu paso polas grandes extensións cenagosas. A esta etapa sucedíalle outra, na que a auga se arroibaba debido aos aluvións ferruginosos. Tras a retirada das augas, a terra quedaba fertilizada pola acumulación de depósitos de limo.

Probablemente, foi a observación destes cambios cromáticos das augas do río, a que permitiu establecer as primeiras significacións da cor na pintura exipcia.
Así, o verde era expresión de esperanza de vida, a cor do papiro tenro que tinguía as augas do río antes das inundacións. Era a cor que anunciaba o renacemento da vexetación, a mocidade. Por iso Osiris, o deus dos mortos, seguindo esta simboloxía, representábase en verde.
O negro simboliza a terra negra, xenerosa e portadora do limo nutritivo, era o kemy, a morte, polo que era a cor da conservación inmutable e da volta á vida despois da morte. O vermello era a cor do mal, da terra desértica e estéril. Os animais representados con esta cor (asnos, cans) considerábanse demos daniños. Ademais, as palabras que traían malos presaxios escribíanse en tinta vermella. Por iso Seth, o irmán fratricida de Osiris, representábase en vermello. O vermello intenso podía simbolizar tamén o sangue e a vida.
O branco é sinónimo da luz da alba, sinal de triunfo e alegría. Esta cor aplicábase á coroa do Alto Exipto (sur do país) e representábase como unha coroa alta sobre as tempas, coa forma da flor branca do loto.
O amarelo intenso era a eternidade, a carne dos deuses que non perecía; de aí a profusión de ouro aplicado ás artes e a todo tipo de soporte.
O azul, diferenciado en dúas tonalidades, variaba de significado. A máis escura, a do lapislázuli, simbolizaba o cabelo das divindades. O azul turquesa era a auga purificadora, a cor do mar e a promesa dunha existencia nova.

19 de agosto de 2019

Confucio

- Os homes distínguense menos polas súas calidades naturais que pola cultura que eles mesmos se proporcionan.
Confucio

17 de agosto de 2019

16 de agosto de 2019

George Bernard Shaw

Fai unha regra nunca dar a un neno un libro que non lerías ti mesmo.
George Bernard Shaw

15 de agosto de 2019

Aforismos de Leonardo

365.- Pois quen perde a vista, perda a beleza do mundo con todas as formas das cousas creadas, e o xordo perde unicamente o son, que resulta da axitación do aire golpeado, cousa de mínima importancia no mundo. Ti que dis que unha ciencia é tanto máis nobre canto máis digno é o suxeito a que se aplica, e que por iso vale máis unha falsa concepción da esencia de Deus que a concepción verdadeira dunha cousa menos digna, haberás de admitir que a pintura, que só se aplica ás obras de Deus, é máis digna que a poesía, que só se ocupa en fraguar mentireiras ficcións das obras humanas.