21 de outubro de 2018

ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA XII

ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA XII

Entón a población de Galicia faise dunha maneira un tanto extraña. Temos estes pobos que foron o cu de saco do Fisterra, temos logo os romás, temos logo os suevos e entón cando ven a invasión musulmana hai naturalmente moita xente que ben do sur Celtas, e dicir, hispano celtas, do Guadiana: celtíberos bacios turdetanos toda a xente romanizada dende logo e despois sometida o imperio gótico, pero non dunha maneira tan decisiva como Galicia estuvo sometida os suevos, e dicie, hai zonas de España a terra de Campos os antiguos campos góticos campo Palati por Palencia onde efectivamente foi coma unha especie de explotación cereal dos romás pra lexión en España. Entón claro hai un reparto de terras, concentración de terras polos romás etc. E logo despois esto vano a continuar os visigodos e serán os campos gotorum a actual terra de campos non fixeron máis que heredar unha concentración de producción de cereal que xa habían organizado os romanos pero no resto non houbo nunca esa presión.

Tan pronto os mouros saen de Galicia, e dicir, que dan pra debaixo do miño e pra debaixo do sil procédese a unha reproducción bastante rápida, conservamos un documento precioso que é "Repoboación da diocesis de Lugo" polo obispo Odoacio, un obispo do século VIII, e ademais un documento moi precioso de leer, porque e como se un neno en vísperas de nadal fora a facer un pesebre, e puxera aquí os reises magos, alí a virxe e San Xosé e o neno Xesús e aquí xunto o río unhas lavandeiras, un pouco máis abaixo unha muller segando a herba, noutro lado un muiñeiro e noutro lado un pastor cunhas ovellas etc. Pois así vai o obispo Odoacio na sua repoblación vai dicindo que en Santa Eulalia de Bóveda fai unha iglesia e hai un palomar e ademais hai un río e entonces hai unha poste e hai un muiño que serán de fulano e podrá haber alí tantas ovellas e fulano daralle a iglesia tantos ferrados etc. todo esto tal, e encima a xente que trae, a xente a maior parte das veces na repoblación de Lugo a xente fuxida do sur de España. Servos dos señores góticos os que se chama un pouco confusamente, porque había moitas cousass que distinguir entre esles mozárabes e así queda repoboada por exemplo a provincia de Lugo.

20 de outubro de 2018

Citas de Groucho Marx

Citas de  Groucho Marx
-A política non fai estraños compañeiros de cama. O matrimonio si.

18 de outubro de 2018

Aforismos de Leonardo

334.- O único oficio do poeta consiste en finxir palabras de persoas que falan unhas con outras, e só estas palabras ofrece ao sentido do oído como naturais, pois o son en si en canto creacións da voz humana. En todos os demais casos, o pintor supérao. Pero máis numerosas, sen comparación, son as variedades a que se aplica a pintura que aqueles que son do resorte da palabra. Infinitas cousas fará o pintor que non poderán designarse con palabras, por carencia de vocábulos apropiados. Non ves, en efecto, que se o pintor quere figurar animais ou diaños no inferno a abundancia das súas invencións non terá límite? 

16 de outubro de 2018

A escultura exipcia no Imperio Antigo

A escultura exipcia no Imperio Antigo
As primeiras representacións do faraón A estatua do rei  Chefren Grupos familiares e escribas Durante as primeiras dinastías (época  tinita) a  estatuaria aínda non estaba plenamente definida nin codificada. Creáronse xa, con todo, figuras que  preludiaban as características da  estatuaria exipcia clásica.
Os materiais máis empregados son o  marfil, a madeira e tamén o barro esmaltado, que son elementos máis  mórbidos que a pedra, o que permite executar formas máis atrevidas.
Os tipos que aparecen con maior frecuencia son espidos femininos. Tratados con sutileza, teñen as pernas xuntas e os brazos estendidos ao longo do corpo. Destaca o triángulo  púbico fortemente inciso, característico símbolo da fertilidade. As pequenas figuras masculinas representan a homes de pé, cos brazos adheridos ao longo do corpo e un cinto  fálico como única peza ( Ashmolean  Museum, Oxford). Por último, as figuras que representan prisioneiros  arrodillados e atados poden ser independentes do soporte ao que se adscriben.
Son esculturas de vulto redondo. Tamén poden estar incorporadas a algún moble ou outros obxectos como parte da decoración.
As figuras de animais alcanzan unha execución moito máis audaz que a figura humana, prolongando a tradición prehistórica na que o animal era representado con asombrosa perfección e  verosimilitud. Son graciosas  figuritas realizadas en pedra ou noutros materiais (cerámica,  marfil) que reproducen animais -simios,  hipopótamos ou leóns. Algúns destes animais presentan actitudes ameazadoras con  fauces abertas, pero a maioría adoptan posturas graves e tranquilas. Este tipo de representación foise repetindo ao longo das distintas dinastías, pois a maneira de plasmar a natureza e de establecer relación con ela foi unha constante na cultura exipcia.

15 de outubro de 2018

ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA XI

ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA XI

Ahora ó galego non lle fixo gracia ningunha esto dos suevos creo que algunha que outra vez se lle de o nombre de Suevia, en Vigo a un cabaret, en Coruña a unha casa de comidas, pero non ten maior importancia, a xente esto dos suevos non lle fixo gracia ningunha. E foi sin duda ningunha a aportación xa nos tempos históricos de sangue nova vida de fora máis importante que houbo en Galicia.

E por outro lado pode dicirse tamén sin lugar a dudas que tódalas familias nobles galegas da edad media, desde os Andrade os Feixoo, dende a familia de San Rosendo fundador de Celanova hasta os Montinegro e calquera todos en absoluto todos os Osorio de Moscoso etc. tódalas familias nobles galegas de Edad Media todas elas son caste gótica, caste sueva, todas elas levan sangue sueva, todos eles están emparentados San Rosendo dunha maneira moi directa por exemplo cos reises de León de Ordoño e demais todos eles, ben pois todas estas familias góticas en cambio a xente do país non lle importau nada nen lle deu importancia ningunha.