7 de novembro de 2013

FERNÁN PÁEZ DE TAMALANCOS [B 75 e 1336 / V 943]

FERNÁN PÁEZ DE TAMALANCOS [B 75 e 1336 / V 943]

Non sei dona que podesse
valé-la que eu amei,
nen que eu tanto quisesse
por senhor, das que eu sei,
se a cinta non presesse,
de que mi lh'eu despaguei:
e por esto a cambei.

Pero mi ora dar quisesse
quant'eu dela desejei
e mi aquel amor fezesse,
por que a sempr'aguardei,
cuido que lho non quisesse,
tan muito me despaguei
dela, poi-la cinta achei.


Nen ar sei prol que m'houvesse
seu ben; e al vos direi:
se a por atal tevesse,
quando m'a ela tornei,
juro que o non fezesse,
ca tenho que baratei
ben, pois me dela quitei,
ca muito per hei a messe
con melhor senhor; e sei
de mí que a servirei.

6 de novembro de 2013

Inicio de PRENDENDO LUME

De SUZANNE COLLINS 

Aferro o termo entre as miñas mans mesmo aínda que hai tempo que o calor do té marchou no aire xeado. Os meus músculos están contraídos con forza fronte ao frío. Se unha manda de cans salvaxes fose aparecer neste momento, as probabilidades de escalar a unha árbore antes de que atacasen non están da miña parte. 
Debería levantarme, moverme algo, e traballar na rixidez dos meus membros. Pero no canto diso síntome, tan inmóbil como a roca debaixo de min, mentres o amencer empeza a iluminar o bosque. Non podo loitar contra o sol. Só podo mirar impotente como me arrastra cara a un día que estiven temendo durante meses. 
Ao mediodía estarán na miña nova casa na Aldea dos Vencedores. Os xornalistas, os cámaras, incluso Effie Trinket, a miña antiga escolta, encamiñáronse cara ao Distrito 12 desde o Capitolio. Preguntome se Effie aínda levará esa estúpida perruca rosa, ou se agora lucirá algún outro cor antinatural especialmente para o Tour da Vitoria. 
Tamén haberá outros esperando. Persoal para satisfacer todas as miñas necesidades na longa viaxe en tren. 
Un equipo de preparación para embelecerme para aparicións en público. O meu estilista e amigo, Cinna, que deseñou os preciosos conxuntos que fixeron que a audiencia se fixase en min por primeira vez nos Xogos da Fame.
...

5 de novembro de 2013

Fragmento de "Anagnórise" de María Victoria Moreno

María Victoria Moreno, nada en 1941 en Valencia de Alcántara (Cáceres) e finada en Pontevedra no 2005, foi unha mestra e escritora.

—O feito de que o lector entre no xogo que lle propón o autor, o feito de que dea creto a unha historia inventada, xa é solidariedade.
—Agora xa entendo o que dicía vostede de escribir para saír da soidade.
—Entendes, non vas entender. Ti enténdelo todo a condición de que non péche-los ollos e de que non vaias sempre á defensiva.
—O de leva-lo coche en terceira ata hai pouco era logo a propósito. ¿Non é?
—Era, ben te decatas.
—¿E que se propoñía?
—O que remato de conseguir, simplemente.
—¿E non ile importaba que a adiantasen?
—Tamén ti... Eu non vou de competición, vou de viaxe. E non teño por que preocuparme dos outros conductores, senón deste copiloto que atopei ás dez da mañá, morto de frío e de medo.

...

4 de novembro de 2013

Unha frase para empezar a semana

Todo individuo da nosa especie ten por natureza, a certeza de que posúe certos dereitos que ninguén pode arrebatarlle. 

D. Echandia

3 de novembro de 2013

Inicio de O sexo frío (artículo xornalistico), de Mario Vargas Llosa

MARIO VARGAS LLOSA - O SEXO FRIO

A señora Diana Blood está de plácemes: pronto terá un bebé, soño que acariña hai moitos anos. Os médicos aseguran que o futuro cidadán (ou cidadá) do terceiro milenio está ben instalado na placenta e ela espera ansiosa as primeiras patadiñas no ventre do seu vástago en formación. 

Comparte o señor Stephen Blood a alegría da súa dona polo próximo advenimiento? 

Imposible sabelo, pois o marido de Diana e pai da criatura faleceu hai máis de tres anos, vítima dunha fulminante meninxite cerebroespinal.

En efecto, o herdeiro dos Blood non foi xestado como o común dos vulgares mortais, nun delicado ou epónimo encontro carnal dos seus proxenitores soliviantados por amoroso desexo; a súa xestación tivo máis ben os ribetes dos macabros folletins decimonónicos de Xavier de Montepín que a miña avoíña Carmen lía con fruición, e, no canto de suorentos e ardentes intercambios, fraguouse nun truculento proceso científico e legal, ao que serviron de escenario non abrandadas alcobas ou leitos revoltos, senón asépticos quirófanos, circunspectos tribunais, ruidosas polémicas éticas, xurídicas e tecnolóxicas, aderezado todo iso con algunhas das especies indispensables nu verdadeiro melodrama: escándalo, morte, contrabando e final feliz.
...

2 de novembro de 2013

2ª Parte de 20.000 leguas de viaxe baixo os mares (XXXVII)

10. As hulleiras submarinas 

Esperteime moi tarde ao día seguinte, 20 de febreiro. As fatigas da noite prolongaran o meu soño até as once. Vestinme con rapidez porque me apremaba a curiosidade de coñecer a dirección do Nautilus. Os instrumentos indicáronme que seguía con rumbo Sur a unha velocidade dunhas vinte millas por hora e a unha profundidade de cen metros. Chegou Conseil e conteille a nosa expedición nocturna. Como os cristais non estaban tapados, foille dado ver aínda unha parte do continente mergullado. En efecto, o Nautilus navegaba a uns dez metros tan só do chan formado pola chaira da Atlántida. Corría como un globo impulsado polo vento por encima das pradarías terrestres; pero máis apropiado sería dicir que nos achabamos naquel salón como no vagón dun tren expreso. Os primeiros planos que pasaban ante os nosos ollos eran rocas fantasticamente recortadas, bosques de árbores pasadas do reino vexetal ao mineral e con inmóbiles siluetas que parecían acenar baixo a auga. Había tamén grandes masas pétreas alfombradas de ascidias e de anemóns, entre as que ascendían longos hidrófitos verticais, e bloques de lava extrañamente moldeados que testemuñaban o furor das expansións plutónicas.
Mentres observabamos esa estraña paisaxe que resplandecía baixo a luz eléctrica, contei a Conseil a historia dos atlantes que tantas páxinas encantadoras, desde un punto de vista puramente imaxinario, inspiraron a Bailly. Faláballe das guerras deses pobos heroicos e argumentaba a cuestión da Atlántida como home a quen xa non lle é posible pola en dúbida. Pero Conseil, distraído, non me escoitaba apenas, e a súa indiferenza ante este tema histórico tiña unha fácil explicación. En efecto, numerosos peixes atraían as súas miradas, e cando pasaban peixes, Conseil, arrastrado aos abismos da clasificación, saía do mundo real. Obrigado vinme a seguirlle e a renovar así con el os nosos estudos ictiolóxicos. Aqueles peixes do Atlántico non diferían sensiblemente dos que observaramos até entón. Raias dun tamaño xigantesco, de cinco metros de lonxitude, dotadas dunha gran forza muscular que lles permitía lanzarse por encima das ondas; escualos de diversas especies, entre outros unha tintoreira de quince pés, de dentes triangulares e agudos, cunha transparencia ca facía case invisible no medio da auga; sagros escuros, humantinos en forma de prismas e acoirazados cunha pel con escamas en forma de tubérculos; esturións, similares aos do Mediterráneo; singnatos trompetas, dun pé e medio de lonxitude, de cores amarelo e marrón, provistos de pequenas aletas grises, sen dentes nin lingua, que desfilaban como finas e flexibles serpes. Entre os peixes óseos, Conseil anotou os makairas negruzcos, de tres metros de longo e armados na súa mandíbula superior dunha penetrante espada; peces de vivas cores, coñecidos na época de Aristóteles co nome de dragóns mariños, e con aguillóns dorsais moi perigosos; llampugas de dorso escuro asucado por pequenas raias azuis e cos flancos de ouro; fermosas douradas; peces-lúa, como discos con reflexos azulados que se tornaban en manchas prateadas baixo a iluminación dos raios solares; peces-espada de oito metros de lonxitude, que ían en grupo, con aletas amareladas recortadas en forma de fouces e espadas de seis pés de lonxitude, animais intrépidos, máis ben herbívoros que piscívoros, que obedecían ao menor sinal das súas femias como maridos ben amaestrados.
Pero a observación deses especímenes da fauna mariña non me impedía examinar as longas chairas da Atlántida. Ás veces, os caprichosos accidentes do chan obrigaban ao Nautilus a diminuír a súa velocidade e a deslizarse, coa pericia dun cetáceo, por estreitos pasos entre os outeiros. Cando o labirinto facíase inextricable, o aparello elevábase como un aeróstato e, unha vez franqueado o obstáculo, recuperaba a súa rápida marcha a algúns metros do fondo. Admirable e magnífica navegación que lembraba as manobras dun paseo aerostático, coa diferenza de que o Nautilus obedecía sumisamente á man do seu temoneiro.

1 de novembro de 2013

Inicio de ZIPELBRÚM

De Alexandro Jodorowsky.  

A ninguén lle importou cando atoparon a súa peza deserta. 
A dona dixo: 
-O da 13 desapareceu. 
Seguiron comendo. Un pensionista envorcou o arroz sobre a súa armadura. Mentres limpaba, un mozo aproveitou para comentar: 
-Eu sabía que o tal Octavio ía desaparecer; por iso non me preocupaba de asearle a peza. 
Seguiron comendo. Octavio, na Universidade, foi mal considerado por faltar aos cursos de Alquimia e Lanza; o profesorado chegou a desprezalo; o Abade negoulle o ingreso ao Centro de Investigacións Fonéticas e non merecía ser rexeitado; era un bo estudante aínda que non das materias que interesaban aos outros. Creara unha teoría: «A Voz non xorde das cordas vocais nin do aire que as remece. Existe sen que ninguén a produza. Só que está prisioneira nos músculos da garganta e depende da vontade.» «Quero libertarla. Facer que salga por calquera parte do corpo: por un ollo, por unha man. Conseguido isto, independizala da miña vontade. Entón soará cando e por onde ela queira. Eu ouvireina.» 
Abandonou a cidade universitaria e arrendara un cuarto nunha pensión. Como non se asomaba ao corredor, chegaron a esquecelo. O mozo non o atendía. A súa cama poboouse de parásitos e tivo que afacerse ás privacións: podía pasar semanas masticando pan duro e bebendo auga. Nin sequera necesitaba durmir; afebrado, velaba traballando segundo os seus métodos.
...