31 de maio de 2025

31 de maio

1945: Delio Rodríguez gaña a 5ª Vuelta Ciclista a España, converténdose no primeiro galego en logralo.


30 de maio de 2025

30 de maio

1808: Sinforiano López encabeza a Revolta fronte aos franceses na Coruña. Empeza a organizarse a Xunta de Defensa do Reino de Galicia.

29 de maio de 2025

Aforismos de Leonardo

638.- Das nubes.- Gran parte do mar escaparase cara ao ceo, e non volverá por moito tempo: desde as nubes. 

28 de maio de 2025

28 de maio

1878: Morre en Ferrol, de onde era natural, o escritor e historiador Benito Vicetto.

27 de maio de 2025

Torneo de Primavera

Dende o Centro Comercial Los Rosales e a SCD Palaestra lanzamos o Torneo de Primavera para este 2025, co axuda da Deputación da Coruña.

Agardamos a vosa presencia!

Nome do Torneo:
TORNEO DE XADREZ DE PRIMAVERA

Data: 7 de xuño de 2025.

Lugar: Centro Comercial Los Rosales. A Coruña.

Hora de inicio: 17,00.

Hora de entrega de premios aproximada: 19,50.

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas.

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 15 minutos a finish. Os organizadores poderán deixar certas categorías sen reloxo e só colocar o mesmo en caso de alongamento da partida.

Categorías: Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.

Premios:

1º Clasificado de cada categoría: Trofeo.
2º Clasificado de cada categoría: Trofeo.
3º Clasificado de cada categoría: Trofeo.
Medalla para os participantes sub14.

Partcipantes: Ata 60 participantes (estudiarase a opción de máis inscritos).

Inscricións: Exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

Cota: Gratuito. Pero gradecemos a entrega dun kilo de pasta ou arroz para as nosas actividades solidarias.

Advertencia: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

26 de maio de 2025

26 de maio

1899: Nace Avelino Cachafeiro, o Gaiteiro de Soutelo, en Soutelo de Montes, Forcarei.
1

24 de maio de 2025

23 de maio de 2025

23 de maio

1843: Nace Xosé Cerviño García, canteiro e escultor, autor do cruceiro do Hío.

22 de maio de 2025

Aforismos de Leonardo

637.- Do día dos defuntos.- Moitos chorarán aos seus pais mortos, levándolles veas acesas. 

21 de maio de 2025

20 de maio de 2025

Martes de xadrez especial

O pasado domingo a nosa entidade cumprio 36 anos.
Para facer unha pequena celebración o torneo de hoxe nos Martes de Xadrez terá un trofeo para o vencedor.
Torneo a cinco minutos e cinco roldas.

19 de maio de 2025

17 de maio de 2025

Un reforzo filosófico para Ortega (relato).

José Ortega y Gasset chegou ese verán a Galicia, terra da súa nai, coa intención de coller aire fresco e escribir algo contundente sobre a razón pura ou a vida en sociedade. Porén, o que atopou foi algo moito máis complexo: galegos sendo galegos.

Ao baixar do tren en Santiago, preguntoulle a un paisano se a praza do Obradoiro quedaba lonxe.

—Depende —respondeu o home, rascando a caluga cun aire reflexivo.

—Depende de que? —insistiu Ortega, sacando o seu caderno de viaxe.

—Pois de como se mire. Se vai apurado, é algo lonxe. Se non, está aquí mesmo.

Ortega anotou aquilo. Interesante. O espazo, polo visto, non era absoluto. Continuou a súa viaxe e, xa en Pontevedra nunha taberna xunto á ría, preguntoulle a un vello mariñeiro se chovería ao día seguinte.

—Home, chover, chover… choverá ou non choverá.

Aí estaba de novo. A sabedoría galega, ese estado de aceptación absoluta do misterio da existencia, ese non dar nada por sentado, esa dúbida como principio reitor da vida. ¡Por suposto! A verdade non era unha certeza, senón unha procura perpetua.

Días despois, subindo unhas escaleiras de pedra nunha aldea perdida, viu a un ancián que baixaba. Ou iso parecía. Cando lle preguntou se subía ou baixaba, o home quedou quedo, mirou cara ao horizonte e respondeu con absoluta calma:

—Iso depende.

Ortega sentiu unha revelación. A filosofía non estaba nos libros nin nas universidades. Estaba en Galicia, nas tabernas, nas corredoiras, nas conversas e, sobre todo, ao calor dun licor café.

Cando volveu a Madrid, escribiu con renovado ímpeto. Os seus ensaios falaban da perspectiva, do eu e das súas circunstancias, da imposibilidade dunha verdade única. E cada vez que alguén lle preguntaba que quería dicir exactamente con iso, el sorría con nostalxia, lembrando aquela escaleira incerta nunha aldea galega, e respondía:

—Depende.

16 de maio de 2025

15 de maio de 2025

Aforismos de Leonardo

Profecías 

636.- Das honras funerarias.- Renderanse moi grandes e pomposos honras a certos homes, sen que eles sáibano. 

13 de maio de 2025

13 de maio

2017: O Xadrez das Mariñas campión alevín provincial por segundo ano consecutivo.

12 de maio de 2025

12 de maio

1441: García de Caamaño “O fermoso”, funda “Vila-García" (actualmente Vilagarcía de Arousa).

10 de maio de 2025

10 de maio

1972: José Afonso canta por vez primeira o Grândola, Vila Morena. Sucedeu no Burgo das Nacións, Compostela.


9 de maio de 2025

9 de maio

1890: Alfredo Brañas convértese no primeiro profesor universitario que pronuncia un discurso en galego sobre un tema intelectual.


8 de maio de 2025

Aforismos de Leonardo

635.- Apenas o viño entra no estómago, comeza a ferver e a fermentarse; a alma empeza a abandonar o corpo, dirixíndose cara ao ceo atopa o cerebro, que é a causa de que ela abandonase o corpo; xa empeza a contaminalo e a enfurecerlo á maneira dun tolo; xa comete irreparables erros, matando os seus amigos... 


7 de maio de 2025

Inicio de Unha noite de verán

Unha noite de verán

(Unha noite de verán)

Ambrose Bierce

O feito de que Henry Armstrong estivese enterrado non era unha razón dabondo convincente para demostrarlle que estaba morto: sempre fora un home difícil de persuadir. O testemuño dos seus sentidos obrigouno a admitir que, de feito, estaba enterrado. A súa posición —deitado boca arriba coas mans cruzadas sobre o estómago e atadas, que rompía con facilidade sen alterar a situación—, o estrito confinamento de toda a súa persoa, a negra escuridade e o profundo silencio, constituían unha evidencia imposible de contradecir e Armstrong aceptouna sen perderse nos seus pensamentos.

...

6 de maio de 2025

Martes de xadrez

Rematado o Torneo de Lentas de Beltaine regresamos ao funcionamento previo. Media hora de xogo libre e algunha explicación e torneo de 5 minutos e 5 roldas.

Actividade de balde no Centro Comercial Los Rosales co apoio da Deputación da Coruña.

5 de maio de 2025

5 de maio

1808: Firma dun convenio entre Napoleón e Carlos IV de España polo que este renuncia á coroa en favor do emperador francés.

2 de maio de 2025

1 de maio de 2025

Aforismos de Leonardo

634.- Lenda do viño e de Mahoma.- Achándose o viño, ese sublime licor extraído da uva, nunha rica cunca de ouro, ensoberbecido por tanto honra, sentiu de súpeto asaltado por un pensamento contrario, e díxose a si mesmo: 

-Que fago, pois? Por que estou tan alegre? Non advirto que estou a piques de morrer, deixando a habitación que me brinda esta áurea cunca, para entrar nas torpes e fétidas cavernas do corpo humano e transformarme, de odorífero e suave licor, en fea e sucios ouriños? E coma se iso non bastase, terei aínda que permanecer longo tempo en inmundo receptáculos, coa maloliente e corrompida materia que expelen as entrañas. 

E gritou ao ceo reclamándolle vinganza contra o seu adverso destino e pedíndolle que puxese fin dunha vez a tanta degradación: que se o país producía as mellores uvas do mundo, tanto menos motivo existía para transformalas en viño. Dispuxo entón Iúpiter que o espírito do viño bebido por Mahoma, subise ao seu cerebro, toleándoo e facéndoo cometer tales erros que, volto ao seu san xuízo, promulgou unha lei que prohibía aos asiáticos o uso do viño.