31 de decembro de 2025

31 de decembro

A un tempo non pode ser o gastar e mailo ter, nin que luza o sol na eira sin que chova no Nadal.
~ ~ ~ ~ ~
Noitevella.
En España e algúns outros países latinoamericanos despídese o ano co costume para comer doce uvas acompañando ás doce badaladas da medianoite do día 31 de decembro. En Italia teñen por costume cear lentellas co fin de ter un ano próspero.
En Xapón as festas de fin de ano duran 15 días e toman unha tradicional sopa de fideos, visitan o templo budista e beben sake. En Holanda comen uns doces chamados kerstkransjes.
En Ecuador e Perú,Colombia tense por costume fabricar uns xigantescos bonecos de trapo, madeira e/ou cartón, representando a calquera personaxe de moda (actores, músicos, políticos, personaxes de televisión, etc.) que son queimados á medianoite do 31, e así recibir o novo ano entre abrazos, bicos e bos desexos. Daquela a celebración continúa con grandes bailes e comida tradicional nas súas casas.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
192: Morre Cómodo, emperador romano (asasinado).
335: Morre Silvestre I, papa.
406: Vándalos, suevos e alanos cruzan o Rin, empezando a invasión da Galia.
1704: Na illa de Tenerife (Illas Canarias), erupciona o volcán Teide.
1784: En España, Carlos III establece a pena de galeira para reforzar a loita contra os piratas.
1869: Nace Henri Matisse, pintor francés.
1908: Nace Simon Wiesenthal, arquitecto austríaco e "cazador" de nazis.
1914: Nace José Manuel Lara, editor español.
Nova do 31 de nadal de 1913
1917: Nace José María Gironella, novelista español.
1936: Morre Miguel de Unamuno, escritor español.
1941: Nace Alex Ferguson, adestrador británico de fútbol.
1948: Nace Donna Summer, cantante estadounidense.
1999: EE. UU. entrega a administración da Canle de Panamá á República de Panamá.
2001: Nos 12 primeiros países da zona euro saen de circulación as antigas moedas nacionais.
~ ~ ~ ~ ~
Hai persoas tan falsas que deberían ter unha tatuaxe na fronte: "MADE IN CHINA".
~ ~ ~ ~ ~

30 de decembro de 2025

30 de decembro

Se treboa por santo Tomás, inda o inverno está por marchar.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
39: Nace Tito, emperador romano.
1419: na Rochelle (Francia), as tropas de Castela vencen aos ingleses.
1808: Morre José Moñino, político español.
1865: Nace Rudyard Kipling, escritor británico, Premio Nobel de Literatura
1870: Morre Juan Prim, militar e político español.
1884: Nace Hideki Tojo, Primeiro Ministro do Xapón durante a Segunda Guerra Mundial (1948)
1916: Asasinado Grigori Rasputin a mando da familia real rusa, para por fin á súa influencia sobre a tsarina Alexandra.
1941: na India Majatma Gandhi dimite da presidencia do Partido do Congreso Nacional Indio.
1952: Nace Jesús Ferrero, escritor español.
1953: en EE. UU. a empresa RCA saca á venda o primeiro televisor cor NTSC (1175 dólares cada un).
1972: na guerra do Vietnam os EE.UU suspenden os duros bombardeos ao Vietnam do Norte.
1973: Israel e o Vaticano establecen relacións diplomáticas.
2004: Morre Agustín Sixto Seco, médico galego.
2006: en Bagdad (Iraq), Saddam Husein é executado na forca.
2007: Morre Xaime Quesada Porto, artista galego.
2010: Morre Bobby Farrell, cantante neerlandés de Boney M.
~ ~ ~ ~ ~
Nova do 30 de nadal de 1913
Ri e o mundo rirá contigo; chora e chorarás só. 

Eli Wilcox.
~ ~ ~ ~ ~

29 de decembro de 2025

29 de dembro de 2025

Un mes antes, e outro dispois de Navidá, é inverno de verdá.
~ ~ ~ ~ ~
Día internacional da diversidade biolóxica.
~ ~ ~ ~ ~
Santoral: San David, Santo Tomás Beckett.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1170: Tomás Becket, arcebispo de Canterbury, é asasinado por catro cabaleiros e por encomenda de Enrique II de Inglaterra.
1788: Nace Tomás de Zumalacárregui, xeneral na Primeira Guerra Carlista.
1800: Nace Charles Goodyear, inventor estadounidense.
1845: Estados Unidos anexiónase o estado mexicano de Texas (cumprindo a doutrina do destino manifesto).
1850: Nace Tomás Bretón, compositor español.
1874: En Sagunto, o xeneral Arsenio Martínez-Campos Antón efectúa un pronunciamento e declara a restauración da monarquía borbónica en España.
1891: Thomas Alva Edison patenta a radio
1926: Morre Rainer María Rilke, escritor austriaco.
1981: Julio Iglesias Puga, pai do cantante Julio Iglesias é secuestrado por un comando de ETA.
Nova do 29 de nadal de 1913
1987: O cosmonauta soviético Yuri Romanenko toma terra a bordo da nave Soyuz TM-3, no deserto de Kazajistán, tras permanecer 327 días no espazo e converterse no home que soportou máis tempo a ingravidez espacial.
2005: A Selección galega gaña o seu partido contra Uruguai por 3-2 no estadio de San Lázaro.
~ ~ ~ ~ ~
Se non queres ser desgraciado trata ás catástrofes como a molestias, pero de ningunha maneira ás molestias como a catástrofes. 
Andre Maurois.
~ ~ ~ ~ ~

28 de decembro de 2025

28 de decembro de 2025

No Nadal inverno a fartar.
~ ~ ~ ~ ~
É o Día dos Santos Inocentes.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1065: Conságrase en Londres a abadía de Westminster.
1609: Filipe III decreta a expulsión dos mouriscos de Valencia. A orde foi proposta polo seu ministro de Estado, Andrés de Prada, natural de Valdeorras.
1819: Morre en Madrid o galego Juan José Caamaño y Pardo, marqués de Figueroa.
1827: Nace en Ferrol Manuel Aguirre, conde de Tejada, que ocupou numerosos cargos no Goberno e recibiu o Toisón de Ouro.
1836: España asina un tratado de paz, amizade e recoñecemento de independencia con México.
1852: Nace Leonardo Torres Quevedo, enxeñeiro e inventor español.
1856: Nace Woodrow Wilson, presidente estadounidense, premio Nobel da Paz en 1919.
1872: Nace Pío Baroja, novelista español.
1874: en Sagunto, Arsenio Martínez Campos proclama a Alfonso XII.
1879: Nace Armando Cotarelo Valledor, erudito, escritor en lingua galega.
1895: Os irmáns Louis e Auguste Lumière ofrecen a primeira exhibición pública da súa cinematógrafo.
1895: Wilhelm Röntgen presenta en Wurzburgo a súa primeira comunicación sobre os Raios X.
Anuncio do 28 de nadal de 1913
1899: Nace Edgar Neville, escritor e diplomático español.
1905: Nace Antón Fraguas Fraguas, historiador e antropólogo galego (m. 1999)
1922: en Valladolid estréase a comedia da coruñesa Pardo Bazán El becerro de metal.
1956: en España morren seis persoas ao descarrilar o expreso Madrid-Coruña.
1959: Nace Ana Torroja, cantante española (Mecano).
1972: en Berlín, o esqueleto descuberto durante unhas escavacións é identificado como o de Martin Bormann (lugartenente de Adolf Hitler).
1978: en España aparece publicada no BOE a nova Constitución.
1982: en España, o Congreso dos Deputados nomea defensor do pobo a Joaquín Ruiz-Giménez.
1984: en España entra en vigor a Lei de Obxección de Conciencia.
Comentario do 28 de decembro de 1914
1993: en España, o Banco de España intervén ao banco Banesto (baixo a dirección de Mario Conde).
1995: en España acaba a serie televisiva Farmacia de Guardia, cun 63% de cota de pantalla e 11.527.000 espectadores, converténdose na serie máis vista da televisión nese país.
2007: Morre Xosé Cuíña, político español.
2010: en España, desaparece CNN+.
2013: Celébrase no MUNCYT o II Torneo de Nadal de Xadrez.
~ ~ ~ ~ ~
Vale máis saber algo acerca de todo que sabelo todo acerca dunha soa cousa. 
Pascal.
~ ~ ~ ~ ~

27 de decembro de 2025

27 de decembro de 2025

Mentres Deus non é nacido nada é crecido.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1571: Nace Johannes Kepler, astrónomo alemán descubridor das leis do movemento dos planetas.
1586: Nace Francisco de Moncada, político e escritor español.
1703: Portugal e Inglaterra asinan o Tratado de Methuen polo que os viños portugueses conseguen a súa posición de monopolio no mercado británico.
1763: Tratado de París, polo que os británicos devolven Manila aos españois.
1806: Nace Ramón Cabrera, militar carlista español.
1822: Nace Louis Pasteur, químico francés.
1831: en Inglaterra, Charles Darwin parte no bergantín Beagle cara a América do Sur; esta viaxe permitiralle demostrar a súa famosa teoría sobre a evolución.
1870: en Madrid, o xeneral Juan Prim é vítima dun atentado. Alcanzado por varios disparos, morreu tres días despois.
1923: Morre Gustave Eiffel, enxeñeiro francés.
1934: Persia comeza a denominarse Irán, por disposición do seu goberno.
1943: Nace Joan Manuel Serrat, cantautor español.
1945: créase o Fondo Monetario Internacional.
1968: Volve á Terra o Apollo 8 logo de dar dez voltas arredor da Lúa.
1998: Morre Ricardo Tormo, motociclista español.
Nova do 27 de nadal de 1914
2007: Morre Benazir Bhutto, política e primeira ministra paquistaní.
2010: Morre Luís Mariñas, xornalista e presentador de televisión coruñés.
~ ~ ~ ~ ~
Verdadeira mestra da vida non hai máis que unha, a experiencia; e ten escola aberta para todos. 
Pedro Salinas.
~ ~ ~ ~ ~



Nova do 27 de nadal de 1913


26 de decembro de 2025

26 de decembro de 2025

Dios nacido, días crecidos.
~ ~ ~ ~ ~
Santoral: Santo Estevo, lapidado ás portas de Xerusalén ó pouco da resurrección de Cristo.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
268: Morre San Dionisio, papa católico (259-268).
1491: Os Reis Católicos reconquistan Almería, que fora tomada polas tropas de Al-Zagal.
1713: Filipe V de España asina un Real Decreto, redactado por Jean Orry, que divide España en 21 provincias con fins administrativos e tributarios.
1764: Morre Frei Benito Jerónimo Feijoo (P. Feijoo), escritor galego.
1863: Aplícase por vez primeira a electricidade en Europa co alumeado dos faros costeiros do cabo de La Heve (Francia).
1884: España anuncia ás potencias estranxeiras que ten baixo o seu protectorado a costa occidental de África comprendida entre os cabos Bojador e Branco, territorio comunmente denominado Sahara Occidental.
1891: Nace Henry Miller, escritor estadounidense.
1893: Nace Mao Zedong, político chinés.
1898: Os Curie descubren o radio.
1904: Nace Alejo Carpentier, escritor e musicólogo cubano.
1906: Nace Imperio Argentina, actriz e cantante arxentino-española.
1941: Winston Churchill é nomeado primeiro ministro británico. Ante o avance xaponés, Manila é declarada cidade aberta e é abandonada polo Goberno filipino. Os británicos toman Bengasi infrinxiendo unha forte derrota ás forzas italo-xermanas de Rommel.
1953: Realízase en París o primeiro transplante de ril dun doante vivo baixo a dirección do cirurxián francés Jean Hamburger.
1959: Morre Pierre de Gaulle, político francés.
1979: Tropas da Unión Soviética invaden Afganistán.
1989: Morre Samuel Beckett, poeta, novelista e dramaturgo irlandés.
1990: O soviético Gari Kaspárov retén o título de Campión do Mundo de Xadrez.
2000: A estación espacial Mir perde contacto co centro de control durante máis de 20 horas.
2002: Irán prohibe as lapidacións para mellorar a súa imaxe internacional.
2003: Un gran terremoto na cidade iraniana de Bam mata unhas 43.000 persoas.
2004: Unha cadea de maremotos, provocados por un terremoto de magnitude 9 preto de Sumatra afectan, principalmente, a Indonesia, Sri Lanka, India e Tailandia. En todo o índico contabilízanse máis de 230.000 mortos mentres que miles de persoas seguen desaparecidas.
2006: Morre Gerald Ford, político e presidente estadounidense.
2009: Morre Yves Rocher, empresario francés.
~ ~ ~ ~ ~
A poesía é pintura dos oídos, como a pintura poesía dos ollos. 
Lope de Vega.
~ ~ ~ ~ ~

25 de decembro de 2025

25 de decembro de 2025

Na cea de Noiteboa servíase un prato máis para que os familiares mortos puidesen compartir coa familia esta celebración. Tamén deixábase a mesa sen recoller para que comesen as ánimas dos ausentes, para os que tamén se deixaba a lareira acesa. Deste xeito, podían gozar de calor e comida na casa á que pertencían.
~ ~ ~ ~ ~
Nadal
~ ~ ~ ~ ~
Na antiga Roma, festividade do Sol Invicto. Sol Invictus ou en forma completa, Deus Sol Invictus ("o invencible Deus Sol") foi un título relixioso aplicado polo menos a tres divindades distintas durante o Imperio romano.
Juliano o Apóstata, declararía a Helios como a única divindaide, sendo as outras divindades simples expresións de este único deus, durante o tempo de este emperador a relixión do sol converteuse na relixión oficial dentro do imperio.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1: Data tradicional do nacemento de Xesús de Nazaret, personaxe central do cristianismo.
350: En Roma celébrase por primeira vez o Nadal.
795: Morre Hadrián I, Papa da Igrexa Católica.
800: na basílica de San Pedro (Roma), o papa León III coroa a Carlomagno.
1223: En Italia, san Francisco de Asis inventa o primeiro pesebre.
1492: Nun banco de area fronte á illa La Española (hoxe Haití e República Dominicana) encalla a carabela Santa María (antes chamada La Gallega) na súa primeira viaxe a América; cos seus restos construíuse o primeiro establecemento español en América, chamado Fuerte Navidad.
1599: En Brasil fúndase a cidade de Natal.
1642: Nace Isaac Newton, físico e matemático inglés.
1882: En EE. UU., Edward Johnson (un socio de Thomas Edison) ilumina no seu fogar unha árbore de Nadal con lámpadas eléctricas.
1968: Desde unha órbita ao redor da Lúa, a nave espacial Apollo 8 realiza a primeira manobra de "inxección trans Terra", que enviará á nave nunha traxectoria de volta á Terra.
1968: Na aldea Kilavenmani (Tamil Nadú, sur de India), 42 dalit (intocables) son queimados vivos como represalia por unha campaña para aumentar os soldos destes traballadores.
1973: En EE. UU. o sistema ARPANET colapsa cando un erro de programación causa que todo o tráfico se enruta a través do servidor da Harvard University, facendo que o servidor se conxele.
1983: Morre Joan Miró, pintor español.
1989: Nicolae Ceaucescu (ex ditador comunista de Romanía) e a súa esposa Elena son condenados á morte e executados baixo unha gran cantidade de cargos.
1991: Dimite Mijaíl Gorbachov e desaparece a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas, que pasa a denominarse Comunidade de Estados Independentes (CEI).
2003: A sonda Beagle 2 (que fora lanzada desde a nave Mars Express Spacecraft o 19 de decembro) desaparece pouco antes da súa aterraxe programada.
~ ~ ~ ~ ~
A moral cristiá é vida, non hipótese; acto, non lei; conduta, non imperativo.
Antonio Caso.
~ ~ ~ ~ ~

24 de decembro de 2025

24 de decembro de 2025

A festividade popular máis destacada do mes de decembro é o Nadal, conxunto de celebracións que comezan coa Noiteboa, na noite do 24 de decembro, e rematan cos Reis, o 6 de xaneiro. Esta festa dálle nome ó propio mes de decembro, tamén coñecido como Nadal ou Natal.
~ ~ ~ ~ ~
Hoxe é Noiteboa
~ ~ ~ ~ ~
Santoral católico: Adán e Eva
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1491: Nace Ignacio de Loyola, xesuíta español.
1500: Toma de Cefalonia: O Gran Capitán lidera unha importante vitoria hispano-veneciana sobre o Imperio otomán.
1524: Morre Vasco da Gama, explorador e navegante portugués.
1680: Marrocos e os Países Baixos asinan un tratado de alianza para fomentar a pirataría marroquí no Mediterráneo contra España.
1734: Un incendio destrúe o Real Alcázar de Madrid.
1752: Experiméntase por primeira vez en España a iluminación pública das rúas con luces de aceite.
1811: Morre Hermenegildo Amoedo Carballo, xesuíta, poeta galego, no cárcere en Mantua.
1814: Inglaterra e os Estados Unidos asinan en Gante unha "paz perpetua".
Nova do 24 de nadal de 1913
1818: Franz Xaver Gruber compón "Noite de Paz".
1837: Nace Sissi, emperatriz austrohúngara.
1851: Incéndiase a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos.
1865: Veteranos confederados da Guerra Civil Americana constitúen o Ku Klux Klan.
1906: Primeira emisión de radio, que consistiu na lectura dun poema, un solo de violín e unha alocución.
1907: A Ópera de París decide emparedar nun dos seus muros caixas que conteñen gravacións de grandes cantantes, a fin de que dentro de douscentos anos asombren aos melómanos.
1914: Ocorre un breve cesamento do fogo non oficial entre o Imperio Alemán e as tropas británicas estacionadas na fronte occidental durante a Primeira Guerra Mundial, este feito foi coñecido como "Tregua de Nadal".
1922: Nace Ava Gardner, actriz estadounidense.
1930: Nace Arsenio Iglesias, adestrador de fútbol galego.
1949: Nace Moncho Borrajo, actor e humorista galego.
1950: España e os Estados Unidos renovan as súas relacións diplomáticas.
1951: Libia alcanza a independencia de Italia.
1968: A tripulación do Apollo 8 entra en órbita ao redor da Lúa, sendo os primeiros humanos en logralo.
1971: Nace Ricky Martin, actor e cantante portorriqueño.
1980: Morre Karl Doenitz, almirante alemán.
2001: Sharon impide a Arafat a súa habitual asistencia á Misa do Galo en Belén.
2013: Augusto César Lendoiro comunica que non se presentará ás eleccións como presidente do real Club deportivo, entidade que leva dirixindo vintecinco anos.
~ ~ ~ ~ ~
A soidade é o comezo do amor, xa que sen distancias non hai amor. 
Baldwin
~ ~ ~ ~ ~

23 de decembro de 2025

23 de decembro de 2025

Tantos días de sol en nadal como de auga en San Xoán.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
245: Nace Zenobia, raíña de Palmira.
484: Morre Hunerico, rei dos vándalos e dos alanos.
1503: Nace Nostradamus médico e profeta francés.
1783: en EE. UU., George Washington depón os seus poderes, unha vez terminada a Guerra de Independencia.
1808: en España, custodiado polo exército francés José Bonaparte accede ao trono, outorgado polo seu irmán Napoleón Bonaparte.
1881: Nace Juan Ramón Jiménez, poeta español, Premio Nobel de Literatura en 1956.
1897: En Filipinas, o xeneral Fernando Primo de Rivera e o xefe independentista filipino Emilio Aguinaldo asinan o Pacto de Biak-na-Bato que, de momento, pon fin á insurrección.
1906: O rei español Alfonso XIII resolve mediante laudo o conflito fronteirizo entre Honduras e Nicaragua.
1910: En España, o Goberno de Canalejas aproba a «lei do cadeado», que impide o establecemento en España de novas ordes relixiosas sen a autorización expresa do Consello de Ministros.
Anuncio do 23 de nadal de 1913
1918: Nace Helmut Schmidt, chanceler alemán (1974 - 1982).
1933: Nace Akihito, 125° emperador de Xapón.
1950: Nace Vicente del Bosque, adestrador español de fútbol.
1967: Nace Carla Bruni, ex modelo e cantautora italiana. Primeira dama Francesa.
1973: Morre Urbano Lugrís, pintor.
~ ~ ~ ~ ~
As dúas máis importantes palabras do idioma inglés son: "enclosed check". 
Dorothy Parker.
~ ~ ~ ~ ~

22 de decembro de 2025

22 de decembro de 2025

Se polo Nadal neva, todo se aleda.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
69: Vespasiano é proclamado emperador de Roma.
1849: en Rusia, o escritor Fiodor Dostoievsky é indultado ante o pelotón que o ía fusilar.
1858: Nace Giacomo Puccini, compositor italiano.
1870: Morre Gustavo Adolfo Bécquer, poeta español.
1880: Morre George Eliot, escritora británica.
1885: It Hirobumi, un samurái, convértese no primeiro ministro de Xapón.
1894: Na Francia comeza o caso Dreyfus, cando Alfred Dreyfus é encarcerado por traizón.
1911: Nace Álvaro Cunqueiro, escritor e xornalista galego.
1915: Toca en Ferrol o primeiro premio da Lotería de Nadal. A dotación do Alfonso XIII vai ser coñecida pouco tempo despois, polos dentes de ouro de moitos dos seus integrantes.
1930: Morre Xosé Lesta Meis, escritor galego.
1933: As mulleres españolas votan por primeira vez nunhas eleccións lexislativas.
1949: Nacen Robin Gibb e Maurice Gibb, músicos e cantantes ingleses (Bee Gees).
1966: Nace María Pujalte, actriz española.
1971: O austríaco Kurt Waldheim é elixido novo secretario xeral da ONU.
1972: Son rescatados os 16 sobreviventes do voo 571 accidentado na cordilleira dos Andes con 36 persoas a bordo (para sobrevivir tiveron que comer carne humana).
1973: A OPEP duplica os seus prezos pola crise do petróleo.
1978: Arxentina planea unha invasión a gran escala contra Chile, planificada pola perda no litixio das illas Picton, Lennox e Nova.
Actividade do 22 de nadal de 1913
1989: a porta de Brandeburgo ábrese, acabando con 30 anos de división das dúas Alemanias.
1989: Morre Andrés do Barro, cantautor galego. Morre Samuel Beckett, escritor irlandés, premio Nobel de Literatura en 1969. 
2012: Fin dun período dun sol no calendario maia. Algúns decían que era a fin do mundo.
~ ~ ~ ~ ~
Os mellores médicos do mundo son os doutores dieta, repouso e alegría. 
Swift.
~ ~ ~ ~ ~

21 de decembro de 2025

21 de decembro de 2025

Chegou o solsticio de inverno, que corresponde ao instante en que a posición do Sol no ceo atópase á maior distancia angular negativa do ecuador celeste. Dependendo da correspondencia co calendario, o evento do solsticio de inverno ten lugar entre o 20 de decembro e o 23 de decembro todos os anos no hemisferio norte, e entre o 20 de xuño e o 23 de xuño no hemisferio sur.
~ ~ ~ ~ ~
Feira do Capón de Vilalba

20 de decembro de 2025

20 de nadal de 2025

O bo nabal comeza por Santiago e acaba con Nadal.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1073: Morre Santo Domingo de Silos, relixioso español.
1851: Nace Isabel de Borbón e Borbón, A Chata, filla da raíña Isabel II.
1907: Estreáse no Gran Teatro da Habana o Himno Galego perante máis de mil persoas que enchían a platea e palcos.
1909: a reivindicación do descubrimento do Polo norte por Frederick Cook é rexeitada por unha comisión de expertos.
1925: Nace Oriol Bohigas, arquitecto español.
1937: Morre Erich Ludendorff, militar alemán.
1946: Nace Dick Wolf, produtor estadounidense.
1946 - Batalla de Cambedo, exterminio bélico da guerrilla antifranquista da Raia Seca por militares portugueses e españois nesta aldea do concello de Chaves.
1948: Nace Alan Parsons, produtor, compositor e enxeñeiro de son británico.
1960: a Biblioteca Nacional de España compra o códice do Cantar de Mío Cid.
1963: Nace Elena de Borbón e Grecia, infanta de España.
1968: Morre John Steinbeck, novelista estadounidense, Premio Nobel de Literatura en 1962.
Anuncio 20 de nadal de 1913
1973: España, o presidente do Goberno español, Luís Carrero Branco, é asasinado cunha bomba pola banda terrorista ETA.
1975: Nace Ignacio Escolar, xornalista e blogueiro español.
1975: Os últimos soldados españois abandonan o Sáhara Occidental, tras a ocupación marroquí.
1996: Morre Carl Sagan, astrónomo estadounidense.
1999: Portugal devólvelle Macau á República Popular China.
~ ~ ~ ~ ~
Nada nos engana tanto como o noso propio xuízo. 
Leonardo da Vinci.
~ ~ ~ ~ ~