19 de setembro de 2024

Aforismos de Leonardo

609.- A pedra.- Unha pedra de bo tamaño, cuberta pola auga até facía pouco, mostrábase sobre un lugar elevado, no límite dun bosqueciño deleitoso e xunto a un áspero camiño. Rodeábanla herbas e diversas flores de belas cores, pero ao ver as moitas pedras que debaixo dela estaban espalladas no camiño, entroulle o desexo de deixarse caer sobre elas, dicíndose a si mesma: 

-Que fago eu aquí con estas herbas? É en compañía destas irmás miñas onde desexo instalarme. 

E, deixándose caer en efecto, foi terminar no medio delas a súa caprichosa traxectoria. Pasado algún tempo, as rodas dos carros, os pés dos viandantes, as patas ferradas dos cabalos, empezaron a darlle continuo traballo, e revolcada no lodo e pisada, cuberta de esterco, dirixía vanamente a súa mirada cara ao lugar de solitaria e tranquila paz que abandonara. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.