A gama cromática adquire unhas tonalidades radicalmente novas nesta escena de tons vermellos que se estenden sobre o fondo e as figuras. As tintas non son absolutamente planas, o pigmento intensifícase en determinadas zonas como as fazulas, para expresar volume en degradación tonal.
A posición das figuras abandona o hieratismo, sobre todo en dúas das princesas que rebuldan sentadas sobre uns coxíns. O gusto polo detalle mantense na decoración do fondo, coa descrición dos debuxos xeométricos e tamén das xoias.
A natureza tamén recibe especial atención nos muros do palacio da raíña Nefertiti, en Tell-el-Amarna. Represéntanse xardíns repletos de plantas e hai un estanque, no que revolotean múltiples paxaros. Estas escenas mostran ademais un vivo cromatismo e un debuxo solto. Os paxaros represéntanse voando libremente. A supremacía do deus Atón fai que o faraón pareza nestas pinturas máis humano. Tanto é así que a familia real foi pintada nos momentos máis íntimos da súa vida cotiá. Ambos os consortes foron, por tanto, reproducidos mostrando os seus vínculos afectivos e sentimentais. O ton intimista que caracteriza a estas representacións nunca fora plasmado con anterioridade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.