24 de setembro de 2022

Certame de Investigación histórica

Bases reguladoras do 

CERTAME DE INVESTIGACIÓN HISTÓRICA GÓMEZ PÉREZ DAS MARIÑAS.

Coa intención de fomentar o coñecemento da historia de Galicia, a Federación de asociacións e entidades culturais e deportivas de Galicia convoca o seu primeiro certame de investigación histórica organizado co apoio da Deputación da Coruña.  

En cada convocatoria o certame levará un nome distinto, correspondendo o desta edición a Gómez Pérez das Mariñas. Este personaxe foi de capital importancia na época da denominada Revolta Irmandiña e tamén na configuración da comarca das Mariñas coruñesas en boa parte grazas a voda da súa primoxénita, María, co primoxénito dos Andrade, Diego, o que levou a fusión de ámbalas dúas familias.

PRIMEIRO:

O obxecto do certame é premiar un traballo de investigación que recolla aspectos históricos, artísticos, arquitectónicos, etnográficos e do patrimonio cultural que neste 2022 terán relación con algún dos seguintes aspectos:

a) historia dalgún dos concellos das das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, reserva da biosfera. 

b) historia dalgún acontecemento da Revolta Irmandiña.

SEGUNDO:

Os traballos deberán presentarse en lingua galega.

TERCEIRO:

Poderán optar a este premio cantas persoas o desexen, de forma individual ou colectiva. 

CUARTO:

Aínda que a nosa intención é dotar economicamente este certame no futuro, nesta primeira ocasión o premiado recibirá 50 libros da tirada que se realice. O autor cede os seus dereitos sobre a primeira edición (500 ou 1000 exemplares) que se distribuirán de xeito gratuíto.

QUINTO:

Os traballos deberán:

a) ser orixinais e inéditos, non premiados noutras accións similares. 

b) ter unha extensión entre 60.000 e 100.000 caracteres (con espazos incluídos). 

SEXTO:

Valorarse a didáctica do traballo e a súa intención divulgativa, polo que deberán evitar, na medida do posible, un enfoque propio da investigación especializada. 

SÉTIMO:

Os traballos deberán ser entregados en soporte dixital (.docx, .pdf ou .odt).

No arquivo do traballo non deberá aparecer dato algún dos autores. 

Os datos persoais irán no texto do correo enviado a actividades@asencudega.org

OITAVO:

Prazo de presentación:

O prazo de presentación dos traballos estará aberto ata o 16 de novembro, Día Internacional do Patrimonio Mundial.

NOVENO:

O xurado será nomeado pola Xunta Directiva da federación. Serán o seu presidente e secretario quen ostenten os mesmos cargos na Xunta Directiva. As súas decisións serán inapelables. 

O fallo do xurado farase público no propio mes de novembro.

DÉCIMO:

Os traballos presentados, sexan premiados ou non, formarán parte do fondo documental da asociación e poderán ser publicados posteriormente con permiso dos autores.

DÉCIMO PRIMEIRO:

O posible acto de entrega do premio sería a finais do mes de decembro, 

DÉCIMO SEGUNDO:

Os imprevistos que poidan producirse serán resoltos pola federación.

A presentación ó premio supón a conformidade con estas bases por parte dos participantes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.