14 de outubro de 2018

ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA X

ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA X

Galicia o que foi, foi un espléndido pobo de mestizos foi un pobo, era coma un fondo de saco. De modo que alí chegaron Ligures, esta atestiguado; chegaron Ilirios está incluso atestiguado polo sustrato lingüístico, chegaron algúns Celtas, chegaron despois os Romás e non sabemos se puido vir algunha xente polo mar, porque máis tarde e cas mismas dificultades de navegación si viñeron. De modo que se atoparon os romás. e entón chegou un gran pueblo xermánico, xa digo, o máis noble o máis ilustre de tódolos pueblos xermánicos que se habían posto en camiño hacia o extremo Occidente, os suevos.

Eran poucos pero o seu rastro no país e verdadeiramente impresionsante impresionante. En primeiro lugar somáticamente pode dicirse que tódolos galegos louros e de ollos claros etc, nunha gran cantidade son de sangue gótico. En segundo lugar sendo poucos repartíronse perfectamente o país. A toponimia galega excepto a máis recente ou toponimia romá ou algunha moi rara, e case toda ela Gótica todos esos pobos por exemplo terminados en IZ, como Guitiriz, Villadriz, Goiriz, Romariz etc, pois o que son Romariz e un ... Curiz despois o mesmo que despois por exemplo en Castela de un Sancho fara un Sánchez, de un Fernando fara un Fernández etc.

Guitiriz é un Guntericus e Villaoudrio e un .... de modo que son todos eles nomes xermánicos co posesivo final IZ.

Son tamén góticos todos os nomes galegos que terminan en Il como Villamil, Prencesmil, Freixomil etc. todos estos. De moso que a xente era pouca pero a sua influencia foi enorme.

13 de outubro de 2018

Citas de Groucho Marx

Citas de  Groucho Marx
-Son tan vello que lembro a  Doris  Day antes de que fose virxe.

11 de outubro de 2018

Aforismos de Leonardo

333.- Se describes, oh, poeta!, unha sanguenta batalla no medio dunha escura e tenebrosa atmosfera, que ensombrecen o fume de terribles e mortíferas máquinas e o espeso rebumbio que levantan na súa fuga, toleada polo temor e a morte, os míseros combatentes, o pintor supérache tamén neste caso, porque a túa pluma consumiría todo a súa poder antes de que termines a descrición do que o pintor, coa súa ciencia, lograría representar inmediatamente, e a túa lingua verase impedida pola sede, e o teu corpo polo soño e a fame, antes de que mostres coas túas palabras o que o pintor mostra coa súa pintura nun instante. E nesa pintura só faltará a alma das cousas representadas. De cada corpo verase integramente todo o que un só aspecto pode revelar; ao paso que a poesía necesitará repetir, con longo e molesto esforzo os movementos dos actores do combate e describir en detalle os membros dos seus corpos e ornamentos; cousas todas que a pintura che pon por diante con tanta rapidez como verdade. Só botarás de menos nela o estrépito das máquinas, o clamor terrorífico dos vencedores, os berros e queixas dos vencidos; pero sobre todo o poeta non poderá tampouco representalo ao sentido do oído. Diremos, en resumo, que a poesía é cega, que opera principalmente sobre os cegos, e a pintura sobre os xordos; e por iso a pintura pode reclamar para si máis alta dignidade, xa que serve a un sentido superior. 

9 de outubro de 2018

A beleza xuvenil como símbolo de eternidade na escultura exipcia

A beleza xuvenil como símbolo de eternidade na escultura exipcia
O corpo humano novo é harmonioso e, tamén, símbolo de vida e á vez de eternidade. Por este motivo, as esculturas das tumbas representan sempre un modelo novo.
O grao de  idealización das figuras é proporcional ao rango que estas ocupan na escala social. Canto maior sexa a xerarquía do personaxe representado máis fidelidade observarase cara ás normas. De aí o que se encarne o esplendor corporal. Os corpos dos faraóns son, por tanto, fortes e ben proporcionados e presentan ademais unha harmonía de formas que expresan o vigor xuvenil.
A idea de mocidade aparece  magníficamente representada na Tríada do rei Micerino (Museo Exipcio, O Cairo),  dechado de beleza e perfección en pedra  granítica. O rei, que está representado de pé, avanza un pouco para destacarse das outras figuras femininas que lle flanquean e que quedan nun plano posterior. As tres figuras son paradigmas de mocidade e fermosura, especialmente os corpos femininos que están dotados dunha sensualidade extraordinaria. As formas se  modulan insinuando os volumes rotundos que hai baixo a transparencia do vestido. As figuras parecen avanzar en perfecta orde desde o plano do fondo. A  simetría ordena a representación no seu conxunto e en cada unha das súas unidades.

8 de outubro de 2018

ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA IX

ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA IX

As médulas no Bierzo, e unha das montañas Plinio dedicou unhas páxinas, unhas líneas, unhos párrafos verdadeiramente emocionante o traballo naquelas minas. Valerianos, cachearon tódolos montes e valeiraron totalmente aquela montaña de ouro, desvíaron o río Sil pra furar un monte e facer o que hoxe existe aínda Monte Furado, e poder meter por ahí o río e por outro lado poder aproveitar os venelos. Pódese asegurar, non se sabe dende logo que cantidades de Ouro podeiron haber podido salir de Galicia no século I, II do imperio. Pero pódese asegurar que saliu chámalle Otero Pedrayo a esa explotación mineira aurífera o "Clunique Galego" e e verda, saliu máis ouro dali, que puido haber salido de California nos días de (...) Galicia sostuvo económicamente co ouro das suas minas gran parte de política exterior romá no día de Trajano e de Adriano emperadores gloriosamente españoles píos felices (...)

Claro, entón aparecía o ouro en Galicia con certa frecuencia. Os celtas, os reises celtas tiñan Albinos. O albino din que ve o ouro na noite, e en tódalas lendas celtas hai sempre un rei que ten unha especie de Albino de cámara o que solta na noite, como se solta un can na hortta pra que vaia para ver se atopa ouro, e aparecen con moita frecuencia tesouros. Hai zonas en Galicia que son a de máxima densidá de achadegos de ouro, de toda a Europa Occidental. Esto fixo tamén non solo que se falara do Ouro dos celtas e que se repetira esta hasta saciedade senon dixo que en moitas aldeas galegas moi segredamente hai moita xente que ten escondido o libro de San Cipriano, "O Ciprianillo" donde da pelos e señales dos sitios en que se atopaban tesouros gárdanos os mouros. Algunhas veces pouces gárdanas as fadas, pero en xeneral o gardador dun tesouro é o mouro, hai que saber unhas determinadas palabras ou hai que sabendo as palabras se o mellor o tesouro está pechado entonces hi que .... as palabras cos dedos da boca e irlle dando unhas voltiñas hasta que un faga unha chave en cando ten a clave na man entonces abre a caixa do tesouro con ela.