21 de febreiro de 2018

Inicio de CRUMTUAR E A DEUSA

ANDRÉS DÍAZ SÁNCHEZ
CRUMTUAR E A DEUSA

A ampla pradaría aparecía cuberta dunha suave brétema azulada. O amencer tinguía de púrpura o metal dos guerreiros irlandeses: cascos repuxados, espadas, escudos tachonados de bronce, machadas dobres, mazas e coitelos longos como medio brazo. O exército dos Fillos de Dana, ao servizo do rei Nuada Mano de Prata, fixaba os seus oitocentos pares de ollos sobre as hostes dos firbolgs, a uns cincocentos metros de distancia. Non seria unha gran batalla, como a de Moytura, pero alí, naquel páramo de herba rabiosamente verde, velada pola néboa decadente, moitos homes morrerían e moitos outros gañarían un pedazo de gloria.

20 de febreiro de 2018

Ciorán

Se Nietzsche, Proust, Baudelaire e Rimbaud sobreviven ás fluctuacións da moda, débenllo á gratuidade da súa crueldade, á súa cirurxía demoníaca, á xenerosidade da súa hiel. O que lle permite durar a unha obra, o que lle impide envellecer, é a súa ferocidade.
       
Afirmación gratuíta? Considérese o prestixio do Evanxeo, libro agresivo, libro venenoso entre todos.

19 de febreiro de 2018

Teatro Pardo Bazán

O teatro circo Emilia Pardo Bazán quizá foi o máis importante do seu xénero en Galicia e foi inaugurado en 1903.

Realmente o primeiro nome que se pensou foi do de Concepción Arenal, pero a familia da homenaxeada exeitou esta posibilidade e así lle deron o nome da escritora coruñesa.

Estaba situado no solar que hoxe ocupa a Autoridade Portuaria. Situábase así preto do Peirao de Ferro, un dos sitios de paseo dos coruñeses. Foi un adiantado sobre outros edificios de ocio como A Terraza, do 1905, o Quiosco Alfonso no 1912, o Pavillón de Liño Pérez en 1913 ou o mesmo Atlántico Hotel, en 1925.

Pero un dos seus grandes problemas era a veciñanza do Teatro Principal, chamado dende 1909 Rosalía de Castro. Así a súa viabilidade estivo sempre en mínimos e xa en 1912 pensaron en instalar alí a Escola de Comercio. Mais en 1915 o Concello aprobou a súa demolición.

Deste xeito remataba a curta historia deste edificio.

18 de febreiro de 2018

VASCO PÉREZ PARDAL

VASCO PÉREZ PARDAL

De qual engano prendemos
aquí, non sab'el-Rei parte:
como leva quant'havemos
de nós Balteira per arte;
ca x'é mui mal enganado,
se lh'alguén non dá conselho,
o que ten cono mercado,
se lhi por el dan folhelho.

Balteira, como vos digo,
nos engana tod'est'ano
e non ha mesura sigo;
mais, par fe, sen mal engano,
non terría por guisada
cousa, se el-Rei quisesse
de molher cono nen nada
vender, se o non houvesse.

E somos mal enganados
todos desta merchandía
e nunca imos vingados.
Mais mande Santa María
que prenda i mal joguete
o d'Ambrõa, que a fode.
E ela por que promete
cono, poi-lo dar non pode?

17 de febreiro de 2018

Inicio de RETRANSMISION ETERNA

RETRANSMISION ETERNA
Eric Frank Russell

 Pola gran cinta de cemento da pista viña ruxindo o Stutz Special de dobre cilindrada de Sampson. Detrás, acurtando gradualmente a distancia que os separaba, tronaba a «Bala de Prata», piloteado por Stanley Ferguson. As exclamacións de alento dunha multitude de afeccionados eran afogadas polos crecentes bramidos dos escapes que botaban chamas, mentres os dous punteiros lanzábanse cara ao final da recta. As bandeirolas axitábanse atrasados nas tribunas como juncos nos remolinos dunha corrente treboenta.

Ambos os corredores eran tolos pola velocidade, e como tolos tomaron a curva final. No alto do cóbado separáronse sonoramente, Ferguson tratando de pasar coa trompa do seu coche a cola do outro, Sampson empregando toda a súa fibra para impedir que o pasase. As rodas, con veloces sombras por raios, viraban vertixinosamente a un pé do bordo do terraplén.

Entón sucedeu.

16 de febreiro de 2018

Poucas fontes

Un dos problemas de achegarse á historia dos Irmandiños e a escaseza de fontes. Nesta web tentaremos ir publicando semanalmente algunha curiosidade e dato do proceso, ás veces contrapostos, xa que estas poucas fontes foron obxecto de diverxentes interpretacións.

Os irmandiños fixéronse mais coñecidos cando se deu a coñcer a obra de Vasco de Aponte, "Relación dalgunhas casas e liñaxes do Reino de Galicia", que ainda que foi escrita non moito despois dos feitos, non veu a luz en publicación ata 1872.

A outra fonte principal foi a transcrición do preito Tabera-Fonseca, publicado xa a finais do século XX. O Tabera-Fonseca é un documento único que recolle os testemuños deste periodo.

Sería o desexable contar con máis material de estudo, que permitira anzalizar mellor os feitos.

15 de febreiro de 2018

Ciorán

Só cultivan o aforismo os que coñeceron o medo no medio das palabras, ese medo a derrubarse con todas as palabras.