14 de febreiro de 2018

Eric Frank Russell

Eric Frank Russell

Eric Frank Russell (Sandhurst, Surrey, 6 de xaneiro de 1905 - 28 de febreiro de 1978) foi un escritor inglés coñecido polos seus relatos curtos de ciencia-ficción.

Fillo dun instrutor da Royal Military Academy, en 1934, mentres vivía preto de Liverpool, leu en Amazing Stories unha carta dun tal Leslie J. Johnson, un lector que vivía preto del. Russell púxose en contacto con Johnson e este animoulle a converterse en escritor. Xuntos escribiron a novela Seeker of Tomorow, publicada en Astounding e foron membros da British Interplanetary Society. A súa primeira novela en solitario, Sinister Barrier, foi publicada no primeiro número de Unknown en marzo de 1939.

Durante a Segunda Guerra Mundial serviu na Royal Air Force como enxeñeiro. Desde finais dos anos 1940 traballou exclusivamente como escritor, participando activamente en varias asociacións de ciencia ficción.

13 de febreiro de 2018

Ciorán

Con certezas, o estilo é imposible: a preocupación pola expresión de quen non poden durmirse nunha fe. A falta dun apoio sólido, aférranse ás palabras -sombras da realidade-, mentres os outros, seguros das súas conviccións, desprezan a súa aparencia e descansan comodamente no confort da improvisación.

12 de febreiro de 2018

Miramar

En Riazor existía un xardín cercano á praia, onde eran moi aprezadas as hortensias. O lugar era coñecido como Paseo de Miramar e discurría cerca do chamado Paque de Riazor, onde xogaba o Deportivo.

Os coruñeses tiñan neste espazo un dos seus lugares favoritos para o ocio.

11 de febreiro de 2018

ROI QUEIMADO

ROI QUEIMADO

Don Marco, vej'i eu muito queixar
Don Estevan de vós, ca diz assí
que, pero foi mui mal doent'aquí,
que vos nunca quisestes trabalhar
de o veer, nen o vistes; mais ben
jura que o confonda Deus por én,
se vos esto per casa non passar.

Qual desdén lhi vós fostes i fazer
nunca outr'hom'a seu amigo fez;
mais ar fará-vos ele, outra vez,
se mal houverdes, non vos ar veer;
ca x'é el home que x'ha poder tal,
ben come vós, se vos ar veer mal,
de vos dar én pelo vas'a bever.

Diz que o non guíi Nostro Senhor,
se vos mui ced'outro tal non fezer
(non vos veer quando vos for mester)
poi-lo non vistes; aínd'al diz peior,
un verv'antigo, con sanha que ha:
"Como lhi cantardes, bailar-vos-á",
ca non ha por que vos baile melhor.

10 de febreiro de 2018

Inicio de O caso do radiador escondido

O caso do radiador escondido
Detective: Dr. Jan Czissar
Eric Ambler

O comisario auxiliar Mercer non adoitaba asistir a xuízos; non formaba parte do seu deber facelo. E o feito de que aquela brumosa mañá de decembro estivese sentado na sala dun tribunal de suburbio de Londres no canto de acharse na súa oficina de New Scontland Yard, debíase exclusivamente a circunstancias excepcionais.

Sobre a devandita excepcionalidade non había a menor dúbida. Dábase o caso  de que parecía que un asasino ía escaparse das consecuencias do seu crime, e que Scontland  Yard non podía facer nada respecto diso. 

En 1933, a esposa de Mr. Thomas, químico industrial que vivía nunha cidade dos Midlands, morrera no baño por mor dun envelenamento de monóxido de carbono. No sumario a morte achacouse un defecto da quentador da auga.

Tres meses antes, Mr. Jones asegurara a vida da súa muller en 5.000 libras, pero aínda que a policía considerou a posibilidade de que o fose o causante do devandito defecto, non se atopou ningunha proba. Pronunciouse pois o veredicto de morte por accidente.

...

9 de febreiro de 2018

O rei implicado

Como xa vimos A Gran Guerra Irmandiña (1467-1469), foi sucesora da chamada Irmandade Fusquenlla que actuara anos antes. Ambos os movementos foron idealizados, entre outros polo historiador Benito Vicetto, de quen xa falaramos e tamén por moitos outros que, interesados en dar a coñecer a vizosa historia do medievo galego, converteron estes deitos en referentes históricos inesquecibles.

Así, no imaxinario popular, xa ten callada a idea desta Revolta fonte á tiranía da nobreza.

Por coincidir en poucos anos coa "doma e castración" de Galicia por parte dos Reis Católicos, ás veces o movemento é tido por un movemento autonomista, cando realmente parece ser que estivo apoiado en todo momento polo rei, como xa contamos, Enrique IV.

8 de febreiro de 2018

JOÁN PÉREZ DE AVOÍN

JOÁN PÉREZ DE AVOÍN

Cavalgava noutro día
per o caminho francés
e ua pastor siía
cantando con outras tres
pastores e non vos pes,
e direi-vos toda vía
o que a pastor dizía
aas outras en castigo:
«Nunca molher crea per amigo,
pois s'o meu foi e non falou migo».

«Pastor, non dizedes nada,
diz ua d'elas entón,
se se foi esta vegada,
ar verrá-s'outra sazón,
e dirá-vos por que non
falou vosc', ai ben talhada,
e é cousa máis guisada
de dizerdes, com'eu digo:
Deus, ora veess'o meu amigo
e havería gran prazer migo».