31 de marzo de 2025

29 de marzo de 2025

Un relato fantasioso sobre Andrés Gaos

ANDRÉS GAOS E O INESPERADO ASUNTO DO HIMNO DO CENTENARIO


Podería dicirse, sen medo a errar, que Andrés Gaos nunca tivo a intención de converterse en compositor de himnos patrióticos. De feito, se alguén lle preguntara cando era un mozo de bigote incipiente na Coruña se algunha vez escribiría a banda sonora do centenario da independencia dun país, seguramente tería respondido cun arqueo de cellas e un educado “non me faga rir, bo home”.

E, con todo, aquí estamos.

A historia comeza, como outras boas historias, cun barco e un mal entendido.

Cando o noso Andrés, violinista virtuoso e amante de traxes ben cortados, embarcou cara a Arxentina, a súa intención era clara: conquistar a escena musical porteña, tocar en salóns de luxo e, se era posible, evitar calquera tipo de traballo honesto e esgotador. Pero un pequeno problema burocrático —parece que alguén confundira o seu nome cun certo Andrea Galo, un italiano compositor de marchas militares— fixo que ao desembarcar en Buenos Aires o recibisen non con aplausos, senón cunha delegación oficial, un ramo de flores e un serio cabaleiro con mostacho que lle dixo:

—Señor Gaos, é un honor telo connosco. O país enteiro espera con entusiasmo o seu himno.

Andrés, que acababa de baixar do barco cun violin nunha man e unha certa sensación de mareo, considerou brevemente preguntar o motivo da recepción. Pero había coches agardando, unha posibilidade de cea gratis e, sobre todo, non parecía haber forma educada de dicir “Paréceme que vostede pensa que son outra persoa”.

Así que asubiou con elegancia, meteu o violín baixo o brazo e dixo:

—Pois claro. O himno. Marabilloso.

E foi así como se viu, contra toda lóxica, nun elegante salón cun piano desafinado e varias persoas ben vestidas que agardaban que producise unha oda musical á grandeza da nación arxentina. Andrés fixo o que calquera galego sensato faría nesa situación: pediu viño e comida, fixo tempo e tratou de lembrar todas as melodías que coñecía que soasen remotamente heroicas.

—Non pode ser algo demasiado alegre —pensou— porque un himno debe ter gravidade. Pero tampouco algo demasiado triste, que para iso xa temos a morriña galega.

Durante días, as noticias da súa “composición” espalláronse nos xornais. Damas da alta sociedade acudían a velo traballar, emocionadas co seu talento. Uns poucos políticos discutían se o himno debería incluír referencias a “gloria”, “valentía” e, por algunha razón que ninguén entendía, “a cría do gando bovino”.

Finalmente, unha tarde de inspiración e desespero, Andrés sentou ao piano, pechou os ollos e, nun arrebato de xenialidade ou de puro pánico, creou unha melodía que tiña un aire de maxestade, con suficientes trinos e notas longas para soar digna, e unha certa dozura melancólica que fixo que a sociedade porteña suspirase de emoción.

—Un xenio! —berrou un ministro.

—É coma se captase a alma mesma da Arxentina! —dixo unha señora, secando unha bágoa.

Andrés sorriu e dixo algo intelixente, como “Eeehh… si, claro.”

O himno foi estreado con gran pompa e aclamación. Andrés Gaos foi celebrado, brindaron por el e ofrecéronlle dirixir a Academia de Música Nacional. El, por suposto, aceptou con humildade e deixou que a confusión burocrática seguise o seu curso, evitando calquera situación que implicase marchas militares ou discursos oficiais.

E así foi como un violinista galego, por pura casualidade e un talento excepcional para saír ben parado dos enredos, acabou creando a banda sonora dun centenario que non esperaba celebrar.

(Agardamos leras hai uns días a biografía real de Andrés Gaos).

28 de marzo de 2025

Adestramento especial

Este sábado no Centro Comercial Los Rosales temos a xornada final da Liga Colexial, cun torneo individual, destinado aos que participaron nalgunha das xornadas anteriores desta proba.

Pero ademais aproveitaremos para realizar un adestramento especial para os xogadores de Xogade dos equipos nos que participan os membros de Sporting Club Casino, CIDU e Xadrez das Mariñas.

O adestramento, que será unha pequena explicación de conceptos básicos, videos e resolución de problemas será de 18,30 a 20,30. Ademais daremos unhas pequenas instruccións para adestrar nos 7 días que quedan para a fase intercomarcal o sábado 5 de abril ás 11,00 horas.

27 de marzo de 2025

Aforismos de Leonardo

629.- O cangrexo.- O cangrexo mantíñase oculto baixo unha pedra e collía os peixes que penetraban no seu agocho. Sobreveu unha crecida, co seu devastador arrastre de pedras, as cales, rodando sobre o cangrexo, o despachurraron. 

26 de marzo de 2025

Andrés Gaos

Andrés Gaos Berea, nado na Coruña o 21 de marzo de 1874 e finado en Mar del Plata o 13 de marzo de 1959, foi un profesor de música, violinista e compositor galego-arxentino.

Andrés Gaos amosou aptitudes musicais xa de rapaz. En 1884 ingresou nun Centro Musical da Coruña. Posteriormente conseguiu unha bolsa da Deputación da Coruña e trasladouse a Madrid para continuar os seus estudos no Conservatorio. (1885-89) De regreso á Galicia conseguiu unha nova bolsa para realizar estudos en Bruxelas (1891-93). En 1893 viaxou a Cuba, en 1894 a México e en 1895 a Arxentina, e dedicouse a dar clases de música en Buenos Aires e Montevideo. En 1896 casou coa cantante América Montenegro, coa que tivo cinco fillos, e dende 1898 fixaron a súa residencia principal en Buenos Aires. En 1917 divorciáronse e Andrés casou con Luisa Guillochon (alumna súa), coa que tivo tres fillos, familia coa que se instalou en Gans, Francia, entre 1925 e 1933.

A súa actividade, a partir de 1933, desenvolveuse fundamentalmente na Arxentina, aínda que en ocasións visitou a súa cidade natal. Contra 1899 publicou obras para canto e piano e unha habanera para violín e piano. Entre 1912 e 1916 compuxo un bo número de cancións, unha das cales foi premiada pola Asociación Wagneriana de Buenos Aires. En 1916 obtivo un premio en Tucumán pola música e letra do himno oficial do Centenario da Independencia Arxentina. En 1917 compuxo Elegía para piano e violín, dedicada a Pau Casals que nunca a interpretou.

Como compositor, destacan obras como a Sinfonía nº 2 En las montañas de Galicia, Crepúsculo en la Alhambra, Aires gallegos, Impresión nocturna, Miniaturas, Tormenta, Marcha fúnebre, Sonata opus 37, a xota para piano Lieder e a ópera Amor vedado, Allegro para Violín e Orquestra, Opus 24 (Buenos Aires: 1904) Sinfonía en la menor (Buenos Aires: 1904), Humoresca para violonchelo e piano (Buenos Aires: 1904), Romanza para Violino e Piano, Impresión Nocturna. Ademais, dirixiu en tres ocasións orquestras sinfónicas en Buenos Aires e París.

Algunhas destas obras están gravadas en disco pola Orquestra Sinfónica de Galicia, baixo a dirección de Víctor Pablo Pérez, quen ten estreado a práctica totalidade da obra orquestral e lírica de Andrés Gaos.

25 de marzo de 2025

Resume Liga e Xogade

Na pasada fin de semana rematamos a Liga Galega de Xadrez e tamén a participación de xogadores do Casino no programa de deporte escolar da Xunta - Xogade.

Neste espazo facemos unha memoria para ter recollido o mais interesante deste ano.

Imos coa Liga:

Finalmente o equipo quedou terceiro. 


Foi un ano de mellora para moitos dos nosos xogadores


E agora imos co Xogade:

Varios dos nosos xogadores participaron con éxito nos torneos escolares. Agardamos que todos o pasaran ben.

O mais destacado a priori son os seguintes datos:

Na Coruña, Alonso particpou no equipo do CIDU que quedou segundo e clasificou para a fase comarcal.

En Cambre, no torneo promoción o segundo posto foi para Fran, un gran resultado.
En categoría benxamin o mellor dos nosos xogadores foi Jorge que logrou gañar nas seis partidas en xogo.
En categoría benxamin non tivemos unha actuación destacada, pero este ano era un grupo difícil e os nosos xogadores competiron notablemente, logrando algunas victorias sobre xogadores a priori superiores.
En alevín Sergio estuvo no equipo que quedou en segundo lugar.

En xeral, tanto na Liga como en Xogade, foi bastante ben pero agardamos mellorar no 2026.

Aínda que antes algúns dos nosos xogadores de Xogade poden darnos mais alegrías na fase intercomarcal que se celebrará o sábado 5 de abril, entre os mellores equipos.

24 de marzo de 2025

22 de marzo de 2025

22 de marzo

1897: Concurrido enterro na Coruña do seu gran filántropo Eusebio da Guarda.

21 de marzo de 2025

21 de marzo

1620: Filipe III dispón a creación dunha escola de navegación na Coruña baixo o nome "Seminarios de muchachos de mar".

20 de marzo de 2025

Aforismos de Leonardo

628.- A araña.- A araña, querendo envolver á mosca nas súas redes traidoras, pereceu cruelmente entre elas, morta polo zángano. 

19 de marzo de 2025

Xoan de Gante

Xoan de Gante como Rei en España

Tras o seu casamento con Constanza de Castela en 1371, Xoán asumiu (oficialmente a partir do 29 de xaneiro de 1372) o título de rei de Castela e León en dereito da súa muller, e insistiu que os seus compañeiros nobres ingleses se dirixisen a el como "o meu señor de España". A partir de 1372, Xoán reuniu arredor de si unha pequena corte de cabaleiros e damas casteláns refuxiados e estableceu unha chancelería castelá que elaboraba no seu nome documentos segundo o estilo de Pedro de Castela, datados pola época castelá e asinados por el mesmo coa fórmula española "Yo El Rey".

Foi só en 1386, despois de que Portugal baixo o seu novo rei Xoán I entrara nunha alianza total con Inglaterra, cando puido desembarcar cun exército en España e montar unha campaña polo trono de Castela (que finalmente fracasou). Xoán partiu de Inglaterra o 9 de xullo de 1386 cunha enorme flota anglo-portuguesa que levaba un exército duns 5.000 homes ademais dunha extensa familia "real" e a súa muller e fillas. Deténdose na viaxe para usar o seu exército para expulsar ás forzas francesas que entón estaban asediando Brest, desembarcou na Coruña, no norte de España, o 29 de xullo.

O rei castelán, Xoán de Trastámara, esperaba que Xoán desembarcase en Portugal e concentrara as súas forzas na fronteira portuguesa. Equivocou. Pois o de Lancaster invadiu Galicia, o máis afastado e desafecto dos reinos da coroa. De agosto a outubro, Xoán de Gante estableceu en Ourense unha rudimentaria corte e chancelaría e recibiu a submisión da nobreza galega e da maioría das vilas de Galicia, aínda que condicionaron a súa homenaxe a que fose recoñecido como rei polo resto. Mentres Xoán de Gante apostara por unha primeira batalla decisiva, os casteláns non tiñan présa por unirse á batalla e comezou a ter dificultades para manter unido o seu exército e pagalo. 

En novembro, coñeceu ao rei Xoán I de Portugal (e xa van tres xoanes na historia) na Ponte do Mouro, no lado sur do río Miño e concluíu un acordo con el para facer unha invasión conxunta do centro de Castela a principios de 1387. O tratado foi selado polo casamento da filla maior de Xoán, Filipa, co rei portugués. A campaña de abril-xuño de 1387 foi un fracaso. Os casteláns negáronse a ofrecer batalla e as tropas galaico-anglo-portuguesas, ademais dos asedios que perdían o tempo ás cidades fortificadas, víronse reducidas a buscar alimento na árida paisaxe castelán. 

Foron acosados ​​principalmente por mercenarios franceses do rei castelán. Moitos centos de ingleses, incluídos amigos íntimos e criados de Xoán de Gante, morreron de enfermidade ou esgotamento. Moitos desertaron ou abandonaron o exército para ir cara ao norte baixo o salvoconduto francés. Pouco despois de que o exército volvese a Portugal, Xoán de Gante concluíu un tratado secreto con Xoán de Trastámara en virtude do cal el e a súa muller renunciaban a toda reclamación ao trono castelán a cambio dunha importante paga anual e do casamento da súa filla Catalina co fillo de Xoán de Trastámara, Henrique.

18 de marzo de 2025

Torneo de Beltaine

Do mesmo xeito que fixemos en semanas pasadas, seguimos no periodo de adaptación á Liga Galega de Xadrez, polo que seguimos con torneo de lentas con anotación.

Os xogadores anotarán as partidas para que poidan facer analise despois dos seus acertos e erros. Todos os martes haberá unha pequena explicación de 19,00 a 19,15 e posteriormente disputaremos a rolda diaria.

TORNEO DE XADREZ DE BELTAINE

Igoal que fixemos co anterior, imos darlle a actividade un nome; Torneo de Beltaine, outra antiga festividade céltica que se celebraba na noite do día 1 de maio (a noite anterior), con festas que seguramente son parte das actuais celebracións de San Xoán e que orixinou moita literatura fantástica, mesmo en Harry Potter.

Ritmo das partidas: 45 minutos por xogador

Días de xogo:
Marzo: 18 e 25 / Abril: 1, 8, 22 e 29. En vez das cinco roldas do ano pasado serán seis, para rematar xusto co mes de abril.

Horario das partidas: 19,15 en adiante.

Emparellamentos: Sistema suízo a seis roldas. Dado que está dentro da actividade dos Martes de Xadrez no que a participación varía dunha semana para outra os emparellamentos de cada rolda realizaranse cinco minutos antes do inicio de cada rolda cos xogadores presentes nese momento na sala. 

Participación: Aberta a tódolos interesados teñan ou non licencia federativa ou vaian ou non xogar a Liga. Admitiranse novos xogadores ao longo de todo o torneo sempre que estean presentes no emparellamento semanal. 

Cota: De balde. A actividade está dentro da programación da nosa escola gratuita co apoio da Deputación da Coruña.

Premios: O gañador do torneo levará un trofeo como vencedor destas xornadas lúdicas.

15 de marzo de 2025

15 de marzo

1525: Bula de Clemente VII autorizando a Alonso III Fonseca á creación dun colexio en Santiago de Compostela, que había de dar orixe á Universidade Compostelá.

14 de marzo de 2025

14 de marzo

1912: Morre en Madrid, sendo o seu gobernador civil, Juan Fernández Latorre. Este empresario e político foi o creador de La Voz de Galicia.

13 de marzo de 2025

Aforismos de Leonardo

627.- Os tordos e a lechuza.- Os tordos viron con moita alegría que un home se apoderaba dunha lechuza e privábaa da súa liberdade, ligándolle as patas con fortes lazos; a cal lechuza, con axuda do visco, foi causa de que os tordos perdesen non só a súa liberdade, senón tamén a súa propia vida. Devandito para aqueles pobos que se regocijan vendo aos seus gobernantes sen liberdade, co que eles mesmos perden todo socorro e caen presa do inimigo, que lles arrebatará entón moitas veces, ademais da liberdade, a vida mesma. 

12 de marzo de 2025

Xoan de Gante

John of Gaunt ou Xoán de Gante, nado en Gante o 24 de xuño de 1340 e finado en Londres o 3 de febreiro de 1399, cuarto fillo do rei Eduardo III de Inglaterra e de Filipa de Hainault, foi o primeiro duque de Lancaster. 

Xoán tornouse duque de Lancaster en 1362, a través do casamento coa súa curmá Branca de Lancaster. En 1390 tornouse duque da Aquitania por doazón do sobriño Ricardo II de Inglaterra. Xoán de Gante foi o fundador da Casa de Lancaster, a facción encarnada da guerra das rosa. Era pai de Henrique IV de Inglaterra.

Despois da morte de Branca, Xoán de Gante casou en 1371 coa princesa Constanza, filla do falecido rei Pedro I de Castela, o Cruel ou o Xusticeiro, e envolveuse na complicada política castelá ao declararse pretendente da coroa castelá, rivalizando con Henrique de Trastámara. O ano seguinte, a posición inglesa foi reforzada co casamento de Edmundo de Langley, outro fillo de Eduardo III, con Isabel, irmá máis nova de Constanza. As súas intencións foron goradas polos Trastámara, mais Xoán continuou a influenciar a política ibérica. Cando estalou a crise dinástica de 1383-1385 entre Portugal e Castela, o duque apoiou a facción de Xoán, Mestre de Avis, do punto de vista político e militar, enviando unha división de arqueiros galeses. É da súa iniciativa que naceu o tratado de Windsor que confere a Inglaterra e Portugal o estatuto de aliados desde 1387. Para asinar este tratado, a súa filla máis vella, Filipa, casou con Xoán I de Portugal.

Despois da morte do seu irmán máis vello, Eduardo, o Príncipe Negro, o duque de Lancaster viu o seu poder incrementado. Foi este estatuto de privilexio que lle permitiu protexer o reformador relixioso John Wycliffe, cuxas ideas defendía. Os primeiros anos do reinado do seu sobriño Ricardo II, alcanzou o estatuto de tío favorito e conselleiro de confianza. Porén, algunhas medidas menos acertadas da súa parte fíxolle perder o apoio do rei e do pobo. En consecuencia, o seu pazo foi destruído por unha revolta popular en 1381. En 1386, Xoán é enviado para o continente como embaixador e en 1390 tórnase Duque da Aquitania, nun exilio disfrazado. Cando Xoán morre en 1399, Ricardo II declara a aprehensión de todas as súas propiedades, o que causa a revolta do herdeiro de Lancaster Henrique Bolingbroke, e, a medio prazo, o seu asasinato.

Xoán de Gante mantivo unha amante, Catarina Swynford, durante os derradeiros 30 anos da súa vida e con quen casou despois da súa viuvez. Os fillos desta unión, coñecidos como os Beaufort, foron entón lexitimados aínda que eliminados da sucesión ao trono. A pesar diso, o futuro rei Henrique VII de Inglaterra baseou a súa pretensión ao trono con base no seu avó, John Beaufort, fillo máis vello de Xoán de Gante e Catarina.

11 de marzo de 2025

Martes de Xadrez

Retomamos os Martes de Xadrez tras o descanso de entroido.

Este Martes será dos típicos; unha explicación de 19,00 a 19,30 e un torneo lóstrego despois.

As semanas pasadas disputamos o Torneo de Imbolc que tivo o seguinte resultado:

Resultados:

1 DIEGO,     5 11.0 16.5 19.0
2 GONZALO,     4 12.0 18.0 12.0
3 JULIO,     4 11.5 17.5 15.0
4 LINDA,     4 10.0 15.0 13.0
5 XABI,     3.5 13.5 19.5 13.0
6 SERGIO,     2 9.5 16.5 7.0
7 DARIO,     2 9.5 15.0 7.0
8 ESTEBAN,     1 7.5 11.0 1.0
9 NUNO,     0.5 7.5 12.5 1.5
10 LUCAS,     0 12.0 18.5 0.0
11 MATEO,     0 7.5 12.0 0.0
12 PABLO,     0 5.0 5.0 0.0
13 PEDRO,     0 3.5 3.5 0.0

Felicidades para Diego!

A vindeira semana empezaremos un novo torneo de lentas.

10 de marzo de 2025

Coruña en Sepia

Retomamos as fotos dos buses... este anda a pasar por unha zona onde se ven algúns cambios.

8 de marzo de 2025

As pezas de San Rosendo (relato)

Na ilustre e moitas veces húmida cidade de Santiago de Compostela, onde a pedra rezuma historia e as gaivotas conspiran nos aleiros, vivía Guillerme de Gante, un prateiro flamenco con máis paciencia que un santo e menos cartos que un monxe de votos perpetuos. O seu taller, un paraíso de martelos e limaduras de ouro, estaba estratexicamente situado a medio camiño entre a catedral e a taberna, aínda que el diría que se trataba de pura casualidade.

Guillerme era un home pragmático, como todos os bos ourives. Cría na precisión, na arte do relevo e en nunca confiar nun cliente que pedise fiado ou que pagase demasiado rápido. Descreído como era non cría nas pantasmas, ou polo menos, non ata que un bo día, cando estaba a traballar de noite nun anel, apareceuselle unha, con aspecto de vello resignado como alguén nunha misión importante, pero enfrontado co único home que non iba a escoitar.

—Guillerme —dixo a aparición, dobrando os brazos cun lixeiro tintineo metálico. Son San Rosendo, patrón de Celanova e moitas outras cousas importantes que non vou enumerar porque non teño toda a eternidade… bo, tecnicamente si, pero prefiro usar mellor o meu tempo.

Guillerme case non se sobresaltara, subiu a vista e frotou os ollos. Vivira cousas extrañas e días difíciles, pero isto era novo.

—Santo ou non, se non me traes un encargo cun bo anticipo de cartos, estou moi ocupado.

A pantasma de San Rosendo, que si era un santo pero tamén tiña a teimosía de abade nunha mala noite e o xenio da sua parte guerreira, non se desanimou.

—Necesito que fagas algo por min —dixo coa dignidade de alguén a piques de encargar algo monumental— Quero que repare as miñas pezas de xadrez.

Guillermo abreu un pouco mais os ollos.

—O qué?

— As miñas pezas de xadrez. Son de cristal de roca, das mellores que se fixeron nunca, e están no mosteiro de Celanova. Sufriron o paso do tempo, e por razóns que aquí non son relevantes, necesito que as fagades como novas pero en prata. É unha cuestión de honra e... algúns asuntos sobrenaturais complicados.

—Mire vostede, eu entendo de custodias, de cruces e de cálices, —dixo Guillerme, sinalando unha brillante peza de prata sobre a súa mesa, —pero non adoito traballar con pezas de xadrez espectrais.

O santo mirou para el. Noutros tempos, tempos de vida na terra, o seu báculo serviría para partirlle a testa a aquel impresentable. Ademais non tiña moi claro se Flandes estab cerca ou lonxe das terras dos vikingos cos que combatira de vivo. 

—Si, ben, tampouco adoito facer visitas nocturnas aos teimudos prateiros, pero aquí estamos. Non son espectrais, son de cristal. Faino e prometo que recibirás unha encarga que cambiará a túa vida.

Guillerme cavilou na proposta. San Rosendo e a súa familia foran extraordinariamente poderosos, e quen di poderosos di ricos, podridos de cartos, como lle gustaría estar a el. E así foi como Guillermo, de xa non tan mala gana e con tímidas protestas, aceptou facer a copia das ao parecer lendarias pezas de San Rosendo. 

Marchou para Celanova sen preguntarse, ata que xa estaba de camiño, como iba a convencer aos monxes do traballo que tiña que facer. Deu por sentado que non podía dicir nada dunha pantasma ou acabría pechado no mosteiro. Seguía rumiando estes pensamentos cando quedou fronte ao mosteiro e antes de golpear a porta, a mesma abriuse con estrépito. Un monxe miraba para él. Era novo, roibo e mirou para el compracido.

—Señor Guillerme, estabamos agardando por vos!

O plateiro quedou parvo un intre. Pero o monxe contestou axiña:

—Non pensará que o xefe só se presentou no seu taller.

Guillerme comprendeu e foi conducido a unha cela que tiña un pequeno taller ao carón, coas ferramentas precisas, que facían inútiles as que levara dende Santiago. Sobre unha mesa estaban as pezas do xogo. Durante semanas traballou tanto de día como á luz das velas, ás veces coa compaña mudo da pantasma que vixiaba os progresos. O artista estudaba a estrutura do cristal, reproducindo todo e pregando para que os bispos fantasmagóricos non foran morosos.

Cando unha noite rematou, a pantasma asentiu satisfeita e desapareceu.

A mañá seguinte, tras descansar longamente, ao abrir a porta atopouse co monxe roibo do primeiro día xusto diante. Guillerme pensou na curiosa circunstancia de que o monxe conseguira facelo asustar mais que a pantasma.

—Creo que xa remataches. Grazas por todo.

Guillerme quedou calado un momento. Dubidaba se estaba ante a persoa axeitada para facer a súa xusta reclamación.

—Si, so me falta cobrar e xa marcho de volta a Compostela.

—Cobrar? Diso non sabíamos nada. Eu viña reclamar os cartos da estadia e comida destes días.

Guillerme sentiuse desfalecer. A piques de poñerse a gritar a súa opinión dos ladrons, dos curas e doutros demos, o monxe volveu falar.

—Non, home non. Nótase ben que non es galego, que non aguantas a primeira coña. O xefe deixounos dito que te fagamos unha boa encarga; vas facer a nova cruz procesional en prata, pero xa pódeña facer no teu taller se queres.

E dito isto, deulle unha bolsa con moedas. Gillerme abriuna, veu o interior e quedou mais que satisfeito. Aquel traballo abriulle a posibilidade de traballar noutros mosteiros, moitos creados por San Rosendo ou a súa familia. Non volveu ver pantasmas e nunca entendeu por que un santo medieval preocupabase tanto polo seu xogo de xadrez nin a entender o humor da terra.

7 de marzo de 2025

Resultados Torneos de Entroido

O luns pasado celebramos a edición anual do Torneo de Entroido, previo á celebración da festa no Centro Comercial Los Rosales.
Estes foron os resultados. Houbo trofeos aos tres primeiros de cada tramo de idade.

CATEGORÍA ABSOLUTA, SUB14 E SUB12
1 RODRIGO PENA,   1800  5 15.0 5 9.5 15.0
2 JOAQUÍN DEL RÍO,  S12 1661  3.5 14.5 3 8.5 11.5
3 DIEGO RODRÍGUEZ,  S14   3.5 12.5 3 6.5 9.5
4 JOSÉ MANUEL LAMAS,  ABS 1498  3 15.5 3 8.5 9.0
5 RICARDO MORENO,  ABS   3 11.0 3 5.0 8.0
6 LINDA TRAUTVETTER,  ABS   2 13.0 2 8.5 8.0
7 KATIA ABELLAN,  S12   2 12.0 2 6.0 6.0
8 JOSE ANTONIO DEL RÍO,  ABS   1 12.0 1 7.5 4.0
9 ALEX ESPERON,  S12   1 10.5 1 6.0 1.0
10 ALBA GARCÍA,  ABS   1 9.0 1 5.0 3.0

CATEGORÍA SUB10 E SUB8
1 ABRAHAM PEREIRA,  S10 1422  5 14.0 5 8.0 15.0
2 NUNO MORO,  S8 1612  4 16.0 4 9.0 13.0
3 IKER LANDEIRA,  S10   3.5 12.0 3 7.5 9.5
4 JORGE ABELLAN,  S10   3 16.0 3 9.0 10.0
5 MARTIN PEREIRA,  S8   3 15.5 3 8.5 11.0
6 ÁLVARO MARTÍNEZ,  S10   3 12.0 3 7.5 8.0
7 LUCAS REY,  S8   2.5 13.0 2 8.5 6.5
8 VÍCTOR FLORIDO,  S10   2 14.0 2 8.0 7.0
9 MATEO FERNÁNDEZ,  S10   2 12.5 2 7.5 9.0
10 MANUEL VARELA,  S10   2 12.5 2 6.5 5.0
11 ALONSO CHAKKOR,  S10   2 10.5 2 6.5 4.0
12 MARTIÑO VARELA,  S10   1.5 8.5 1 5.0 4.0
13 ANDRÉS ESPASANDÍN,  S8   1 8.0 0 5.5 2.5
14 ROQUE CANDAL,  S10   0.5 10.5 0 6.0 0.5

Grazas a todos por participar. O próximo torneo por categorías nos Rosales será xa en xuño co Torneo de Primavera, no que o límite de inscrición xa será maior. 

6 de marzo de 2025

Aforismos de Leonardo

626.- A ostra e o cangrexo.- Na época do plenilunio, a ostra ábrese canto pode; o cangrexo, introducíndose entón un guijarro ou unha acha, que lle impide pecharse, devóraa. Tal ocorre a quen abre a boca e di o seu segredo para proveito do malintencionado auditorio. 

5 de marzo de 2025

Guillerme de Gante

Guillerme de Gante

Prateiro de orixe flamenga cuxa estancia en Galicia, con residencia en Santiago de Compostela (A Coruña), está documentada entre 1553 e 1579. Durante a súa vida profesional realizou custodias para a capela de Coiticela, na catedral de Santiago de Santiago, e cruces procesionales para, entre outras, igrexas de Santiago de Compostela, A Coruña, Pontedeume, A Coruña, e para os mosteiros de Santa María a Real de Oseira (San Cristovo de Cea, Orense) e San Salvador (Celanova, Orense). Adernas foi autor de varios obxectos de culto e ornamentación en Tui (Pontevedra), Viveiro (Lugo) e o mosteiro de San Martín en Santiago de Compostela. Morreu en 1579.

4 de marzo de 2025

Rematando o entroido. Xornada do Mércores.

O sábado publicaremos as clasificacións do Torneo de Entroido.

Hoxe só lembrar que por ser festivo non temos Martes de Xadrez.

Pero si o mércores unha xornada especial. Unha tarde de xadrez e xogos destinada de 17,00 a 19,00 aos xogadores que participen nos equipos de Xogade con CIDU e/ou Xadrez das Mariñas e cun torneo amigable posterior de rápidas para todos os interesados.

17,00-17,30: Elaboración de plans de xogo. Problemas.

17,30-18,00: Video de xadrez e comentario sobre o mesmo.

18,00-18,30: Competición de resolución de problemas.

18,30-19,00: Problemas para mate. Elección do problema do mes para o escaparate da Escola.

19,00-20,00: Torneo Suizo a 5 roldas para adestrar.

3 de marzo de 2025

Torneo de Entroido

En 2015 iniciamos o Torneo de Entroido, que nas primeiras edicións tivo lugar no Sporting Club Casino.

Dende hai anos celébrase no Centro Comercial Los Rosales, onde os xogadores de calquera idade poderán disputar as partidas e logo ir á festa de entroido do centro.

Nome do Torneo: TORNEO DE ENTROIDO

Data: 3 de marzo 2025.

Lugar: Centro Comercial Los Rosales. A Coruña.

Hora de inicio: 16,00.

Hora de entrega de premios aproximada: 18,00. 
Tras a entrega animamos a acudir á festa de disfrazaes no Centro Comercial.

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas.

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 5' + 3'' / 10' finish a decidir polo árbitro. (os organizadores poden non poñer reloxos nalgunha das categorías, especialmente sub8 e colocar só nas partidas que se alonguen).

Horario das roldas: 16,10 / 16,35 / 17,00 / 17,25 / 17,50.

Categorías: Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8. A realización de torneos distintos por idades o un grupo será decisión do árbitro.

Premios:
En cada categoría:
1º Clasificado: Trofeo con debuxo realizado por Felipe Senén.
2º Clasificado: Trofeo.
3º Clasificado: Trofeo.

Os participantes unha medalla por participar.

Cota: A cota de participación do torneo é de 5 euros.

Advertencia: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Inscrición: a través desta ligazón... PREME


1 de marzo de 2025

1 de marzo

San Rosendo ou Rudesindo de Celanova.
~ ~ ~ ~ ~
977: Morre Rosendo de Celanova, abade, bispo e conde galego.