6 de agosto de 2019

HISTORIA DA ARTE

Bandas horizontais e rexistros

En pinturas e relevos as imaxes disponse distribuídas en bandas horizontais, separadas por liñas. Estas composicións, construídas en rexistros superpuestos, normalmente deixaban un espazo central para unha escena de maior importancia. A representación estratificada reflicte uns hábitos propios da cultura agraria. Reprodúcense por tanto os terreos acoutados para os cultivos con precisión e exactitude.
Isto vese reflectido nas composicións pictóricas que seguen, practicamente sempre, unha rigorosa organización mediante a división da superficie plástica en bandas horizontais, sobre as que se sitúan as imaxes.
O espazo queda reducido a dúas dimensións esquematizadas e xeométricas. Dentro de cada unha das bandas as diferentes figuras e elementos tamén se organizan en sucesión, sen que exista unha relación entre eles.
Os fondos xeralmente non son figurativos, é dicir, non existe unha reconstrución escenográfica na que se desenvolve a acción. Tampouco hai unha concreción temporal. A única excepción é a escena simbólica do viaxe da alma, a escena dos pantanos, na que aparece unha paisaxe con paxaros, flores de loto e cañaverales.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.