26 de febreiro de 2026

Fragmento de Memorias dun Neno Labrego, de Xosé Neira Vilas


Cando rematou o entroido, unha mañá foron todos á igrexa. Con caras de ferreiro. Porque a xente é o demo. Meu pai tenme dito que nocine hai homes e mulleres que un veos chorar, ou rir, ou morrer, e que todo o fan de mentira. Disque non choran, nin rin, nin morren.
A xente por dentro debe andar triste ou leda por outras cousas, pero non cando llo manda o almanaque. A troula da mascarada, igualque a tristura da coresma, son para vestir por fóra, penso eu.
Dixo a madriña que o cura luxoulle a testa a todos cun chisco de borralla, mentres lles ía dicindo que están feitos de terra e que, máis tarde ou máis cedo, serán terra outra vez. Non sei a que vén ó caso. ¡Como non sexa un castigo por se teren divertido no entroido!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.