30 de novembro de 2022

Xadrez no acueducto

Pois chegados a este mes de nadal as distintas entidades que colaboran con AGAX teñen un calendario bastante amplo.
Nesta ponte en concreto hai que destacar o realizado polo CIDU nos seus torneos Maratón e Aniversario.

Imos con todo o que poderás facer en xadrez estes próximos días:

Venres 2 de decembro
Ás 20,00 no Centro Comercial Los Rosales torneo do Circuito de Outono de partidas rápidas.

Sábado 3 de decembro
Neste día moitos xadrecistas acudirán a Vigo á asemblea da federación Galega que debe escoller ao presidente. Tras a elección da asemblea hai unhas semanas o actual presidente conta cos apoios suficientes para ser reelexido.

Domingo 4 de decembro
Ás 17,00 Torneo de Outono no Centro Universitario de Riazor.

Luns 5 de decembro
Ás 18,00 empeza o Torneo Maratón. Son varios torneos, pero ten especial importancia o primeiro que é válido para ELO.

Martes 6 de decembro
Tanto se xogas o Torneo Maratón como se prefires ir despois de durmir o martes antes de xantar tes un torneo de damas e tamén outro torneo en ritmo blitz dentro das actividades do Maratón, válido para ELO.

E pola tarde dende as 17,30 no Sporting Club Casino terás o Torneo Aniversario do CIDU, válido para ELO.

Mércores 7 de decembro
Ás 19,30 teremos o Torneo Aniversario do CIDU en modalidade Blitz no Sporting Club Casino, válido para ELO.

Xoves 8 de decembro
Ás 17,00 no Centro Comercial Odeón en Narón o Torneo Aniversario do CIDU no Campus de Ferrol, válido para ELO.

Venres 9 de decembro
Ás 20,00 no Centro Comercial Los Rosales torneo do Circuito de Outono de partidas rápidas.

Sábado 10 de decembro
Ás 11,00 no Centro Comercial Los Rosales XI TORNEO DE NADAL

29 de novembro de 2022

Martes de xadrez

Hoxe é martes e temos un novo "Martes de Xadrez" no Centro Comercial Los Rosales

28 de novembro de 2022

Vocabulario médico galego

xiba




s.f. Avultamento anormal do peito ou do lombo causado por unha malformación no esterno ou na columna. Tamén se di chepa, corcova. // X. cardíaca Avultamento da parede torácica que presentan as persoas con hipertrofia e dilatación cardíaca como consecuencia dunha cardiopatía xuvenil. 

26 de novembro de 2022

XI Torneo de Nadal de Xadrez

O sábado 10 de nadal celebraremos a undécima edición do noso Torneo de Xadrez. Tras dous anos marcados pola COVID pretendemos neste nadal recuperar a normalidade.

Tras a primeira edición no Playa Club como unha iniciativa de varios clubes, e as dúas seguintes no MUNCYT repetimos de novo na que ven sendo a nosa casa dende hai xa 8 anos, no Centro Comercial Los Rosales, onde os xogadores de calquera idade poderán disputar as partidas deste torneo grazas ao apoio para as actividades de xadrez da SCD Palaestra.

Toda a información aparece no cartel que acompaña esta nova.

Nome do Torneo: XI TORNEO DE NADAL

Data: 10 de decembro de 2022.

Lugar: Centro Comercial Los Rosales. A Coruña.

Hora de inicio: 11,30.

Hora de entrega de premios aproximada: 19,30.

Sistema de xogo: Suízo a 6 roldas.

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 20 minutos a finish.

Horario das roldas: 11,30 / 12,15 / 13,00 / 17,00 / 17,45 / 18,30.

Categorías: Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.

Premios:

En cada categoría:
1º Clasificado: Trofeo.
2º Clasificado: Trofeo.
3º Clasificado: Trofeo.

Todos os participantes recibirán unha medalla.

Cota: Gratuito.
De xeito voluntario os participantes poden colaborar entregando comida para causa benéfica.



Advertencia: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Inscrición: a través desta ligazón... PREME

Hai un límite de participantes de 60 xogadores.

25 de novembro de 2022

Xadrez na fin de semana

Na páxina do CIDU (www.xadrezuniversitario.org) tes un avance do que vai ser a semana da ponte en canto a xadrez organizado por esa entidade.

Sábado 26/11/2022
Liga AGAX Sub12
16,00 - 17,00 Seguimos coa competición por equipos dos rapaces a través de internet.

Domingo 27/11/2022
Domingo Online. 
20,00 - 21,00 
A través de Lichess e o club CC Los Rosales.

24 de novembro de 2022

Aforismos de Leonardo

528.- Lumerpa.- Nace na Asia Menor. O seu corpo é tan resplandeciente que non proxecta sombra. Non perde a súa luz despois de morto. Non caen xamais as plumas, e se unha arríncaselle, deixa esta de resplandecer.