Por que estala na primavera de 1467 a insurrección galega da xente común? Os de abaixo, din eles mesmos, "non podían resistir" os agravios e as violencias e os tributos dos señores das fortalezas; os de arriba, con evidencia, non podían seguir gobernando da mesma maneira que no pasado.
Hai que dicir que a anarquía nobiliar é anterior ao levantamento xeral dos vasallos contra os seus señores. Resulta incuestionable a incapacidade histórica da nobreza galega, a finais da Idade Media, para gobernar o reino e exercer o seu dominio social sen unha violencia física desmesurada, respectando costumes e leis, isto é, conservando o respecto dos seus vasallos, o apoio da Igrexa, e, sobre todo, a unidade da clase señorial galega e o amparo da monarquía castelá. A revolución irmandiña é a consecuencia do fracaso irreversible dunha clase dirixente.
Carlos Barros
1 de decembro de 2017
30 de novembro de 2017
Fragmento de A Memoria do Boi
Memoria do Boi foi escrita por Xosé Vázquez Pintor, nado en Melide o 30 de novembro de 1946.
Na rúa do Peso da Fariña houbo corte con casa de muiñeiro, e nunca ao revés, porque a corte era a meirande e capaz de dar cabida a catro burros pedreses da orella cansada, con presebe cara á postura do sol, e dous mulos altos para facer as viaxatas á terra do millo e do centeo. As aceas, que foron de maré noutrora, pertencían de familia a don Amor de La Fuente Domínguez, xa vellote, que gastou tres mulleres propias coas que non tivo fillos. No casino chamábanlle o eunuco, cousa que el non soportaba e facíase ver pola cidade con impresionante paquete na entreperna. Os envexosos da Violiña deron en correr a voz de que estaba crebado. Cousa desmentida polas sucesivas esposas, en lerias e discusións ao efecto:
-Máis vale ter ca desexar.
—Pois dime onde, logo.
-No seu sitio xusto.
...

29 de novembro de 2017
COMER COMO CÓENGOS

Manuel Vázquez Montalbán
De crer a Castroviejo e Cunqueiro, todos os galegos comen como cóengos ou como cocoengos, e iso, tampouco. Certo é que os mitos sobre a cociña galega non son mitos; son certidumbres, e ata o século XXI houbo que esperar para que unha cociñeira como Toñi Vicente constrúa poesía experimental a partir das importantes materias primas comestibles e galegas. Un dos mitos verificados da cociña galega é a marisquería, que pouco despois da Creación emigrou ás rías e cantiis de Galicia para propiciar a mellor cociña marisqueira posible. É cociña cocer marisco ou asalo? Si é cociña a empanadería de marisco, e de toda ela inclínome relixiosamente, como só me inclinaría ante un caneo de Kubala, un encollemento de ombreiros de Rita Hayworth ou un cruzamento de pernas de Sharon Stone, pola empanada de berberechos, onde o millo e o berberecho conseguen a tan buscada unidade de destino no universal.
...
28 de novembro de 2017
27 de novembro de 2017
Inicio de Veredicto
VEREDICTO
Isaac Asimov
Era indubidable que Montie Stein, con fraudulenta astucia, roubara máis de cen mil dólares. Tamén era indubidable que o detiveran un día despois de expirar a lei de prescrición.
Pero o meollo do transcendental caso do Estado de New York contra Montgomery Harlow Stein, con todas as súas consecuencias, foi o modo en que Stein burlara o arresto durante ese período, xa que introduciu na cuarta dimensión a xurisprudencia.
O que fixo Stein, despois de cometer o desfalco e embolsarse os cen mil, foi meterse nunha máquina do tempo, da cal estaba en posesión ilícita, e programar os controis para sete anos e un día no futuro.

26 de novembro de 2017
PERO LAROUCO
PERO LAROUCO
De vós, senhor, quer'eu dizer verdade
e non ja sobr'o amor que vos hei:
senhor, ben moor é vossa torpidade
de quantas outras eno mundo sei;
assí de fea come de maldade
non vos vence hoje senón filha dun rei.
Eu non vos amo nen me perderei,
u vos non vir, por vós de soidade.
E se eu vosco na casa sevesse
e visse vós e a vossa color;
se eu o mundo en poder tevesse,
non vos faría de todos senhor
nen doutra cousa onde sabor houvesse.
E dua ren seede sabedor:
que nunca foi filha d'emperador
que de beldade peor estevesse.
Todos vos dizen, senhor, con enveja,
que desamades eles e mí non.
Por Deus, vos rogo que esto non seja
nen façades cousa tan sen razón:
amade vós o que vos máis deseja,
e ben creede que eles todos son;
e se vos eu quero ben de coraçón,
leve-me Deus a terra u vos non veja.
De vós, senhor, quer'eu dizer verdade
e non ja sobr'o amor que vos hei:
senhor, ben moor é vossa torpidade
de quantas outras eno mundo sei;
assí de fea come de maldade
non vos vence hoje senón filha dun rei.
Eu non vos amo nen me perderei,
u vos non vir, por vós de soidade.
E se eu vosco na casa sevesse
e visse vós e a vossa color;
se eu o mundo en poder tevesse,
non vos faría de todos senhor
nen doutra cousa onde sabor houvesse.
E dua ren seede sabedor:
que nunca foi filha d'emperador
que de beldade peor estevesse.
Todos vos dizen, senhor, con enveja,
que desamades eles e mí non.
Por Deus, vos rogo que esto non seja
nen façades cousa tan sen razón:
amade vós o que vos máis deseja,
e ben creede que eles todos son;
e se vos eu quero ben de coraçón,
leve-me Deus a terra u vos non veja.
25 de novembro de 2017
Castelo de Pambre
O castelo de Pambre é unha fortaleza situada na parroquia de Pambre (Palas de Rei).
O castelo é unha das mellores mostras da arquitectura medieval militar que existe en Galicia, e das poucas que quedaron en pé trala revolta irmandiña. Atópase en bo estado de conservación. A capela románica contida nas súas murallas é anterior á súa construción e foi durante séculos igrexa parroquial de Pambre baixo a advocación de San Pedro, patrón da parroquia de Pambre.
A súa sona aumentou tras a publicación no ano 1895 da novela O Castelo de Pambre, de Antonio López Ferreiro. Con anterioridade era coñecido como Fortaleza ou Torre de Pambre, e así aparece citada na cartografía e outra documentación dos séculos anteriores. Esta denominación aínda é habitual entre as xentes da Ulloa.
As lendas tradicionais din que a súa construción foi realizada polos mitolóxicos mouros nunha soa noite. A lenda devén do feito de ser construído de xeito apresurado por Gonzalo Ozores de Ulloa.
Durante anos, o lugar foi escenario das loitas entre Pedro O Cruel e Henrique II de Castela. Antes da súa construción tivo lugar á beira do río Pambre a batalla entre as tropas de Fernando Ruiz de Castro, partidario do asasinado en Montiel Pedro I e as tropas de Pedro Ruiz Sarmiento, Adiantado Maior de Henrique II. Derrotado De Castro, houbo de exiliarse a Portugal e posteriormente a Inglaterra, onde morreu.
Pero o Castelo foi construído a finais do século XIV por don Gonzalo Ozores de Ulloa, que pagara a súa lealdade ao bando do rei perdedor con varios anos de prisión. Tras ser liberado, tivo que loitar contra os Seixas que usurparan as súas terras, gañando nesas loitas as fortalezas de Curbián e San Paio de Narla. Cando xa se viu vencedor mandou construír este castelo, que máis tarde foi de novo escenario de loitas, as ocorridas entre a nobreza e o arcebispo de Santiago de Compostela, don Alonso III de Fonseca.
Foi un dos poucos castelos que non foron destruídos polos irmandiños, e salvouse grazas á astucia de Sancho Sánchez de Ulloa que tratou de falar cos sublevados nunha histórica reunión en Melide e que, ante as esixencias de que entregase o castelo, e temendo pola súa vida, decidiu fuxir, salvando a vida e o castelo, que foi respectado polos irmandiños.
A Xunta adquiriu o edificio que pasara por diferentes mans no 2011.
Á antiga Capela de San Pedro, posibelmente foi construída a finais do século XII en estilo románico, acaso erixida sobre de estruturas anteriores, habendo indicios dunha mámoa. Foi igrexa parroquial de San Pedro de Pambre e formou parte do patrimonio do Mosteiro de Samos. Nela Antonio López Ferreiro sitúa unha escena da súa novela O Castelo de Pambre. Orixinariamente de planta terrea, foi cuberta por lousame granítico, probabelmente a mediados da década de 1980, o que orixinou a intervención da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, prohibindo sucesivas intervencións privadas que puideran estragar oportunas investigacións arqueolóxicas (no subsolo da capela foi onde Manuel García Blanco descubrira a lápida do capitán Paio Varela e a súa dona Xoana).
Mais fotos.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)