21 de agosto de 2025

Aforismos de Leonardo

649.- Do ferro.- Os mortos sairán de baixo terra, e cos seus feros movementos expulsarán do mundo a innumerables criaturas humanas. 


14 de agosto de 2025

14 de agosto

1941: Estréase no teatro Mayo de Buenos Aires a obra de teatro Os vellos non deben de namorarse, de Castelao.

13 de agosto de 2025

13 de agosto

1882: A posta en escena na Coruña da obra A fonte do xuramento, constitúe a primeira representación teatral en galego da que hai noticia.

12 de agosto de 2025

12 de agosto

1856: Nace na Coruña Eduardo Dato, que chegará a ser presidente do goberno.


11 de agosto de 2025

11 de agosto

Santa Clara. Avogosa para o bo tempo. Por iso, para asegura-lo sol no día da voda é costume en Santiago e Pontevedra levar ovos a Santa Clara. Tamén, en Santiago, desde hai pouco pídeselle que interceda para conseguir boas notas nos exames.

9 de agosto de 2025

9 de agosto

1945: Unha bomba atómica estadounidense e lanzada sobre a cidade de Nagasaki, no Xapón, matando entre 60 mil e 80 mil persoas

8 de agosto de 2025

7 de agosto de 2025

Aforismos de Leonardo

648.- Das armas.- Obras do home causarán a súa morte: as espadas e as lanzas. 


6 de agosto de 2025

6 de agosto

1945: Estados Unidos lanza a primeira bomba atómica contra Hiroxima, no Xapón


5 de agosto de 2025

5 de agosto

1885: Sae na Habana o primeiro periódico escrito en galego; A Gaita Galega.

4 de agosto de 2025

4 de agosto

1883: Chega á Coruña o primeiro tren directo dende Madrid, quedando así Galicia comunicada por ferrocarril coa meseta. A inauguración oficial retrasouse a setembro. A viaxe foi unha proba.
1895: Inauguranse na Habana tres pavillóns da Casa de Saúde do Centro Galego, chamada "Benéfica".

2 de agosto de 2025

2 de agosto

1805: As escuadras española e francesa arriban ao Ferrol e á Coruña.

1 de agosto de 2025

1 de agosto

Lugnasad ou Lughnasadh (mitoloxía celta e Wicca)
Lug, o gran deus celta, foi asimilado ao Mercurio romano. A festa foi probablemente cristianizada na Asunción. Nas illas de Man o Lugnasad celebrábase o domingo seguinte ao 12 de agosto. O nome significa xogos ou asemblea de Lug. En textos irlandeses fálase de gran variedade de xogos. Brandub parece ser un xogo similar ás damas ou ao xadrez. Os banquetes eran importantes como forma de unión da tribo ou a aldea e ademais servían para redistribuír os botíns. Nestes era importante a presenza dos bardos, do viño, a cervexa e o hidromel.