27 de abril de 2025
25 de abril de 2025
Os irmandiños
O primeiro castelo en caer foi o Castelo Ramiro en Ourense, un castelo do que se dicía que fora creado polo rei Ramiro.
24 de abril de 2025
Aforismos de Leonardo
A formiga atopou un gran de millo, que sentíndose xa no seu poder, gritoulle:
-Se tes a ben deixarme gozar o pracer de reproducirme, eu devolvereiche cento por un.
E así foi feito.
23 de abril de 2025
23 de abril
1990: Fúndase a Asociación de Entidades Culturais e Deportivas de Galicia
22 de abril de 2025
Martes de xadrez
21 de abril de 2025
20 de abril de 2025
19 de abril de 2025
18 de abril de 2025
17 de abril de 2025
Aforismos de Leonardo
16 de abril de 2025
Eduardo Gasset Y Artime
Traballou dende moi novo no Banco San Fernando e no Ministerio de Facenda. Como político comezou a súa carreira na Unión Liberal. Foi deputado por diversas circunscricións, entre elas varias veces por Padrón. Concelleiro do Concello de Madrid, exerceu en 1872 como Ministro de Asuntos Exteriores, cargo do que renunciou pola súa disconformidade co Goberno sobre a abolición da escravitude, polas consecuencias que podería ter na situación de Cuba e Puerto Rico.
Dirixiu El Eco del País, fundado en 1862,4 e, posteriormente, fundou o xornal El Imparcial en 1867, xornal de tendencia liberal e un dos xornais máis influentes da España de finais do século XIX e principios do XX. Foi protector de Valle-Inclán. Vivía no pazo da Torre de Xunqueiras.
En 1872 foi nomeado senador pola provincia de Teruel e posteriormente foi nomeado senador vitalicio (1883-1884).
Foi padre do tamén político Rafael Gasset Chinchilla e de Dolores Gasset Chinchilla, que foi a nai de José Ortega y Gasset.
15 de abril de 2025
Xogos
Por exemplo este mércores teremos Carcasonne... coñeces este xogo?
14 de abril de 2025
Coruña en cor
Dicíamos que era un antigo cine na rúa Real.
Algún pensou no Paris, pero non, estaba no outro extremo. Era o Savoy.
Sabes onde estaba este cine?
13 de abril de 2025
12 de abril de 2025
11 de abril de 2025
Actividade en Semana Santa
Luns 14, dende as 17,00
Aperturas e Problemas - Partidas de 4 en liña - Torneo Come Come
Medio xogo e problemas - Montaxe Lego - Partidas de Damas (e despois Dominó para os maiores)
Finais e problemas - Partidas de Carcasonne
Cota: 2 euros.
Premios: Trofeo para os tres primeiros clasificados.
10 de abril de 2025
Aforismos de Leonardo
Vendo como tallaban nunha perira, o loureiro e o mirto, gritaron con altas voces:
-Oh, pereira! Onde vas? Onde está a altanería que mostrabas cando te vías cargada de maduros froitos? Xa non poderás facernos sombra coa túa frondosa copa!
A pereira respondeu entón:
-Eu irei co labrego que me corta, e que me levará ao taller dun óptimo escultor, o cal me dará artisticamente a forma do deus Xúpiter; e serei consagrado no templo e adorado como o mesmo Xúpiter, mentres vós, estragados e desposuídos das vosas amas, servirédesme de ornato, posto en torno meu polos homes para honrarme.
9 de abril de 2025
Bartolomeu García de Nodal
Bartolomé faleceu o 5 de setembro de 1622 nos caios de Matacumbé e la Tortuga, a 30 leguas da Habana, no naufraxio do galeón Nuestra Señora de Atocha.
Na memoria de Bartolomé é Gonzalo, foi bautizado o buque de salvamento e apoio Irmáns García Nodal, do servizo de gardacostas da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.
8 de abril de 2025
Martes de xadrez e xogade
Será unha partida lenta dentro do torneo que estamos disputando.
A vindeira semana teremos actividade especial que anunciaremos este venres.
Por outra banda comentar os bos resultados dalguns dos rapaces que asisten aos Martes de Xadrez. Varios deles participaron en equipos que xogaron o pasado sábado na fase intercomarcal cos mellores desta zona. De feito houbo xogadores en seis dos doce equipos.
E de todos os premios logrados troxemos dúas novas copas para a Sala de Xadrez.
7 de abril de 2025
6 de abril de 2025
5 de abril de 2025
4 de abril de 2025
3 de abril de 2025
Aforismos de Leonardo
-Non te avergoñas, olmo, de estar diante de min? Pero agarda a que os meus fillos cheguen á súa idade madura, e verás logo cal será a túa sorte.
E sucedeu que, pasando algún tempo despois un escuadrón de soldados por aquela paraxe, emprendérona a golpes coa figueira para quitarlle as súas xa maduros froitos. E o olmo, véndoa toda estragada, lacerada e coas súas ramas rotas, preguntoulle:
-Oh, figueira!, non fose para ti mellor estar sen fillos, que vir a tan mísera situación por mor deles?
2 de abril de 2025
Gonzalo García de Nodal
Construíronse e armáronse as carabelas Nuestra Señora de Atocha e Nuestra Señora del Buen Suceso, de 80 toneladas e 40 tripulantes cada unha. A primeira ía como capitá baixo mando o de Bartolomé, e a outra como almiranta co capitán Gonzalo ó mando.
Saíron de Lisboa o 27 de setembro de 1618. A mediados de xaneiro de 1619 tiveron coñecemento do cabo das Virxes, cerca do cal viron flotar os restos dun navío que naufragara. Seguindo o seu rumbo ó longo da costa oriental da Terra do Fogo, o 22 de xaneiro adentráronse no estreito de Le Maire, denominándoo estreito de San Vicente, nome que aínda conserva un dos cabos da costa occidental da Terra do Fogo.
O 10 de febreiro descubriu no sueste do cabo de Fornos as illas Diego Ramírez, chamadas así en honra a Diego Ramírez de Arellano, cosmógrafo e piloto da expedición. Seguidamente os irmáns Nodales remontaron cara ao norte, entrando no estreito de Magallanes, chegando ó extremo oposto e, despois de dar a volta á Terra do Fogo, tomaron o camiño de regreso a Europa.
Fondearon o 7 de xullo cerca de Lagos, e desde alí foron a dar conta da súa expedición ó rei, que se encontraba en Lisboa. Os dous irmáns publicaron o diario da súa expedición co título: Relación del viaje hecho por los capitanes Bartolomé García de Nodal y Gonzalo de Nodal, hermanos, naturales de Pontevedra, para el descubrimiento del nuevo estrecho, Madrid, 1621, un tomo co seu mapa.
Morreu en 1622 Saíu de Sanlúcar de Barrameda o 13 de outubro de 1622 con 3 navíos, 133 mariños e 400 infantes para percorrer a mesma ruta do estreito de Le Maire cara Chile, para socorrer ós colonos sitiados polos mapuches. Naufragou, perdendo a vida e dous barcos.
1 de abril de 2025
Xadrez no Día dos Enganos
Hoxe é o Día dos Enganos... O 1 de abril van os burros onde non deben ir.
Así que o problema deste mes no local é un pouco diferente aos anteriores.
Ven xogar e o miras!