PERO VIVIÁEZ
Vós, que por Pero Tinhoso preguntades, se queredes
dele saber novas certas per min, poi-las non sabedes,
achar-lh'-edes tres sinaes per que o conhosceredes;
mais esto que vos eu digo non vo-lo sabia nenguu:
aquel é Pero Tinhoso que traz o toutiço nuu
e traz o cáncer no pisso e o alvaraz no cuu.
Ja me por Pero Tinhoso preguntastes noutro día
que vos dissess'eu del novas, e entón non as sabía,
mais per estes tres sinaes quenquer o conhoscería;
mais esto que vos eu digo non vo-lo sabia nenguu:
aquel é Pero Tinhoso que traz o toutiço nuu
e traz o cáncer no pisso e o alvaraz no cuu.
Vós, que por Pero Tinhoso mi ora iades preguntando
que vos dissess'eu del novas, non vo-las quer'eu ir contando:
achar-lh'-edes tres sinaes, se lhe ben fordes catando,
mais esto que vos eu digo non vo-lo sabia nenguu:
aquel é Pero Tinhoso que traz o toutiço nuu
e traz o cáncer no pisso e o alvaraz no cuu.
7 de xaneiro de 2018
6 de xaneiro de 2018
Dolmen de Axeitos
O dolmen de Axeitos é un dos monumentos funerarios megalíticos de Galicia máis coñecidos. Sitúase na parroquia de Oleiros, no concello de Ribeira, preto do contorno das dunas de Corrubedo. Está datado no IV milenio a. C.
De pequenas dimensións, destaca polo seu equilibrio de formas. Coñecido como o "Partenón galego", estrutúrase nunha planta poligonal con corredor formada por sete ortóstatos. Sitúase coa orientación leste tradicional neste tipo de megálitos.
É propiedade da Deputación da Coruña. A súa situación atópase ben sinalizada no acceso ao complexo das dunas de Corrubedo.
No pasado tiña un sistema de visitas, na nosa última excursión non habia ningun control no acceso e de feito a porta do recinto estaba estropeada.
De pequenas dimensións, destaca polo seu equilibrio de formas. Coñecido como o "Partenón galego", estrutúrase nunha planta poligonal con corredor formada por sete ortóstatos. Sitúase coa orientación leste tradicional neste tipo de megálitos.
No pasado tiña un sistema de visitas, na nosa última excursión non habia ningun control no acceso e de feito a porta do recinto estaba estropeada.
5 de xaneiro de 2018
Irmandiños en Vilalba
Pois co xogo recén saído da imprenta levámolo a Vilalba a unha actividade de xadrez... e así temos este cartel do xogo coa torre de Vilalba, erguida por Diego de Andrade a través da xanela.
Un bó sitio para a primeira visualización do xogo rematado.

4 de xaneiro de 2018
Aforismos de Leonardo
311.- E é porque os escritores non se decataron da ciencia da pintura, nin souberon describir os graos e as partes que a constitúen -pois a obra artística non se traduce en palabras-, que, na súa ignorancia, relegárona a un rango inferior ao das ciencias, o cal non alcanza, con todo, a privala do seu divino carácter.
3 de xaneiro de 2018
Xa temos o xogo!
Pois case finalizado o ano recibimos os xogos elaborados por INCUDE grazas á axuda da Deputación da Coruña e da Vicerreitoría de Estudantes da UDC.
Un xogo cunha imaxe moi profesional que iremos distribuíndo nos próximos días.
Tentaremos que o xogo sirva para dar a coñecer a historia dos irmandiños dun xeito lúdico.

2 de xaneiro de 2018
A estatuaria exipcia
A estatuaria exipcia
A abundancia de estatuas en tumbas e templos responde a necesidades rituais. A función das estatuas derívase da necesidade de que a imaxe axude ao espírito do defunto a volver á vida. Son o receptáculo da enerxía vital do defunto, o ka, e garanten a outra vida no caso de que o corpo material desapareza ou se descompoña. As estatuas non son, pois, unha simple copia da persoa desaparecida. Mentres exista a estatua do defunto, pequena ou grande, a vida do modelo prolongarase na súa imaxe. O ka podía viaxar polo transmundo, pero necesitaba dunha forma concreta real para seguir vivindo, cando regresase das súas viaxes. A cabeza é a parte máis importante da figura, pois serve para indicar á alma do defunto o lugar onde debe depositarse. Con todo, non existe retrato, tal e como nós entendémolo, isto é, como fiel reprodución dos trazos do representado. O serdab era a cámara oculta, adxacente á cámara mortuoria, reservada para a estatua-soporte do ka. Preservábase co fin de protexela ante continxencias externas que puidesen destruíla. As estatuas tamén se colocaban nos templos para facilitar ao defunto o goce e participación nos rituais vivificadores, por iso o serdab tiña unha pequena abertura á altura dos ollos da estatua, que permitía a observación das cerimonias desde a antecámara. Así se explica a proliferación de esculturas dun mesmo personaxe nas diferentes dependencias sepulcrais, pois cada unha destas representacións debía cumprir con ritos funerarios diversos que esixían a súa presenza.
Moitas destas estatuas quedaban ocultas aos ollos da xente, xa que non foron pensadas para ser contempladas. Agora ben, para cumprir co seu destino sacro era condición indispensable a máxima perfección na factura da obra. A adecuación entre forma e función é o principio básico de toda a estatuaria exipcia. Para conseguir a integración destes fins fixáronse unhas normas que debían respectarse con absoluta fidelidade en todos os talleres de escultura. Isto explica, claramente, o carácter normativo da arte exipcio.

1 de xaneiro de 2018
Riazor

Unha foto que nos amosa a praia de Riazor, con esas curiosas rampas para achegarse á auga, que co paso do ano foron facéndose mais sólidas.
Xunto a praia estaba a Casa de Baños chamada A Primitiva, que abriu as súas portas en 1877. Preto da mesma, na rúa Rubine, estaba a súa competencia chamada A Saúde.
Menos importante e máis afastado do mar, situábase o balneario de Santa Margarida que databa da mesma época, xa que foi construido no 1878, que estaba rodeado dun frondoso xardín, xunto a fábrica de gasosas Santa Margaridta, nun lugar coñecido polo nome de Cristais.
Ao fondo na esquerda pode verse o depósito de auga costruido para dar servizo á Cidade Xardín.
Na dereita toda a zona do popular paseo de Miramar, que chegaba a onde hoxe está o colexio das Escravas e naquel entón situábase o antigo Campo de Riazor.
As barcas dan idea do aproveitamento pesqueiro que tiña este espazo que combinaba co ocio dos coruñeses nas paraias, onde todas as casetas que vemos, o Balneario e os xardíns, coas súas variadas cores daban vida á baía.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)