13 de decembro de 2025

13 de nadal de 2025

1294: o papa Celestino V abdica logo de só cinco meses, porque desexa retornar á súa vida previa como asceta.

HOXE TEMOS O TORNEO DE NADAL DE XADREZ

12 de decembro de 2025

12 de nadal de 2025

1098: Matanza de Marras no transcurso da Primeira Cruzada. Tras facer brecha nos seus muros, os famentos cruzados entran a sangue e lume, asasinando á maior parte dos seus 20.000 habitantes.


11 de decembro de 2025

11 de nadal de 2025

O 20 de decembro de 2002 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas decidiu declarar o 11 de decembro Día Internacional das Montañas. É unha oportunidade para crear conciencia da importancia que teñen as montañas para a vida, de sinalar as oportunidades e as limitacións que afronta o desenvolvemento das zonas montañosas, e de crear alianzas que produzan un cambio positivo nas montañas e as terras altas do mundo.



10 de decembro de 2025

10 de decembro de 2025

O 4 de decembro de 1951 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas designou o 10 de decembro Día dos Dereitos Humanos.

A promoción e protección dos dereitos humanos foi unha das maiores preocupacións para as Nacións Unidas desde 1945, data na cal os países fundadores da Organización, acordaron impedir que os horrores da Segunda Guerra Mundial poideran reproducirse. Tres anos despois, na Declaración Universal dos Dereitos dos Humanos, a Asemblea Xeral indicou que o respecto aos dereitos humanos e á dignidade da persoa humana "son os fundamentos para a liberdade, xustiza e paz no mundo". En 1950 a Asemblea Xeral convidou a todos os Estados membros e ás organizacións interesadas a que observasen o 10 de decembro de cada ano como Día dos Dereitos Humanos.


9 de decembro de 2025

9 de decembro

Celébrase o Día Internacional con menos éxito de todos. O 31 de outubro de 2003, Asemblea Xeral das Nacións Unidas na Resolución 58/4 decidiu proclamar o 9 de decembro Día Internacional contra a Corrupción, para crear conciencia da corrupción e o papel da Convención para combatela e previla. A Convención entrou en vigor en decembro de 2005.

8 de decembro de 2025

8 de decembro de 2025

É o día da Inmaculada, dende que en 1854 o papa Pío IX proclamase o dogma da Inmaculada Concepción, que sostén que María, nai de Xesús, naceu libre do pecado orixinal.
~ ~ ~ ~ ~
1906: Primeiro partido do Real Club Deportivo (chamado entón da Sala Calvet). 

7 de decembro de 2025

7 de nadal de 2025

ACERTIXO DO DIA: Tres amigos cean nun restaurante. Ao final, deciden dividir a conta. A cea custa 30 €, polo que cada un deles aporta 10 €. Cando pagan, o dono failles un desconto de 5 € porque son clientes habituais. Cada un deles leva 1 € e os 2 € restantes poñen nun fondo común. Ao saír do restaurante, fan as contas e pensan: cada un de nós pagou 9 € (10 € menos o € de cambio), polo que gastamos 9 € x 3 = 27 €, o que, sumado aos 2 € do fondo común, supón 29 €. Onde foron parar os € que faltaban?

~ ~ ~ ~ ~
1493 - Cristovo Colón funda a primeira cidade occidental no novo mundo e bautízaa como Isabela, hoxe Santo Domingo de Guzmán.


6 de decembro de 2025

6 de nadal de 2025

~ ~ ~ ~ ~
345: Nace San Nicolás de Bari, bispo turco de Mira (Anatolia).
~ ~ ~ ~ ~
ACERTIXO DO DÍA: Agora, unha moi sinxela de Martin Gardner, un divulgador científico famoso polos seus libros sobre xogos matemáticos.

É así: É legal que un home case coa irmá da súa viúva?
~ ~ ~ ~ ~

5 de decembro de 2025

5 de nadal de 2025

As festas do ano por onde quixeres, 

as Navidades, coas túas mulleres.
~ ~ ~ ~ ~
Este é o Día Internacional do Voluntariado para o Desenvolvemento Económico e Social foi decretado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1985. Desde entón, os gobernos, o sistema de Nacións Unidas e as organizacións civís uníronse de forma exitosa aos voluntarios de todo o mundo para celebrar este día o 5 de decembro.
~ ~ ~ ~ ~
ACERTIXO DO DIA:
Hai unha especie de ameba que se reproduce dividíndose en dous todos os días. Polo tanto, se hoxe temos unha ameba, mañá teremos dúas, pasadomañá catro, e así sucesivamente.
Se comezamos cunha ameba, tardan 30 días en cubrir unha determinada superficie con amebas.
Canto tempo leva cubrir a mesma superficie se comezamos con dúas amebas?
~ ~ ~ ~ ~
1492: no mar Caribe, Cristóbal Colón arriba á illa Quisqueya (que el rebautizó La Española, onde actualmente atópase Haití e República Dominicana).
1872: A tripulación do Dei Gratia, un barco que navegaba desde New York até Gibraltar, avistou o bergantín Mary Celeste preto das Azores. O capitán mandou a algúns dos seus homes ao Mary Celeste, para rexistralo e axudar no posible. Ao chegar ao barco, non atoparon a ningún dos tripulantes. A roupa duns e outros estaba ordenada nos seus respectivos caixóns; non atoparon o bote salvavidas, o sextante, o cronómetro nin a bitácora. O diario de navegación atopábase no cuarto do capitán; a última anotación era do día 24 de novembro, pero non sinalaba nada relevante. Segundo o diario, o tempo estivera revolto, pero ningunha outra circunstancia de gravidade. Foi un extraño caso de buque fantasma.
1987: O cargueiro Cason, con 1.100 toneladas de produtos tóxicos, sofre un accidente nas costas de Fisterra.

4 de decembro de 2025

4 de nadal de 2025

Allo, ¿por que non fuches bo? 

Porque Nadal posto non me atopou.
~ ~ ~ ~ ~
ACERTIXO DO DÍA
Sabes cantos animais hai nunha granxa onde todos son cans agás dous; todos son gatos agás dous; e todos son cabalos agás dous?
~ ~ ~ ~ ~
1918: Woodrow Wilson embarca para selar o tratado de Versalles da Primeira Guerra Mundial, converténdose no primeiro presidente estadounidense en viaxar a Europa durante o seu mandato.
1985: Declarase Santiago de Compostela como Patrimonio da Humanidade.
~ ~ ~ ~ ~

~ ~ ~ ~ ~

3 de decembro de 2025

3 de nadal de 2025

Aí vén o mes de Nadal, que non deixe o millo sin apañar.

~ ~ ~ ~ ~
Acertixo do día:
Nunha mesa, hai dous sombreiros brancos e tres sombreiros negros. Tres homes están en fila, un detrás do outro, e cada un ponse un sombreiro sen mirar a cor. Á última persoa da fila, que pode ver aos que están diante, pregúntaselle se pode dicir a cor do seu sombreiro, ao que responde que non. Á persoa do medio, que só pode ver á persoa de diante, fáiselle a mesma pregunta. Tampouco pode responder. Finalmente, a primeira persoa da fila, que non pode ver ningún sombreiro, responde correctamente de que cor é o seu sombreiro.

De que cor é o seu sombreiro e como o soubo?
~ ~ ~ ~ ~
1992: O petroleiro Mar Exeo naufraga fronte á costa da Coruña, provocando un desastre ecolóxico de gran magnitude.
1999: Morre Scatman John, cantante estadounidense. De ahí o video e a foto. Unha homenaxe a este artista moi irónico que afirmaba que fixera do seu problema o seu medio de vida pois, Scatman era tartamudo.
~ ~ ~ ~ ~








2 de decembro de 2025

2 de nadal 2025

O dous de Nadal

con vento do alto
morréuselle a cabra
a don Jose Pardo.
~ ~ ~ ~ ~
Hoxe temos martes de xadrez e o sábado 13 toca o Torneo de Nadal. Tes as bases en www.deporcultura.eu
~ ~ ~ ~ ~
Hoxe celébrase o Día Internacional para a Abolición da Escravitude. Na actualidade a escravitude e a servidume seguen sendo bastante frecuentes, aínda que as súas prácticas máis extremas se presentan baixo a forma do traballo infantil e o tráfico de persoas, onde as principais vítimas son os nenos e as mulleres que serven para abastecer as redes de prostitución e o traballo no servizo doméstico.
~ ~ ~ ~ ~
ACERTIXO DO DIA:
Un oso camiña 10 km cara ao sur.
Despois camiña outros 10 km cara ao leste.
Camiña outros 10 km cara ao norte, volvendo ao mesmo punto onde comezou.
De que cor é o oso?
~ ~ ~ ~ ~
1515: Morre Gonzalo Fernández de Córdoba, O Gran Capitán, militar de orixe galega.
1897: España concede a autonomía a Puerto Rico (pero meses despois será invadido polos Estados Unidos).
~ ~ ~ ~ ~


~ ~ ~ ~ ~



1 de decembro de 2025

1 de nadal de 2025

No Nadal, alegrote, alegrote, que hai viño na cuba e chourizos no pote. 
~ ~ ~ ~ ~
Empeza o Nadal. Coma sempre este mes teremos diferentes actividades, nas Xornadas Lúdicas de Nadal.
~ ~ ~ ~ ~
Acertixo do día:
Un pastor está parado na beira dun río. Necesita levar un lobo, unha cabra e unha leituga ao outro lado.
Ten un bote, pero só caben el e unha cousa máis.
Se o lobo se queda coa cabra sos, comerá a cabra. Se deixa a cabra coa leituga, a cabra comerá a leituga.
Como cres que debería facelo?
~ ~ ~ ~ ~
É ó Día Mundial da Loita contra a Sida, que da a coñecer os avances contra o VIH/sida. Elixiuse o día 1 de decembro porque o primeiro caso de sida foi diagnosticado neste día en 1981.
~ ~ ~ ~ ~
1982: sae á venda Thriller de Michael Jackson, o disco máis vendido de todos os tempos.
~ ~ ~ ~ ~
A memoria é o único paraíso do cal non podemos ser expulsados. 
Richter. 
~ ~ ~ ~ ~
 

29 de novembro de 2025

Cousas

Ó meu xuízo, o mellor goberno é o que deixa á xente máis tempo en paz. 

Whitman


28 de novembro de 2025

Xornadas Lúdicas de Nadal

O día 1 de decembro iniciamos un ano mais as Xornadas Lúdicas de Nadal.

Participa nas nosas actividades!

27 de novembro de 2025

Xente na túa vida

Non todos os que queres na túa vida te queren na súa. Así que non te canses tratando de agradar ou facerlles favores cando realmente non lles importaría se estás alí ou non. 

Concentra a túa enerxía. sobre aqueles que realmente valoran a túa presenza e te aprecian por quen eres. 

A vida é demasiado curta para investir tempo e esforzo en persoas que non te corresponden. 

Robert De Niro

26 de novembro de 2025

O Couto mixto

Para boa parte da poboación o termo Couto Mixto non dí nada. De feito se comentas que entre España e Portugal houbo un territorio en parte similar a Andorra, quedan sorprendidos.

O realmente sorprendente é que este territorio despareceu hai menos de 200 anos.

O Couto Mixto (portugués: Couto Misto) estaba constituído polas aldeas de Santiago, onde se estableceu a capital, Rubiás e Meaus (hoxe As Maus). Ocupaba unha superficie de 26,9 km² e segundo estimacións do seu penúltimo xuíz, Delfín Modesto Brandón, tiña unha poboación de non máis de 1000 habitantes entre os anos 1862 e 1864.

Debeu orixinarse na Baixa Idade Media e entre os dereitos e privilexios do Couto Mixto atopábanse os de asilo ós fuxidos da xustiza portuguesa ou española, non dar soldados nin a un reino nin ó outro, exención de impostos, liberdade de comercio, liberdade de cultivos, liberdade de elixir a nacionalidade española ou portuguesa para os seus habitantes...

Esta situación, moi antiga, foi cualificada de anómala e, tanto España como Portugal, determinaron unanimemente que non se podía manter, por ser particularmente propicia ó contrabando e por acolleren tamén neses terreos bandos de malfeitores. Coa firma e entrada en vigor do Tratado de Lisboa, no 1868, os seus dominios quedaron baixo a soberanía de España. En contrapartida, pasaron á soberanía de Portugal as chamadas aldeas promiscuas (Soutelinho da Raia, Cambedo e Lamadarcos). O territorio do Couto Mixto aínda incluía unha pequena tira deshabitada, dedicada a pastos, que quedou integrada no municipio portugués de Montalegre.

Sabías da súa existencia?

25 de novembro de 2025

Torneo de Nadal de xadrez

O Torneo de Nadal chega a súa 14ª edición e será o día 13 de decembro.

Esta semana publicaremos as bases e formulario de inscrición.

24 de novembro de 2025

22 de novembro de 2025

Cousas

Benaventurados os nosos imitadores porque de eles serán os nosos defectos. 

Jacinto Benavente


21 de novembro de 2025

NO BOSQUE DE VILLEFERE

NO BOSQUE DE VILLEFERE

Robert E. Howard


O SOL OCULTÁBASE. As inmensas sombras estendíanse rapidamente polo bosque. Naquel estraño crepúsculo dun día de fins de verán vía ante min o sinuoso carreiro que desaparecía entre as inxentes árbores. Tremía e miraba ocasionalmente por encima do ombreiro con certo temor. Millas ás miñas costas achábase o pobo máis próximo... millas á fronte achábase o seguinte.

Miraba a dereita e esquerda mentres continuaba a marcha e, de cando en vez, lanzaba unha ollada cara atrás. Tamén de cando en vez detíñame bruscamente, empuñando o estoque, ao ouvir a rotura dos ramajes que desvelaba a presenza dalgún animal. Un animal?

Con todo, o carreiro continuaba, e eu seguíao, pois, de todos os xeitos, non podía facer nada mellor.

20 de novembro de 2025

Vocabulario médico galego

aerosialofaxia 


s.f. Costume de deglutir constantemente aire e saliva. Tamén se di sialoaerofaxia. 

19 de novembro de 2025

Baio, Baiona, Baión...

Retomando temas de toponimia, e recurrindo aos estudos de Fernando Cabeza, o noso autor de referencia para estes temas, imos cos topónimos indicados.
Parece que podería ter a base nunha raíz común que indique varios curos de auga ou dos ríos, isto tamén pasaría na Bayonne Francesa.
É interesante que a palabra baía, badía (castelán bahía) parece venir do francés baie, palabra de orixe incerto.

18 de novembro de 2025

Martes de Xadrez

Este martes temos como sempre actividade de xadrez nos Rosales.

Realizaremos un torneo amigable lembando que o día 19 foi para algúns pais o día do xadrez por copincidir co nacemento de Capablanca.

Lembra; de 19,00 a 20,30.

14 de novembro de 2025

Romanones

Cambó fixo unha boa descrición de Romanones: «Tiña máis coraxe da que se lle daba crédito. Non obstante, perdeuna por completo cando o cualificaron de reaccionario. Entón non puido resistir. Para evitar esa acusación, volveuse covarde e cometeu todo tipo de capitulacións».

13 de novembro de 2025

Librote de min

"Líbrote de min, dos meus problemas, do meu mal xenio, das tardes de domingo cando non podo máis, de odiar aos meus aniversarios, de non saber darche algo que non perderás. Líbrote da miña desilusión, do teu karma, das miñas novidades, da contradición que represento. Líbrote das miñas chamadas que saben a autocompaixón, dos meus enredos, do meu cabelo solto, longo e despeiteado. Líbrote da miña conciencia, do desconcerto de fin de mes, do outono, da chegada, da miña inevitable fuxida. Líbrote para que me poidas deixar, para que me poidas ver de lonxe e amarme, menos..."

Mario Benedetti - Líbrote de min mesmo

12 de novembro de 2025

Topónimo Armada

Como Armada coñécense moitos lugares de Galicia. Non é na maioría dos casos, que teñan relación cos barcos e a mar. 

Estaríamos mais preto dunha cousa ben armada, en canto ben construida ou ben armada en canto defensas. Así é habitual que coincida o topónimo con zonas próximas a defensas de castros, onde estarían os muros e foxos.

11 de novembro de 2025

11 de novembro

Día de san Martiño, proba o teu viño.

San Martiño de Tours, patrono de Ourense; festividade que a tradición marca para a matanza do porco e o Magosto.

1918: Alemaña réndese aos aliados. A Primeira Guerra Mundial causou 8 millóns de mortes.


10 de novembro de 2025

8 de novembro de 2025

7 de novembro de 2025

Chomsky

Fundamentalmente, trátase de acordos sobre os dereitos dos investidores. Un elemento crucial de ambos son os "dereitos de propiedade intelectual", que é unha forma divertida de dicir que as multinacionais, como as empresas farmacéuticas, terán un poder case monopolístico sobre a tecnoloxía futura. Isto agora inclúe tanto o produto como os procesos de produción. Estes acordos aumentan o poder das multinacionais ao protexer institucións enormes e esencialmente totalitarias da disciplina de mercado, así como da presión e a supervisión populares. Este proceso está liderado por unha rede de institucións semigobernamentais como as organizacións mundiais do comercio, o Banco Mundial, etc.

NC: Non creo que existan principios xerais absolutos. Hai que entender algunhas cousas e despois aplicalas a casos específicos. Hai que ir caso por caso. Estou de acordo con Bill Clinton en que non se deberían enviar tropas estadounidenses a Haití, pero non polas súas razóns.

6 de novembro de 2025

Torneos de Outono

Lembramos que esta fin de semana celébranse os diferentes Torneos de Outono no Centro Comercial Los Rosales, onde o xadrez universitario programa unha das súas probas mais antigas. 

5 de novembro de 2025

Represión no 1936

Tras o golpe de estado do 1936 foron detidas en Cariño once persoas. Conducidas a Ferrol son fusiladas o 6 de setembro de 1936, sobre os muros do cemiterio de Canido. Son Manuel Francisco Pita Armada-coñecido como Pancho de Pita, corresponsal de La Voz de Ortigueira, que sustituira ó seu irmao no concello a primeiros de xullo. Autocalificábase como agrario socialista-, Luis Pita Armada -tenente de alcalde da Corporación Municipal de Ortigueira, que renuncia antes do 18 de xullo. Chófer-, Antonio Pita Armada -toneleiro, irmao dos anteriores-, José Antonio Timiraos -vocal do Sindicato da Industria Pesqueira, mariñeiro-, Jesús Díaz Pérez, mariñeiro-, José Casal Casas -mariño mercante-, Modesto Senra Martínez, Francisco Anido Pérez, Francisco Novo Lozano, Avelino Pérez Breijo e Jesús Quiza Picos.

4 de novembro de 2025

Hoxe temos martes de xadrez

Lembra que hoxe temos Martes de Xadrez de 19,00 a 20,30.

Na semana do aniversario do Centro Comercial Los Rosales, o venres e sábado o CIDU organiza os Torneos de Outono.

Información na súa web.

1 de novembro de 2025

Cousas

Algúns estudantes teñen vergoña de ir ao hipódromo e ver que ata os cabalos conseguen rematar as súas carreiras.


30 de outubro de 2025

O equipo de xadrez no soto

O equipo de xadrez no soto

Era unha noite escura e tormentosa. Ben, non en realidade, pero comezamos así porque calquera boa historia merece un toque de drama desde o principio. Na Universidade de Santa Eufemia, un lugar tan esquecido polo tempo que mesmo o reitor se perdera nos seus propios corredores máis dunha vez, había un peculiar equipo de xadrez. Peculiar non só porque os seus membros eran unha mestura diversa, senón tamén porque o seu lugar de reunión era un soto poeirento e mal iluminado, con máis arañeiras que estudantes.
O capitán do equipo, Gonzalo "O Cerebro" Rodríguez, era un mozo con lentes tan grosas que parecían fiestras medievais. Intelixente, pero cunha perigosa inclinación polas teorías da conspiración. Ao seu carón estaba Elena "A Estratega" Sánchez, unha moza cuxa mente era tan afiada como o fío dunha espada, pero coa dozura dunha estampida de elefantes cando estaba enfadada.
O terceiro membro era Pedro "O Silencioso" López. Nunca dicía unha palabra, o que non era necesariamente algo malo. Ninguén sabía se era por elección propia ou simplemente porque non había nada interesante que dicir. Finalmente, estaba Marta “A Calculadora” Jiménez, cuxa obsesión polas estatísticas e as probabilidades a levara a idear estratexias de xadrez tan complexas que nin sequera un ordenador podía seguir a súa lóxica.
Xuntos, reuníanse no soto da Biblioteca de Santa Eufemia, un lugar cuxa atmosfera parecía deseñada especificamente para facer que os estudantes abandonasen toda esperanza de atopar un libro útil. O soto non só era escuro, senón que tamén tiña un cheiro constante a humidade e queixo rancio. Era o lugar perfecto para que un equipo universitario de xadrez pouco apreciado conspirase e discutise os seus plans para a vitoria no torneo anual de xadrez interuniversitario.
Unha noite, mentres estaban absortos nunha partida particularmente intensa, a paz do soto foi quebrada por un son estraño, un golpe seco seguido dun estrondo. Gonzalo, sempre propenso á paranoia, saltou da cadeira cun berro afogado.
—Atopáronnos! —exclamou, mirando nerviosamente arredor.
—Reláxate, Gonzalo —dixo Elena, poñendo os ollos en branco. "Probablemente sexa só unha rata máis grande do habitual."
Pero antes de que puidesen investigar a orixe do ruído, a porta do soto abriuse de súpeto e apareceu o profesor Fortunato, un home cuxo nome contrastaba ironicamente coa súa natureza perpetuamente desafortunada. Coa cara vermella polo esforzo e a suor, camiñou cara ao grupo a trompicóns.
—Estudantes! —dixo sen alento— Necesito a vosa axuda!
Gonzalo, aínda tremendo, conseguiu balbucear unha resposta.
—Que pasa, profesor?
O profesor Fortunato, despois de recuperar o alento, explicou que a universidade recibira unha ameaza anónima: se o equipo de xadrez non gañaba o seguinte torneo, o edificio da biblioteca sería demolido por un "grupo de intelectuais radicais". Ninguén sabía se a ameaza era real, pero a administración, na súa característica ineptitude, decidiu que o mellor curso de acción era garantir que o equipo de xadrez gañase.
—Non podemos deixar que isto suceda! —exclamou Marta, amosando unha rara onda de emoción.
E así, cun novo sentido de urxencia, o equipo dedicouse a practicar con aínda maior celo. As tensións aumentaron, as estratexias fixéronse cada vez máis complexas e as discusións máis acaloradas. Todo o soto vibraba coa intensidade do seu esforzo.
Finalmente chegou o día do torneo. O evento celebrouse no ximnasio da universidade, un lugar non menos poeirento que o soto, pero cunha iluminación que facía que todos parecesen pantasmas cansos. O equipo de Santa Eufemia enfrontouse aos seus rivais, o equipo da Universidade de San Gregorio, coñecido pola súa brutalidade tanto dentro como fóra do taboleiro.
A partida decisiva foi entre Gonzalo e o capitán de San Gregorio, un tipo chamado Iván "O Implacable" Serrano, cuxa expresión era tan fría como a dunha estatua de mármore. Gonzalo, con nervios de aceiro e a astucia dun raposo, conseguiu manter a calma e, despois dunha serie de movementos maxistrais, deulle xaque mate a Iván.
O ximnasio estoupou en aplausos. O equipo de Santa Eufemia gañara. Gonzalo, Elena, Pedro e Marta abrazáronse, rindo e chorando de alegría. Ata o profesor Fortunato parecía ter tido sorte.
De volta no soto, o equipo celebrouno con refrescos e pizza (a única comida que podían permitirse). Gonzalo, cun sorriso na cara, levantou o seu vaso de refresco.
—Ao noso equipo —dixo— e para demostrar que mesmo no lugar máis escuro, a luz do enxeño pode brillar.
O equipo animou, e o soto, por unha noite, foi un lugar de celebración, risas e camaradería. Porque no tolo mundo de Santa Eufemia, mesmo un equipo de xadrez podería ser o improbable heroe que a universidade necesitaba.

29 de outubro de 2025

al-Jalālaqa ou al-Jalāliqa

Galiza الجلالقة

(transliterado: al-Jalālaqa ou al-Jalāliqa) ocupando toda a porción norte peninsular no Mapa do mundo de Ibn Sa'id Al-Andelusi. Abū al-Ḥasan Alī ibn Mūsā ibn Sa'īd al-Maghribī (1213–1286), tamén coñecido como Ibn Sa'īd al-Andalusī, foi un xeógrafo, historiador, poeta árabe e o máis importante coleccionista de poesía de al-Ándalus nos séculos XII e XIII.

https://cosasdecordoba.com/ibn-said-al-maghribi/

28 de outubro de 2025

Martes de Xadrez

Lembra que hoxe temos un novo martes de xadrez.

No Centro Comercial Los Rosales.

Gratuito grazas á Deputación da Coruña.