30 de agosto de 2025

30 de agosto

1914: Os xogadores do Deportivo desautorizan a súa directiva xogando un amigable contra o rival Coruña F. C.. Será a primeira actuación do denominado CLUB DEPORTIVO AUTENTICO.

29 de agosto de 2025

29 de agosto

1825: O reino de Portugal recoñece a independencia do Imperio do Brasil.

28 de agosto de 2025

Aforismos de Leonardo

650.- Das espadas e lanzas que por si mesmas son inofensivas.- O que en por si é apracible e sen maldade algunha, volverase feroz e terrible por mor das malas compañías, e privará, con crueldade extrema, da vida a moitas xentes; e máis aínda destruiría, se certos corpos sen alma, saídos dos peñascos, non as defendesen: isto é, as corazas de ferro. 

27 de agosto de 2025

27 de agosto

1990: Morre Ramón Piñeiro, político, intelectual e escritor galego.

26 de agosto de 2025

Mes y medio de cosas raras

Aprovecho este espacio para contar situación personal.
Para algunos será nuevo y se enteren ahora.
A principios de julio todo más o menos normal, torneos en CUR, Cariño, Faro de Oza...
El caso es que el 15 devolviendo las llaves del Faro de Oza me encuentro que mis pulsaciones están a 120. Llevo unos dias con eso... asi que que como tengo tiempo, al coche y me voy a urgencias del CHUAC... esperaba que unas horitas y para casa.
Pues noche en los boxes de urgencias... y a partir de ahi...
No ha pasado mes y medio, llevo dos sesiones de quimio, la tercera ya no me la han podido poner por defensas bajas.
Cáncer? No, que va... soy raro, ya puestos dos tumores distintos y no uno solo.
Hoy me he despertado con un nuevo sintoma y en un rato de nuevo al hospital en cita ya programada.
Mientras espero, pues os he resumido la historia de este mes y medio y a ver si en futuro voy contando algún detalle.
A los que lo sabían, lo ven ahora y desean verme... no sé si podrá ser y encima no tengo ni voz para saludar por teléfono... afónico. Gracias al whatsapp estos días, aunque tampoco se si puedo contestar a todos.
Muchos me han hablado de justicia o injusticia o de la mala suerte... me han hecho recordar que hace unos años en un mes de junio nos dieron una sorpresa similar en ajedrez y recuerdo pensar lo mismo. Por cierto que un homenaje que nunca he tenido el valor para afrontar, porque todo lo que se me ocurría no me convencía.
No se... veremos en que acaba todo. Yo me encuentro rodeado de mi espectacular familia a los que estoy haciéndoles pasar algo absurdo. Y me siento apoyado por mucha gente... 
En fin, que como esto lo escribo sin dormir y a unas horas que ya sabeis yo no conocía mucho... a ver si lo retoco en algún momento y le doy un poco más mi estilo.

25 de agosto de 2025

25 de agosto

1800: Batalla de Doniños, na que os ferroláns derrotaron a armada inglesa de 108 navíos mandada polo almirante Warren.

23 de agosto de 2025

23 de agosto

775: Data de redacción do Celeiro, documento do rei Silo, o máis antigo pergamiño que se conserva na Península Ibérica.

22 de agosto de 2025

Copa González March

Hai varios anos, decidimos recuperar un torneo que a Federación Galega de Xadrez creara en 1935.

O primeiro homenaxeado foi González-March, delegado do Sporting Club Casino que tamén ocupara cargos nas federacións galega e española.

Un torneo ligado á historia do Casino e a unha das persoas que fixeron posible que a Federación Española operase desde A Coruña e que contribuíu a traer ao campión do mundo Alekhine a xogar ás nosas mesas.

En 2019, coincidindo co 30 aniversario de Palaestra, déuselle unha nova volta cun espectáculo de maxia na cerimonia de entrega de premios. O vídeo ao final deste artigo é un bo resumo daquela tarde.

E despois de varios cambios, este ano traemos un novo que esperamos que gocedes: un torneo dobre para nenos e maiores. Celebrarémolo do 1 ao 5 de setembro na rúa Real no que esperamos que sexa unha gran actividade tanto para nenos como para adultos, e que animará especialmente aos nosos socios a participar nas actividades da nosa asociación.

Este ano, facémolo en colaboración con outra organización: o Ludo Club. As regras para o torneo gratuíto están na súa páxina web.

Agardamos verte!


21 de agosto de 2025

Aforismos de Leonardo

649.- Do ferro.- Os mortos sairán de baixo terra, e cos seus feros movementos expulsarán do mundo a innumerables criaturas humanas. 


19 de agosto de 2025

19 de agosto

1936: Os sublevados asasinan a Ánxel Casal, nado na Coruña era o alcalde de Santiago, pertencente ao Partido Galeguista. Era impresor e impulsor da Asociación de escritores galegos. Hai quen defende que xa resultou morto o día 4 deste mesmo mes. 

18 de agosto de 2025

18 de agosto

1991: O presidente soviético Mikhail Gorvachov é posto baixo arresto domiciliario mentres estaba de vacacións en Crimea.

16 de agosto de 2025

14 de agosto de 2025

14 de agosto

1941: Estréase no teatro Mayo de Buenos Aires a obra de teatro Os vellos non deben de namorarse, de Castelao.

13 de agosto de 2025

13 de agosto

1882: A posta en escena na Coruña da obra A fonte do xuramento, constitúe a primeira representación teatral en galego da que hai noticia.

12 de agosto de 2025

12 de agosto

1856: Nace na Coruña Eduardo Dato, que chegará a ser presidente do goberno.


11 de agosto de 2025

11 de agosto

Santa Clara. Avogosa para o bo tempo. Por iso, para asegura-lo sol no día da voda é costume en Santiago e Pontevedra levar ovos a Santa Clara. Tamén, en Santiago, desde hai pouco pídeselle que interceda para conseguir boas notas nos exames.

9 de agosto de 2025

9 de agosto

1945: Unha bomba atómica estadounidense e lanzada sobre a cidade de Nagasaki, no Xapón, matando entre 60 mil e 80 mil persoas

8 de agosto de 2025

7 de agosto de 2025

Aforismos de Leonardo

648.- Das armas.- Obras do home causarán a súa morte: as espadas e as lanzas. 


6 de agosto de 2025

6 de agosto

1945: Estados Unidos lanza a primeira bomba atómica contra Hiroxima, no Xapón


5 de agosto de 2025

5 de agosto

1885: Sae na Habana o primeiro periódico escrito en galego; A Gaita Galega.

4 de agosto de 2025

4 de agosto

1883: Chega á Coruña o primeiro tren directo dende Madrid, quedando así Galicia comunicada por ferrocarril coa meseta. A inauguración oficial retrasouse a setembro. A viaxe foi unha proba.
1895: Inauguranse na Habana tres pavillóns da Casa de Saúde do Centro Galego, chamada "Benéfica".

2 de agosto de 2025

2 de agosto

1805: As escuadras española e francesa arriban ao Ferrol e á Coruña.

1 de agosto de 2025

1 de agosto

Lugnasad ou Lughnasadh (mitoloxía celta e Wicca)
Lug, o gran deus celta, foi asimilado ao Mercurio romano. A festa foi probablemente cristianizada na Asunción. Nas illas de Man o Lugnasad celebrábase o domingo seguinte ao 12 de agosto. O nome significa xogos ou asemblea de Lug. En textos irlandeses fálase de gran variedade de xogos. Brandub parece ser un xogo similar ás damas ou ao xadrez. Os banquetes eran importantes como forma de unión da tribo ou a aldea e ademais servían para redistribuír os botíns. Nestes era importante a presenza dos bardos, do viño, a cervexa e o hidromel.