O realmente sorprendente é que este territorio despareceu hai menos de 200 anos.
O Couto Mixto (portugués: Couto Misto) estaba constituído polas aldeas de Santiago, onde se estableceu a capital, Rubiás e Meaus (hoxe As Maus). Ocupaba unha superficie de 26,9 km² e segundo estimacións do seu penúltimo xuíz, Delfín Modesto Brandón, tiña unha poboación de non máis de 1000 habitantes entre os anos 1862 e 1864.
Debeu orixinarse na Baixa Idade Media e entre os dereitos e privilexios do Couto Mixto atopábanse os de asilo ós fuxidos da xustiza portuguesa ou española, non dar soldados nin a un reino nin ó outro, exención de impostos, liberdade de comercio, liberdade de cultivos, liberdade de elixir a nacionalidade española ou portuguesa para os seus habitantes...
Esta situación, moi antiga, foi cualificada de anómala e, tanto España como Portugal, determinaron unanimemente que non se podía manter, por ser particularmente propicia ó contrabando e por acolleren tamén neses terreos bandos de malfeitores. Coa firma e entrada en vigor do Tratado de Lisboa, no 1868, os seus dominios quedaron baixo a soberanía de España. En contrapartida, pasaron á soberanía de Portugal as chamadas aldeas promiscuas (Soutelinho da Raia, Cambedo e Lamadarcos). O territorio do Couto Mixto aínda incluía unha pequena tira deshabitada, dedicada a pastos, que quedou integrada no municipio portugués de Montalegre.
Sabías da súa existencia?

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.