DOMINIO PÚBLICO E LÍMITES DO DEREITO DE AUTOR
As leis de dereito de autor tentan buscar un equilibrio entre os dereitos que outorgan aos autores e o dereito do público a acceder e utilizar estas obras.
Incluso os autores teñen a posibilidade de acceder e utilizar as obras de autores anteriores a eles, que lles inspiran e axúdanlles a aprender técnicas que eles poden á súa vez utilizar para desenvolver novas obras. Os límites do dominio público e do dereito de autor proporcionan este equilibrio entre os dereitos dos autores e os dereitos do público.
Que é o dominio público?
O dominio público constitúeno todas as obras que non están protexidas polo dereito de autor e que por tanto poden ser utilizadas sen permiso ou sen ter que pagar ao autor orixinal. Iso significa que as obras de dominio público poden ser copiadas, distribuídas, adaptadas, interpretadas e exhibidas en público gratuitamente, coma se pertencesen a todos.
As obras entran no dominio público cando:
Termina o período de vixencia da súa protección polo dereito de autor. Como se dixo antes, o período de vixencia de protección por dereito de autor varía de país a país, pero normalmente finaliza entre os 50 e os 70 anos posteriores á morte do autor.
As obras esgotadas ou que xa non están dispoñibles para a venda non están, necesariamente, no dominio público. A menos que finalizase o período de protección, hai que obter permiso dos titulares dos dereitos antes de que ditas obras poidan ser copiadas, impresas, distribuídas ou utilizadas de calquera outra maneira. Coidado Como poden utilizarse as obras que están no dominio
público?
As obras de dominio público poden ser utilizadas de calquera xeito por calquera persoa. Como exemplo, vexamos O Berro, cadro do artista noruegués Edgard Munch. Desde a súa entrada no dominio público, este cadro foi reproducido en pósteres, libros de arte, bonecos, llaveros, debuxos animados e unha infinidade de produtos. As compañías que venden estas reproducións non tiveron que pagar dereitos polo uso comercial desta obra que está no dominio público.
As obras que están no dominio público son a miúdo utilizadas por distintos autores para crear novas obras. Cando unha obra orixinal é traducida, adaptada ou alterada de calquera xeito, a nova obra denomínase obra derivada. As obras derivadas tamén están protexidas polo dereito de autor, mesmo se as obras orixinais das cales se derivan están no dominio público.
Cando buscas obras que estean en dominio público para utilizalas como parte das túas propias creacións, asegúrache de que a versión que estás a utilizar sexa a orixinal, a que se acha en dominio público, e non unha obra derivada que poida estar aínda protexida polo dereito de autor.
Na Unión Europea, o dereito de autor para as obras literarias expira aos 70 anos da morte do autor.
Cales son os límites do dereito de autor?
As leis nacionais permiten que as obras protexidas polo dereito de autor e os dereitos conexos poidan ser utilizadas en situacións especiais. Noutros casos, as leis nacionais permiten que as obras poidan ser utilizadas sen pedir permiso ao titular dos dereitos sempre que se lle compense por ese uso.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.