29 de novembro de 2025

Cousas

Ó meu xuízo, o mellor goberno é o que deixa á xente máis tempo en paz. 

Whitman


28 de novembro de 2025

Xornadas Lúdicas de Nadal

O día 1 de decembro iniciamos un ano mais as Xornadas Lúdicas de Nadal.

Participa nas nosas actividades!

27 de novembro de 2025

Xente na túa vida

Non todos os que queres na túa vida te queren na súa. Así que non te canses tratando de agradar ou facerlles favores cando realmente non lles importaría se estás alí ou non. 

Concentra a túa enerxía. sobre aqueles que realmente valoran a túa presenza e te aprecian por quen eres. 

A vida é demasiado curta para investir tempo e esforzo en persoas que non te corresponden. 

Robert De Niro

26 de novembro de 2025

O Couto mixto

Para boa parte da poboación o termo Couto Mixto non dí nada. De feito se comentas que entre España e Portugal houbo un territorio en parte similar a Andorra, quedan sorprendidos.

O realmente sorprendente é que este territorio despareceu hai menos de 200 anos.

O Couto Mixto (portugués: Couto Misto) estaba constituído polas aldeas de Santiago, onde se estableceu a capital, Rubiás e Meaus (hoxe As Maus). Ocupaba unha superficie de 26,9 km² e segundo estimacións do seu penúltimo xuíz, Delfín Modesto Brandón, tiña unha poboación de non máis de 1000 habitantes entre os anos 1862 e 1864.

Debeu orixinarse na Baixa Idade Media e entre os dereitos e privilexios do Couto Mixto atopábanse os de asilo ós fuxidos da xustiza portuguesa ou española, non dar soldados nin a un reino nin ó outro, exención de impostos, liberdade de comercio, liberdade de cultivos, liberdade de elixir a nacionalidade española ou portuguesa para os seus habitantes...

Esta situación, moi antiga, foi cualificada de anómala e, tanto España como Portugal, determinaron unanimemente que non se podía manter, por ser particularmente propicia ó contrabando e por acolleren tamén neses terreos bandos de malfeitores. Coa firma e entrada en vigor do Tratado de Lisboa, no 1868, os seus dominios quedaron baixo a soberanía de España. En contrapartida, pasaron á soberanía de Portugal as chamadas aldeas promiscuas (Soutelinho da Raia, Cambedo e Lamadarcos). O territorio do Couto Mixto aínda incluía unha pequena tira deshabitada, dedicada a pastos, que quedou integrada no municipio portugués de Montalegre.

Sabías da súa existencia?

25 de novembro de 2025

Torneo de Nadal de xadrez

O Torneo de Nadal chega a súa 14ª edición e será o día 13 de decembro.

Esta semana publicaremos as bases e formulario de inscrición.

24 de novembro de 2025

22 de novembro de 2025

Cousas

Benaventurados os nosos imitadores porque de eles serán os nosos defectos. 

Jacinto Benavente


21 de novembro de 2025

NO BOSQUE DE VILLEFERE

NO BOSQUE DE VILLEFERE

Robert E. Howard


O SOL OCULTÁBASE. As inmensas sombras estendíanse rapidamente polo bosque. Naquel estraño crepúsculo dun día de fins de verán vía ante min o sinuoso carreiro que desaparecía entre as inxentes árbores. Tremía e miraba ocasionalmente por encima do ombreiro con certo temor. Millas ás miñas costas achábase o pobo máis próximo... millas á fronte achábase o seguinte.

Miraba a dereita e esquerda mentres continuaba a marcha e, de cando en vez, lanzaba unha ollada cara atrás. Tamén de cando en vez detíñame bruscamente, empuñando o estoque, ao ouvir a rotura dos ramajes que desvelaba a presenza dalgún animal. Un animal?

Con todo, o carreiro continuaba, e eu seguíao, pois, de todos os xeitos, non podía facer nada mellor.

20 de novembro de 2025

Vocabulario médico galego

aerosialofaxia 


s.f. Costume de deglutir constantemente aire e saliva. Tamén se di sialoaerofaxia. 

19 de novembro de 2025

Baio, Baiona, Baión...

Retomando temas de toponimia, e recurrindo aos estudos de Fernando Cabeza, o noso autor de referencia para estes temas, imos cos topónimos indicados.
Parece que podería ter a base nunha raíz común que indique varios curos de auga ou dos ríos, isto tamén pasaría na Bayonne Francesa.
É interesante que a palabra baía, badía (castelán bahía) parece venir do francés baie, palabra de orixe incerto.

18 de novembro de 2025

Martes de Xadrez

Este martes temos como sempre actividade de xadrez nos Rosales.

Realizaremos un torneo amigable lembando que o día 19 foi para algúns pais o día do xadrez por copincidir co nacemento de Capablanca.

Lembra; de 19,00 a 20,30.

14 de novembro de 2025

Romanones

Cambó fixo unha boa descrición de Romanones: «Tiña máis coraxe da que se lle daba crédito. Non obstante, perdeuna por completo cando o cualificaron de reaccionario. Entón non puido resistir. Para evitar esa acusación, volveuse covarde e cometeu todo tipo de capitulacións».

13 de novembro de 2025

Librote de min

"Líbrote de min, dos meus problemas, do meu mal xenio, das tardes de domingo cando non podo máis, de odiar aos meus aniversarios, de non saber darche algo que non perderás. Líbrote da miña desilusión, do teu karma, das miñas novidades, da contradición que represento. Líbrote das miñas chamadas que saben a autocompaixón, dos meus enredos, do meu cabelo solto, longo e despeiteado. Líbrote da miña conciencia, do desconcerto de fin de mes, do outono, da chegada, da miña inevitable fuxida. Líbrote para que me poidas deixar, para que me poidas ver de lonxe e amarme, menos..."

Mario Benedetti - Líbrote de min mesmo

12 de novembro de 2025

Topónimo Armada

Como Armada coñécense moitos lugares de Galicia. Non é na maioría dos casos, que teñan relación cos barcos e a mar. 

Estaríamos mais preto dunha cousa ben armada, en canto ben construida ou ben armada en canto defensas. Así é habitual que coincida o topónimo con zonas próximas a defensas de castros, onde estarían os muros e foxos.

11 de novembro de 2025

11 de novembro

Día de san Martiño, proba o teu viño.

San Martiño de Tours, patrono de Ourense; festividade que a tradición marca para a matanza do porco e o Magosto.

1918: Alemaña réndese aos aliados. A Primeira Guerra Mundial causou 8 millóns de mortes.


10 de novembro de 2025

8 de novembro de 2025

7 de novembro de 2025

Chomsky

Fundamentalmente, trátase de acordos sobre os dereitos dos investidores. Un elemento crucial de ambos son os "dereitos de propiedade intelectual", que é unha forma divertida de dicir que as multinacionais, como as empresas farmacéuticas, terán un poder case monopolístico sobre a tecnoloxía futura. Isto agora inclúe tanto o produto como os procesos de produción. Estes acordos aumentan o poder das multinacionais ao protexer institucións enormes e esencialmente totalitarias da disciplina de mercado, así como da presión e a supervisión populares. Este proceso está liderado por unha rede de institucións semigobernamentais como as organizacións mundiais do comercio, o Banco Mundial, etc.

NC: Non creo que existan principios xerais absolutos. Hai que entender algunhas cousas e despois aplicalas a casos específicos. Hai que ir caso por caso. Estou de acordo con Bill Clinton en que non se deberían enviar tropas estadounidenses a Haití, pero non polas súas razóns.

6 de novembro de 2025

Torneos de Outono

Lembramos que esta fin de semana celébranse os diferentes Torneos de Outono no Centro Comercial Los Rosales, onde o xadrez universitario programa unha das súas probas mais antigas. 

5 de novembro de 2025

Represión no 1936

Tras o golpe de estado do 1936 foron detidas en Cariño once persoas. Conducidas a Ferrol son fusiladas o 6 de setembro de 1936, sobre os muros do cemiterio de Canido. Son Manuel Francisco Pita Armada-coñecido como Pancho de Pita, corresponsal de La Voz de Ortigueira, que sustituira ó seu irmao no concello a primeiros de xullo. Autocalificábase como agrario socialista-, Luis Pita Armada -tenente de alcalde da Corporación Municipal de Ortigueira, que renuncia antes do 18 de xullo. Chófer-, Antonio Pita Armada -toneleiro, irmao dos anteriores-, José Antonio Timiraos -vocal do Sindicato da Industria Pesqueira, mariñeiro-, Jesús Díaz Pérez, mariñeiro-, José Casal Casas -mariño mercante-, Modesto Senra Martínez, Francisco Anido Pérez, Francisco Novo Lozano, Avelino Pérez Breijo e Jesús Quiza Picos.

4 de novembro de 2025

Hoxe temos martes de xadrez

Lembra que hoxe temos Martes de Xadrez de 19,00 a 20,30.

Na semana do aniversario do Centro Comercial Los Rosales, o venres e sábado o CIDU organiza os Torneos de Outono.

Información na súa web.

1 de novembro de 2025

Cousas

Algúns estudantes teñen vergoña de ir ao hipódromo e ver que ata os cabalos conseguen rematar as súas carreiras.