28 de febreiro de 2025

Sábado de adestramento en xadrez

O Sábado 1 
de 16,00 a 20,00 temos un sábado especial de adestramento.
Está pensado para preparar os torneos de Xogade cos xogadores que compitan con CIDU ou Xadrez das Mariñas, pero pode sumarse xogadores doutras categorías dos clubs indicados ademais de Casino, Sigrás e Betanzos.
A actividade terá en principio o seguinte desenvolvemento:
16,00: Inicio e explicación da competición xogade e de normas de torneos de equipos.
16,30: 1ª e 2ª roldas de torneo de adestramento a 10 minutos finish.
17,00: Algunhas nocións de aperturas.
17,30: 3ª e 4ª roldas de torneo de adestramento a 10 minutos finish.
18,00: Algunhas nocións de tácticas e medio xogo.
18,30: 5ª e 6ª roldas de torneo de adestramento a 10 minutos finish.
19,00: Algunhas nocións de finais.
19,30: Concurso de problemas.

Lembra que nos días seguintes teremos o Torneo de Entroido e outro adestramento especial.

Luns 3: 
TORNEO DE ENTROIDO
Horario: 16,00 a 18,30 aproximadamente.
Centro Comercial Los Rosales. Sala de Xadrez da primeira planta.
Ritmo: 5' + 3'' / 10' finish
Categorías: Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.
Suízo a 5 roldas. 
Cota: 5 euros
Premios: Trofeo para os tres primeiros clasificados de cada categoría.
Medalla para todos os participantes.
O luns será o día grande do entroido no Centro Comercial Los Rosales... Así que aconsellamos ir disfrazados e participar nas actividades!


Mércores 5:
TARDE DE ADESTRAMENTO
Horario: 17,00 a 20,00.
Centro Comercial Los Rosales. Sala de Xadrez da primeira planta.
Cota: de balde

Os participantes nestas actividades consienten a publicación de datos e fotos para publicitar os resultados e as actividades do xadrez.

27 de febreiro de 2025

Aforismos de Leonardo

625.- O falcón e o parrulo.- O falcón, non podendo soportar con paciencia que o parrulo fuxise del, escondéndose baixa a auga, quixo, imitándoo, perseguilo tamén baixa a auga; pero humedecidas as súas plumas, non puido remontar o voo e pereceu afogado, mentres o parrulo, remontándose no aire, burlábase del. 

26 de febreiro de 2025

26 de febreiro

1961 O príncipe herdeiro Muley Hassan é nomeado rei de Marrocos ao finar o seu pai, Mohamed V, toma o nome de Hassan II.

1976: España abandona a súa sorte o Sáhara.


25 de febreiro de 2025

Xadrez no Entroido

Martes 25 
19,00: Nos martes de Xadrez remata o Torneo Imbolc.

Sábado 1
16,00 a 20,00: Sábado de adestramento.
Para preparar os torneos de Xogade os xogadores que compitan con CIDU ou Xadrez das Mariñas teñen a posibilidade de asistir a 4 horas nas que se darán unhas pequenas ideas en aperturas, medio xogo, finais e outros consellos para a participación nesta proba.

Luns 3
16,00: Torneo de Entroido coincidente coa festa de entroido no Centro Comercial Los Rosales. Tes a información máis abaixo neste espazo.

Mércores 5
17,00 a 20,00: Adestramento no Centro Comercial Los Rosales.
Para preparar os torneos de Xogade de marzo e para os xogadores que compitan con CIDU ou Xadrez das Mariñas.
Serán 3 horas nas que se farán explicacións diversas.

24 de febreiro de 2025

24 de febreiro

1525: O militar galego Alonso Pita da Veiga fai prisioneiro en Pavía ao rei Francisco I de Francia.


22 de febreiro de 2025

21 de febreiro de 2025

Torneo de Xadrez de Entroido

Como nos últimos anos realizaremos un torneo de xadrez no entroido, no Centro Comercial Los Rosales. 

Luns 3: 
TORNEO DE ENTROIDO
Horario: 16,00 a 18,30 aproximadamente.
Centro Comercial Los Rosales. Sala de Xadrez da primeira planta.
Ritmo: 5' + 3'' / 10' finish
Categorías: Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.
Suízo a 5 roldas. 
Cota: 5 euros
Premios: Trofeo para os tres primeiros clasificados de cada categoría.
Medalla para todos os participantes.
O luns será o día grande do entroido no Centro Comercial Los Rosales... Así que aconsellamos ir disfrazados e participar nas actividades!

Mércores 5:
TARDE DE XOGOS
Horario: 17,00 a 20,00.
Centro Comercial Los Rosales. Sala de Xadrez da primeira planta.
Cota: de balde

Os participantes nestas actividades consienten a publicación de datos e fotos para publicitar os resultados e as actividades do xadrez.


20 de febreiro de 2025

Aforismos de Leonardo

624.- A ostra, o rato e o gato.- A ostra que, xunto cuns peixes, fora descargada preto da casa do pescador, próxima ao mar, pediu ao rato que a conducise ao mar. O rato, coa intención de comela, fai que se abra e mórdea. Pero ela apértaa a cabeza e manteno inmóbil: o gato sobrevén e mátao. 

19 de febreiro de 2025

19 de febreiro

1978: O Pazo de Meirás, residencia de verán da familia do ditador Francisco Franco, sufre graves danos por un incendio.

18 de febreiro de 2025

Adianto actividades xadrez

Resumo das actividades do primeiro semestre que agardamos sexan apoiadas pola Deputación da Coruña na axuda de 2025, solicitada recentemente e que terán lugar no Centro Comercial Los Rosales.

Torneo Imbolc. Martes de Xadrez con Torneo de Lentas.
Últimas roldas: 18 e 25 de febreiro.

Torneo de Entroido.
Luns 3 de marzo

Xornada Adestramento de entroido.
Mércores 5 de marzo

Sábado de práctica.
Sábado 8 de marzo.

Martes de Xadrez con Torneo Lóstrego.
Martes 11 de marzo

Semana Santa con Xadrez.
Luns 14, Martes 15 e Mércores 16.

Torneo Beltaine. Martes de Xadrez con Torneo de Lentas.
18 e 25 de marzo, 1, 8, 22 e 29 de abril

Sábado de práctica.
Sábado 22 de marzo.

Sábado de práctica.
Sábado 5 de abril.

Martes de Xadrez con Torneos Lóstregos.
Martes 6 e 13 de maio

Martes de Xadrez con Torneo XXXVI Aniversario.
Martes 11 de marzo

Martes de Xadrez con Torneo Lóstrego.
Martes 27 de maio. Final  do curso 2024-2025

Torneo de Primavera.
Sábado 7 de xuño.

Semana de Xadrez nas Fogueiras.
De mércores 25 a sábado 28.

17 de febreiro de 2025

A Coruña en sepia

Da foto da semana pasada temos aquí a ampliación dunha zona e pasada por un editor para darlle cor.

Recoñeces os edificios do fondo?

15 de febreiro de 2025

15 de febreiro

1898: O navío USS Maine explosiona no porto da Habana, por razóns descoñecidas (hoxe crese que foi un fallo interno). Os Estados Unidos utilizan a explosión como un pretexto para comezar unha guerra con España. O saldo desta guerra foi a derrota española e a perda de Cuba, Puerto Rico, Guam e Filipinas.


13 de febreiro de 2025

Aforismos de Leonardo

623.- A mesma araña, achando un acio de uvas, que por ser moi doce eran visitadas por moitas abellas e diversas clases de moscas, creu ser este un sitio moi á mantenta para as súas emboscadas. Baixou, pois, ao longo do seu fío sutil, até o seu novo posto; e alí, por entre os intersticios dos grans dos acios, asaltaba como un ladrón aos pobres animais, que non sospeitaban a súa presenza. Pero pasados poucos días, os vendimiadores arrincaron o acio e, xunto con outros e coa mesma araña, o majaron. E así o acio foi lazo e engano da engañadora araña, como das enganadas moscas. 

12 de febreiro de 2025

12 de febreiro

1619: Os irmáns navegantes pontevedreses Nodal descubren unhas illas ás que lle dan o nome do cosmógrafo da expedición: Diego Ramírez.


11 de febreiro de 2025

10 de febreiro de 2025

A Coruña en Sepia

A foto corresponde á descarga dun trolebus.

Sabes como eran estes aparellos?

Tes visto algún?

8 de febreiro de 2025

Inicio de A Cadea Quebrada

Marion Zimmer Bradley
A CADEA QUEBRADA

A noite caeu sobre as Cidades Secas, vacilando, coma se nese momento non o fixese o gran sol vermello
gustaríame poñer. Liriel e Kyrrdis, pálidos á luz do día, colgaban baixo muros de Shainsa.
Detrás das portas, na contorna do gran mercado varrido polos ventos, un grupo de viaxeiros instalaban o campamento, desmontando os seus cabalos e descargando os seus animais de transporte.
Só eran sete ou oito, todos vestidos coas capas encapuchadas e pesadas túnicas e  cabalgando dende o país montañoso, a afastada terra dos Sete Dominios. Facía calor dentro das terras desérticas de Shainsa a esa hora, cando o sol aínda tiña algo de forza, pero os viaxeiros non quitaran as súas capas encapuchadas; e aínda que todos estaban armados con coitelo e puñal, ningún levaba unha espada.
Iso foi suficiente para os vagabundos da Cidade Seca, que se reuniron para ver aos estraños instalaron o campamento, decatáronse de quen eran. Cando un dos encapuchados, lastrado polo peso das súas alforxas cargadas, quitouse a capucha e a capa, revelando unha cabeza pequena e ben formada, co pelo escuro cortado tan curto coma calquera home, nin sequera ningunha muller dos Dominios ou das Cidades Secas se atrevería a tomar, os curiosos comezaron a reunirse. Adoita pasar tan pouco nas rúas da Cidade Seca, iso os espectadores comportáronse coma se a chegada dos descoñecidos fose un espectáculo gratuíto.
preparados para o seu entretemento, e todos se sentiron con dereito a comentar a actuación.
...

7 de febreiro de 2025

Liga Galega

O pasado sábado o equipo do Sporting Club Casino iniciaba a nova Liga Galega de Xadrez.

Conseguimos un punto e este sábado na Zapateira recibiremos ao Mirko.

Sorte para todos.

E se queres xogar connosco contacta e vemos opcións. Sempre estamos necesitados de xente.

6 de febreiro de 2025

Aforismos de Leonardo

622.- A araña e o acio de uvas.- Unha araña metida entre as uvas, collía as moscas que desas uvas alimentábanse: veu a vendima e foi machucada xunto coas uvas. 

4 de febreiro de 2025

Martes de Xadrez

O pasado sábado comezaban a Liga Galega de Xadrez e a Liga AGAX sub12 que se xogou no Centro Comercial Los Rosales.

Para adestrar para estas probas mantemos o Torneo de Imbolc. Hoxe chegamos á terceira rolda.

Unha partida lenta e con anotación.

1 de febreiro de 2025

1 de febreiro

1609: Ana Rodríguez é condenada pola Inquisición en Santiago a cen azotes por meiga.